Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 1997 Páx. 2.330

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 20 de febreiro de 1997 pola que se publican as bases que rexen a convocatoria conxunta de concurso ordinario de méritos para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

De acordo co previsto nos artigos 99 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, 13 e 19 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, de provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional (BOE do 9 de agosto), e de conformidade co establecido na Orde do 8 de setembro de 1994, do Ministerio para as Administracións Públicas, pola que se aproba o modelo de convocatoria conxunta e bases comúns polas que se rexerán os concursos ordinarios para a provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional (BOE nº 216, do 9 de setembro), na Orde do 10 de agosto de 1994, pola que se dictan normas sobre concursos de provisión de postos reservados a estes funcionarios (BOE nº 192, do 12 de agosto), e demais normativa concordante, esta consellería,

DISPÓN:

Publica-las bases comúns e as específicas do concurso ordinario de méritos para a provisión de postos de traballo vacantes de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

BASES COMÚNS

Primeira.-Postos.

Ofrécense neste concurso os postos vacantes reservados a habilitados nacionais daquelas corporacións que aprobaron as bases específicas e os seus presidentes efectuaron a correspondente convocatoria do concurso ordinario.

Segunda.-Participación.

1. Os funcionarios con habilitación de carácter nacional, así como os funcionarios integrados nas actuais subescalas, pertencentes ós extinguidos corpos nacionais de secretarios, interventores e depositarios de Administración local, a que se refire a disposición transitoria primeira, 1 do Real decreto 1174/1987, do 18 de setembro, poderán concursar ós postos que se ofrecen nos termos seguintes:

-Os secretarios de 1ª, a postos reservados á subescala de secretaría, categoría superior.

-Os secretarios de 2ª, a postos reservados á subescala de secretaría, categoría de entrada.

-Os secretarios de 3ª, a postos reservados á subescala secretaría-intervención.

-Os secretarios de concellos «a extinguir», a secretarías de concellos con poboación que non exceda de 2.000 habitantes.

-Os interventores, a postos reservados á subescala de intervención-tesourería, categoría superior, pero unicamente a postos de intervención.

-E os depositarios, a postos reservados á subescala de intervención-tesourería, pero unicamente a postos de tesourería.

2. Os funcionarios con nomeamento provisional e os que se atopen en expectativa de nomeamento están obrigados a concursar á totalidade dos postos ofertados na súa subescala e categoría. Tamén o están os que se atopen en calquera das circunstancias a que se refire o artigo 53.2º do Real decreto 1174/1987, do 18 de setembro, os que cesaran na situación de servicios especiais e non tiveran reserva de praza, e os que promocionaran á categoría superior nos termos do artigo 24.2 do mesmo real decreto.

3. Non poderán concursar:

a) Os funcionarios inhabilitados e os suspensos en virtude de sentencia ou resolución administrativa firmes, se non trascorre o tempo sinalado nelas.

b) Os funcionarios destituídos a que se refire o artigo 148.5 do texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado polo Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, durante o período a que se estenda a destitución.

c) Os funcionarios na situación de excedencia voluntaria a que se refire o artigo 29.3, c) e d), da Lei de medidas para a reforma da función pública, senón transcorre o prazo de dous anos desde o paso a elas.

d) Os funcionarios que non leven dous anos no último destino obtido con carácter definitivo en calquera administración pública, salvo que concursen a postos reservados á súa subescala e categoría na mesma corporación ou se atopen nos supostos do artigo 20.1 f) da Lei de medidas para a reforma da función pública.

Terceira.-Documentación e prazo para participar.

1. No prazo de quince días naturais a partir da publicación conxunta deste concurso no Boletín Oficial del Estado, os funcionarios con habilitación de carácter nacional que desexen tomar parte nel dirixirán á corporación do posto ó que concursen a seguinte documentación:

-Solicitudes de participación comprensiva de declaración xurada de non estar incurso nalgunha das circunstancias a que se refire o artigo 18.3º do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e,

-Documentación acreditativa do coñecemento da lingua e dos méritos de determinación autonómica de acordo co que establece a base IV da presente resolución, así como dos específicos de cada posto nos termos que se indican no apartado B).

2. Os concursantes a dous ou máis postos presentarán a solicitude (e documentación acreditativa do coñecemento da lingua e méritos de determinación autonómica) en tódalas corporacións nas que solicitan postos. Así mesmo, os concursantes a dous ou máis postos presentarán en idéntico prazo de quince días naturais a orde de prelación de adxudicacións ante a Subdirección Xeral da Función Pública Local (rexistro de entrada de documentos do Ministerio para as Administracións Públicas, rúa Alcalá Galiano, 8; 28071- Madrid). A orde de prelación será única e comprensiva da totalidade de postos solicitados, e única, así mesma, se se concursa a una ou varias subescalas e categorías. A formulación da orde de prelación, sendo o seu único obxecto evita-la adxudicación simultánea de varios postos a un mesmo concursante, non substituirá a solicitude de participación dirixida a cada corporación local.

No suposto de solicitaren postos en corporacións locais do País Vasco, os concursantes remitirán á deputación foral, respectiva una copia da folla de prelación.

3. A solicitude de participación e a folla de prelación de adxudicacións presentaranse conforme os modelos que se xuntan nos anexos II e III.

4. Os requisitos esixidos así como os méritos deberán reunirse na data da presente resolución.

Cuarta.-Coñecemento de linguas e méritos de determinación autonómica.

Quinta.-Méritos específicos:

Os méritos específicos para cada posto de traballo son os que se detallan no anexo I.

Sexta.-Valoración de méritos:

1. O tribunal de valoración comprobará a concorrencia nos concursantes dos requisitos que figuren na convocatoria e excluirá os que non os reúnan. A continuación puntuará, respecto dos non excluídos, os méritos do seguinte modo:

-Méritos xerais, ata un máximo de 19,50 puntos, segundo a relación individualizada de méritos xerais dos habilitados nacionais aprobada na data da presente resolución, sen que sexa posible a acreditación adicional ningunha por parte dos concursantes nin valoración distinta por parte do tribunal.

-Méritos específicos, ata un total de 7,50 puntos, e méritos de determinación autonómica ata un total de 3 puntos, con base na documentación acreditativa achegada polos concursantes.

2. O tribunal poderá celebrar, se o prevé a convocatoria específica respectiva, entrevista co concursante ou concursantes se o considera conveniente, para a concreción dos méritos específicos ou de determinación autonómica. A data e hora de celebración da entrevista seralles notificada ós afectados polo tribunal, cando menos, con seis días con antelación á súa celebración.

3. No caso de empate na puntuación final de méritos de dous ou máis concursantes, o tribunal daralle prioridade na proposta de adxudicación a aquel que

obtivera maior puntuación en méritos específicos. De manterse o empate, a favor de quen en méritos de determinación autonómica teña a puntuación máis alta. De persitir este, a favor de quen en méritos xerais teña maior puntuación nas alíneas, a), b), c), d) e e), pola dita orde, do artigo 15.1 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo. En última instancia o empate resolverase de acordo coa orde de prelación do proceso selectivo.

Sétima.-Proposta de resolución.

Efectuadas polo tribunal a exclusión, puntuación final e ordenación de concursantes, elevaralle ó Pleno da corporación proposta de resolución comprensiva de tódolos non excluídos e as súas puntuacións ordenadas de maior a menor. Así mesmo, elevará relación fundada de excluídos.

Oitava.-Resolución.

1. A corporación resolverá o concurso de acordo coa proposta formulada polo tribunal de valoración.

2. A dita resolución será motivada con referencia ó cumprimento das normas regulamentarias e das bases da convocatoria. En todo caso quedarán acreditadas, como fundamento da resolución adoptada, a observancia do procedemento debido e a valoración final dos méritos dos candidatos e comprenderá por orde de puntuación, a totalidade dos concursantes non excluídos.

3. A resolución do concurso seralle remitida á Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio para as Administracións Públicas dentro dos trinta días naturais seguintes ó da data de remate do prazo de presentación de solicitudes.

4. As corporacións locais do País Vasco, en lugar de resolución do concurso, formularán propostas de nomeamento e remitiranas á respectiva institución foral dentro dos trinta días naturais seguintes á data de remate do prazo de presentación de instancias.

5. As institucións forais do País Vasco procederán á resolución do concurso e á súa remisión ó órgano competente da comunidade autónoma, que a enviará á Dirección Xeral da Función Pública.

Novena.-Coordinación de nomeamentos.

1. A Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio para as Administracións Públicas, transcorrido o prazo a que se refire a base anterior, procederá a efectua-la coordinación de resolucións coincidentes a favor dun mesmo concursante, coa adxudicación final de postos, atendendo á orde formulada polos interesados na folla de prelación e a puntuación obtida en cada un dos postos afectados.

2. Respecto dos postos do País Vasco, o órgano competente da Comunidade Autónoma e a Dirección Xeral da Función Pública efectuarán a coordinación precisa para evita-los nomeamentos múltiples dos postos adxudicados simultaneamente a un mesmo concursante no País Vasco e noutras comunidades autónomas.

Décima.-Formalización de nomeamentos.

De acordo co resultado da coordinación nos casos de adxudicacións múltiples e das resolucións das corporacións nos restantes, a Dirección Xeral da Función Pública do Ministerio para as Administracións Públicas procederá a formaliza-los nomeamentos, o seu envío ás comunidades autónomas e á súa publicación no prazo dun mes, no Boletín Oficial del Estado.

Undécima.-Prazo para tomar posesión.

1. O prazo para tomar posesión dos destinos obtidos no concurso será de tres días hábiles se se trata de postos de traballo da mesma localidade e dun mes se se trata do primeiro destino ou de postos de traballo en distinta localidade.

2. O dito prazo empezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes á publicación de resolución de nomeamentos no Boletín Oficial del Estado. Se o destino obtido comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión computarase desde a dita publicación.

3. Se no momento da publicación do nomeamento no se producira a xubilación á que se refire o artigo 11 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, o prazo de cesamento no posto de orixe diferirase ó momento no que esta teña lugar.

4. O cómputo de prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se ó caso, lles foran concedidos ós interesados.

5. Por necesidades do servicio, mediante acordo dos presidentes das corporacións nas que teña que cesar e tomar posesión o concursante, diferirase o cesamento e a toma de posesión ata un máximo de tres meses, debendo o segundo deles dar conta deste acordo á Dirección Xeral da Función Pública.

Décimo segunda.-Irrenunciabilidade e voluntariedade dos destinos.

Os destinos adxudicados serán irrenunciables e terán carácter voluntario, e non xerarán en consecuencia, dereito ó aboamento de indemnización por traslado.

Décimo terceira.-Cesamento e toma de posesión.

1. A toma de posesión determina a adquisición dos dereitos e deberes funcionariais inherentes ó posto, pasando a depende-lo funcionario da correspondente corporación.

2. As dilixencias de cesamento e toma de posesión dos concursantes serán comunicadas á Dirección Xeral da Función Pública e á comunidade autónoma respectiva, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se produzan.

Décimo cuarta.-Recursos.

Os actos administrativos dos tribunais de valoración impugnaranse conforme o previsto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime

xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

De acordo co establecido no artigo 114 e na disposición adicional novena da citada lei, os actos do Pleno da corporación, e os do director xeral da Función Pública, na súa actividade de coordinación, poñen fin á vía administrativa.

ANEXO I

BASES ESPECÍFICAS POLAS QUE SE REXERÁN OS CONCURSOS PARA A PROVISIÓN DE POSTOS DE TRABALLO RESERVADOS A FUNCIONARIOS DA ADMINISTRACIÓN LOCAL CON HABILITACIÓN DE CARÁCTER NACIONAL.

Secretarías de 1ª vacante

Comunidade Autónoma de Galicia

Concello de Olerios (A Coruna).

Entidade: Oleiros.

Posto: secretaría.

Clase: 1ª.

Subescala: secretaría.

Categoría: superios.

Nivel de complemento de destino: 26.

Complemento específico: 1.102.470.

¿Cuberta por titular que deba xubilarse dentro dos seis meses posteriores á convocatoria? non.

Baremo

Méritos específicos.

-Curso de lingua galega acreditado mediante certificado da Dirección Xeral de Política Lingüística: nivel de perfeccionamento: 0,5 puntos.

-Curso de especialización de linguaxe administrativa galega para Administración local, expedido pola Dirección Xeral de Política Lingüística:

* Nivel inicial ou básico: 0,5 puntos.

* Nivel medio: 1 punto.

* Nivel superior ou especialización: 1,5 puntos.

Só se puntuará o de nivel superior acreditado.

Cursos.

-Diploma de técnico urbanista expedido polo INAP: 1,5 puntos.

-Curso de dirección e xerencia pública na Administración local expedido polo INAP (227 horas lectivas aproximadamente): 1,5 puntos.

Acreditar un mínimo de 3 anos prestados como secretario na mesma categoría e subescala que a praza convocada en municipios con orzamento e cadro de persoal segundo a escala seguinte:

-Máis de 1.800 millóns de pesetas e máis de 200 traballadores: 2,5 puntos.

-Máis de 1.500 millóns de pesetas e máis de 150 traballadores: 2 puntos.

-Máis de 1.000 millóns de pesetas e máis de 100 traballadores: 1 punto.

Para efectos da puntuación do apartado anterior é imprescindible cumprir, simultaneamente, os requisitos que se sinalan na escala antedita. Os puntos de cada tramo da escala non son acumulables, e a puntuación será a do tramo na que se cumpran os dous requisitos de orzamento e cadro de persoal municipal.

Valoración de méritos.

Para efectos de valoración dos méritos específicos, fanse constar que respecto ós cursos e títulacións soamente se valorarán os impartidos polos organismos que se citan, debéndose acreditar mediante os títulos específicos que se presentarán ben en orixinal ou ben en fotocopia cotexada.

Respecto á experiencia profesional en municipios de similares características, deberán de acreditarse mediante certificación de servicios prestados e certificado no que conste o importe do orzamento e cadro de persoal; dato referido ós anos en que se prestaron os servicios no municipio en cuestión.

Entrevista.

Os tribunais de valoración poderán acorda-la celebración de entrevista para os efectos de concreción dos méritos específicos nos supostos individualizados no que se considere necesario. En tales casos, notificárselles ós concursantes afectados a data, hora e lugar da súa celebración.

Ós aspirantes afectados que deban trasladarse desde fóra da provincia da Coruña aboaránselle-los gastos de desprazamento que isto lles supoña.

Puntuación mínima.

Quedan excluídos os candidatos que non teñan un mínimo de 7,5 puntos na puntuación total.

Concello de Sanxenxo (Pontevedra).

Entidade: Sanxenxo.

Posto: secretaría.

Clase: 1ª.

Subescala: secretaría.

Categoría: superior.

Nivel de complemento de destino: 30.

Complemento específico: 3.029.859.

¿Cuberta por titular que deba xubilarse dentro dos seis meses posteriores á convocatoria?.

Baremo.

Méritos específicos.

a) Estáblecese como obrigatorio o requisito do coñecemento da lingua galega acreditando estar en posesión dos títulos de iniciación e perfeccionamento do galego expedido pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia ou centro oficial autorizada para impartilos.

b) En atención á característica do municipio turístico-costeiro con incremento de poboación estacional valorarase a prestación de servicios como secretario xeral de concello que, sendo da mesma subes

cala, teña unha poboación superior ós 25.000 habitantes e cumpra a característica costeira.

Para a valoración deste apartado será imprescindible que os servicios se prestaran durante un período mínimo de 3 anos ininterrompidos.

Valoración do mérito: 3 puntos.

Este mérito acreditarase mediante certificado expedido pola entidade na que foron prestados os ditos servicios.

c) Pola realización do curso de perfeccionamento para funcionarios con habilitación de carácter nacional, duración mínima 100 horas: 1,75 puntos.

d) Pola realización do curso sobre dereito público galego para persoal da administración local, duración mínima 67 horas: 1,50 puntos.

e) Pola realización do curso sobre texto refundido da lei de solo e ordenación urbana, duración mínima de 60 horas: 0,75 puntos.

f) Pola realización do curso sobre xestión da contratación administrativa local, duración mínima de 40 horas: 0,25 puntos.

g) Pola realización do curso sobre procedemento administrativo, duración mínima 30 horas: 0,25 puntos.

Os méritos correspondentes ás alíneas c), d), e), f) e g) acreditaranse mediante copias compulsadas dos correspondentes títulos ou certificados de asistencia e/ou aproveitamento.

Intervencións de 1ª vacantes

Comunidade Autónoma de Galicia

Concello de Oleiros (A Coruña).

Entidade: Oleiros.

Posto: intervención.

Clase: 1ª.

Subescala: intervención-tesourería.

Categoría: superior.

Nivel de complemento de destino: 26

Complemento específico: 1.102.470.

¿Cuberta por titular que deba xubilarse dentro dos seis meses posteriores á convocatoria?

Baremo

Méritos específicos

-Curso de lingua galega acreditado mediante certificado da Dirección Xeral de Política Lingüística: nivel de perfeccionamento: 0,5 puntos.

- Curso de especialización de linguaxe administrativa galega para Administración local, expedido pola dirección xeral de Política Lingüística:

* Nivel inicial ou básico: 0,5 puntos.

* Nivel medio: 1 punto.

* Nivel superior ou especialización: 1,5 puntos.

Só se puntuará o de nivel superior acreditado.

Cursos.

- Diploma de técnico urbanista expedido polo INAP: 1,5 puntos.

-Curso de dirección e xerencia pública na Administración local expedido polo INAP (227 horas lectivas aproximadamente): 1 punto.

-Curso de xestión económico-financeira, expedido polo INAP (150 horas): 1 punto.

Acreditar un mínimo de 3 anos prestados como interventor na mesma categoría e subescala que a praza convocada en municipios con orzamento e cadro de persoal segundo a escala seguinte:

-Máis de 1.800 millóns de pesetas e máis de 200 traballadores: 2,5 puntos.

-Máis de 1.500 millóns de pesetas e máis de 150 traballadores: 2 puntos.

-Máis de 1.000 millóns de pesetas e máis de 100 traballadores: 1 punto.

Para efectos da puntuación do apartado anterior é imprescindible cumprir, simultaneamente, os requisitos que se sinalan na escala antedita. Os puntos de cada tramo da escala non son acumulables e a puntuación será a do tramo no que se cumpran os dous requisitos de orzamento e cadro de persoal municipal.

Valoración de méritos.

Para efectos de valoración dos méritos específicos, fanse constar que respecto ós cursos e títulacións soamente se valorarán os impartidos polos organismos que se citan, debéndose acreditar mediante os títulos específicos que se presentarán ben en orixinal ou ben en fotocopia cotexada.

Respecto á experiencia profesional en municipios de similares características, deberán de acreditarse mediante certificación de servicios prestados e certificado no que conste o importe do orzamento e cadro de persoal; dato referido ós anos en que se prestaron os servicios no municipio en cuestión.

Entrevista.

Os tribunais de valoración poderán acorda-la celebración de entrevista para efectos de concreción dos méritos específicos nos supostos individualizados no que se consideren necesarios. En tales casos, notificaráselles ós concursantes afectados a data, hora e lugar da súa celebración.

Ós aspirantes afectados que deban trasladarse desde fora da provincia da Coruña aboaránselle-los gastos de desprazamento que isto lles supoña.

Puntuación mínima.

Quedan excluidos os candidatos que non teñan un mínimo de 7,5 puntos na puntuación total.

Concello do Porriño (Pontevedra).

Entidade: O Porriño.

Posto: intervención.

Clase: 1ª

Subescala: intervención-tesourería.

Categoría: superior.

Nivel de complemento de destino: 30.

Complemento específico: 3.077.088.

¿Cuberta por titular que deba xubilarse dentro dos seis meses posteriores á convocatoria? non.

Baremo.

Méritos específicos.

a) Cursos sobre materias económico-financeiras, informáticas ou contables das corporacións locais de máis de 100 horas lectivas impartidos polo INAP ou escolas de administración pública das CCAA computándose só un curso: 2 puntos.

b) Cursos sobre materias económico-financeiras, informáticas ou contables das corporacións locais de menos de 100 horas lectivas impartidos polo INAP ou escola de administración pública das CCAA, (0,25 por curso). Máximo que se computará: 1 punto.

c) Servicios efectivos en intervencións de 1ª clase nas corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia, por tempo superior a dous anos: 2 puntos.

d) Coñecemento da lingua propia desta Comunidade Autónoma:

1. Iniciación ó galego ou curso básico de linguaxe administrativa galega para o cadro de persoal das corporacións locais: 1 punto.

2. Perfeccionamento do galego ou curso medio de linguaxe administrativa galega para o cadro de persoal das corporacións locais: 1,5 puntos.

3. Cursos de especialización de linguaxe administrativa galega para o cadro de persoal das corporacións locais: 2,5 puntos.

No caso de acreditar varios cursos dos especificados nos 3 números desta alínea d), terase en conta só o de maior puntuación.

Só se concederá validez, polo o que á acreditación do coñecemento do galego se refire, ós cursos ou titulacións homologadas pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Forma de acredita-los méritos específicos.

Diplomas, certificados ou documentos equivalentes, en fotocopias cotexadas.

Puntuación mínima.

Non se esixe puntuación mínima para concursar ó posto.

Entrevista.

Non se ten previsto a realización de entrevista.

Tesourerías vacantes

Comunidade Autónoma de Galicia

Concello de Oleiros (A Coruña)

Entidade: Oleiros.

Posto: tesourería.

Clase: 1ª.

Subescala: intervención-tesourería.

Categoría: superior.

Nivel de complemento de destino: 26.

Complemento específico: 964.788.

¿Cuberta por titular que deba xubilarse dentro dos seis meses posteriores á convocatoria?

Baremo

Méritos específicos.

-Curso de lingua galega acreditado mediante certificado da Dirección Xeral de Política Lingüística: nivel de perfeccionamento: 0,5 puntos.

-Curso de especialización de linguaxe administrativa galega para Administración local, expedido pola Dirección Xeral de Política Lingüística:

* Nivel inicial ou básico: 0,5 puntos.

* Nivel medio: 1 punto.

* Nivel superior ou especialización: 1,5 puntos.

Só se puntuará o de nivel superior acreditado.

Cursos.

-Diploma de técnico urbanista expedido polo INAP: 1 punto.

-Curso de dirección e xerencia pública na Administración local expedido polo INAP (227 horas lectivas aproximadamente): 1 punto.

-Curso de xestión, tesourería e recadación expedido polo INAP (45 horas): 1 punto.

Acreditar un mínimo de 3 anos prestados como tesoureiro na mesma categoría e subescala que a praza convocada en municipios con orzamento e cadro de persoal segundo a escala seguinte:

-Máis de 1.800 millóns de pesetas e máis de 200 traballadores: 2,5 puntos.

-Máis de 1.500 millóns de pesetas e máis de 150 traballadores: 2 puntos.

-Máis de 1.000 millóns de pesetas e máis de 100 traballadores: 1 punto.

Para efectos da puntuación do apartado anterior é imprescindible cumprir, simultaneamente, os requisitos que se sinalan na escala antedita. Os puntos de cada tramo da escala non son acumulables, e a puntuación será a do tramo na que se cumpran os dous requisitos de orzamento e cadro de persoal municipal.

Valoración de méritos.

Para efectos de valoración dos méritos específicos, fanse constar que respecto ós cursos e títulacións soamente se valorarán os impartidos polos organismos que se citan, debéndose acreditar mediante os títulos específicos que se presentarán ben en orixinal ou ben en fotocopia cotexada.

Respecto á experiencia profesional en municipios de similares características, deberán acreditarse

mediante certificación de servicios prestados e certificado no que conste o importe do orzamento e cadro de persoal, dato referido ós anos en que se prestaron os servicios no municipio en cuestión.

Entrevista.

Os tribunais de valoración poderán acorda-la celebración de entrevista para efectos de concreción dos méritos específicos nos supostos individualizados nos que se consideren necesarios. En tales casos, notificaráselles ós concursantes afectados a data, hora e lugar da súa celebración.

Ós aspirantes afectados que deban trasladarse desde fóra da provincia da Coruña, aboaránselle-los gastos de desprazamento que isto lles supoña.

Puntuación mínima.

Quedan excluídos os candidatos que non teñan un mínimo de 7,5 puntos na puntuación total.

Concello de Bueu (Pontevedra).

Entidade: Bueu.

Posto: tesourería.

Clase: 2ª

Subescala: intevención-tesourería.

Categoría: entrada.

Nivel de complemento de destino: 27.

Complemento específico:

¿Cuberta por titular que deba xubilarse dentro dos seis meses posteriores á convocatoria? non.

Baremo

Puntuación mínima para adxudica-la praza: 5 puntos.

Coñecemento do idioma galego: 2 puntos.

O coñecemento do idioma galego requírese no grao de perfeccionamento.

Soamente será válido, segundo a súa acreditación, certificado expedido pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Por ter desempeñado postos de traballo reservados a funcionarios de habilitación nacional de clase segunda (categoría de entrada) na Comunidade Autónoma de Galicia durante un período mínimo de 2 anos: 1,5 puntos.

Para a acreditación de experiencia en postos de traballo reservados a funcionarios de habilitación nacional da clase 2ª no territorio da Comunidade Autónoma galega por un período mínimo de 24 meses: nomeamento do MAP ou Xunta de Galicia, e acta de posesión e cesamento en/nos concello/s correspondente/s, en calquera modalidade das preceptuadas legalmente seguintes: nomeamento definitivo, nomeamento provisional, comisión de servicios.

Pola acreditación da máxima puntuación (5 puntos) correspondente ós cursos de formación e perfeccionamento, artigo 1 alínea d) da orde do 10 de agosto de 1994, pola que se dictan normas sobre concursos de provisión de postos de traballo reser

vados a funcionarios de habilitación de carácter nacional, e artigo 15.1 (d) do RD 1732/1994, do 29 de xullo: 4 puntos.

Acreditación dos cursos de formación e perfeccionamento. De acordo coa última publicación no BOE da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do MAP dando publicidade á relación individualizada dos méritos xerais dos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Os documentos anteditos poderán presentarse en orixinal ou compulsas autenticadas polo secretario do Concello de Bueu ou notario público.

Entrevista.

O tribunal de valoración poderá acorda-la celebración de entrevista cos concursantes para acreditación persoal dos méritos sinalados na base relativa ó idioma galego.

Concello de Bueu (Pontevedra).

Entidade: Bueu.

Posto: adxunto á tesourería.

Clase: 3ª

Subescala: secretaría-intervención.

Nivel de complemento de destino: 25.

Complemento específico:

¿Cuberta por titular que deba xubilarse dentro dos seis meses posteriores á convocatoria? non.

Baremo

Puntuación mínima para adxudica-la praza: 5 puntos.

Coñecemento do idioma galego: 2 puntos.

O coñecemento do idioma galego requírese no grao de perfeccionamento.

Soamente será válido, segundo a súa acreditación, certificado expedido pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Por ter desempeñado postos de traballo reservados a funcionarios de habilitación nacional, de clase segunda (categoría de entrada) na Comunidade Autónoma de Galicia durante un período mínimo de 2 anos: 1,5 puntos.

Para a acreditación de experiencia en postos de traballo reservados a funcionarios de habilitación nacional da clase 2ª no territorio da Comunidade Autónoma galega por un período mínimo de 24 meses: nomeamento do MAP ou Xunta de Galicia e acta de posesión e cesamento en/nos concello/s correspondente/s, en calquera modalidade das preceptuadas legalmente seguintes: nomeamento definitivo, nomeamento provisional, comisión de servicios.

Pola acreditación da máxima puntuación (5 puntos) correspondente ós cursos de formación e perfeccionamento, artigo 1 alínea d) da orde do 10 de agosto de 1994, pola que se dictan normas sobre concursos de provisión de postos de traballo reser

vados a funcionarios de habilitación de carácter nacional, e artigo 15.1 (d) do RD 1732/1994, do 29 de xullo: 4 puntos.

Acreditación dos cursos de formación e perfeccionamento. De acordo coa última publicación no BOE da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do MAP dando publicidade á relación individualizada dos méritos xerais dos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Os documentos anteditos poderán presentarse en orixinal ou compulsas autenticadas polo secretario do Concello de Bueu ou notario público.

Entrevista.

O tribunal de valoración poderá acorda-la celebración de entrevista cos concursantes para acreditación persoal dos méritos sinalados na base relativa ó idioma galego.

Secretarías de 2ª vacantes

Comunidade Autónoma de Galicia

Concello de Cerceda (A Coruña).

Entidade: Cerceda.

Posto: secretaría.

Clase: 2ª.

Subescala: secretaría.

Categoría: entrada.

Nivel de complemento de destino: 22.

Complemento específico:

¿Cuberta por titular que deba xubilarse dentro dos seis meses posteriores á convocatoria? non.

Baremo.

Méritos específicos.

Coñecemento do idioma galego: ata un máximo de 1,5 puntos.

-Cursos de lingua galega para o persoal das corporacións locais convocados pola Dirección Xeral de Política Lingüítica:

* Curso básico: 0,10 puntos.

* Curso medio: 0,20 puntos.

* Diploma de traductor especializado en linguaxe administrativa galega: 1,5 puntos.

Por servicios ata un máximo de 3 puntos.

Servicios prestados como funcionario de Administración local con habilitación de carácter nacional.

-Ata 5 anos: 0,50 puntos ano.

-De 5 a 10 anos: 0,30 puntos ano.

-Máis de 10 anos: 0,30 puntos ano.

En todo caso e para que poida computarse o previsto no apartado anterior é requisito indispensable que o concursante continúe en servicio activo na Administración pública.

Cursos.

Coñecemento en materia de urbanismo: 1,5 puntos máximo.

-Pola asistencia a cursos de formación impartidos por escolas oficiais de Administración pública, con máis de 60 horas lectivas: 1 punto.

-Pola asistencia a cursos de formación impartidos por escolas oficiais de Administración pública, con menos de 60 horas lectivas: 0,5 puntos.

Coñecemento en materia de contratación como máximo: 1,5 puntos.

-Pola asistencia a cursos de formación impartidos por escolas oficiais de Administración pública, con máis de 60 horas lectivas: 1 punto.

-Pola asistencia a cursos de formación impartidos por escolas oficiais de Administración pública, con menos de 60 horas lectivas: 0,5 puntos.

Acreditación dos méritos.

Os méritos puntuables deberán acreditarse documentalmente, mediante fotocopia cotexada notarialmente, no caso de acreditación títulos, diplomas e certificados de cursos, e mediante certificado do MAP no caso de servicios prestados. O tribunal, ó seu libre criterio, poderá deixar sen avalia-los documentos que non reúnan os requisitos de autenticidade necesarios.

Entrevista.

Para unha mellor apreciación e valoración dos méritos alegados, o tribunal poderá acorda-la celebración de entrevista persoal, logo de citación ós interesados, con indicación de data, hora e lugar para a súa celebración.

Concello de Rois (A Coruña).

Entidade: Rois.

Posto: secretaría.

Clase: 2ª.

Subescala: secretaría.

Categoría: entrada.

Nivel de complemento de destino: 28.

Complemento específico: 1.252.128.

¿Cuberta por titular que deba xubilarse dentro dos seis meses posteriores á convocatoria?.

Baremo.

Méritos específicos.

De acordo co establecido nos artigos 20.2 do RD 73/93, e 5.1 da Orde de 7 de xullo de 1993, en relación coa Lei 5/88, do 21 de xuño da Comunidade Autónoma galega, estáblecese como obrigatorio o coñecemento da lingua galega, debendo acreditarse estar en posesión dos títulos de iniciación e perfeccionamento do galego, expedidos pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia ou outro centro oficial autorizado para impartilos.

b) Coñecemento e aplicación dos sistemas e procesos informáticos de xestión administrativa e contable, con especial referencia ás aplicacións existentes no Concello de Rois: 3,5 puntos.

c) Desempeño de postos de traballo en concellos con empresas mixtas constituídas para o desenvolvemento de actividades de servicio público ou interese xeral cun mínimo dun ano: 2,5 puntos.

d) Experiencia en traballo na empresa privada, en posto vinculado, fundamentalmente, á xestión de recursos humanos, cun mínimo de dous anos: 1,5 puntos.

Puntuación mínima.

A puntuación mínima que deben reuni-los aspirantes para optar á praza é do 25% do total acadable pola suma de méritos xerais e específicos.

Acreditación de méritos e condicións.

Os méritos especificados nas alíneas c) e d) da Base 2ª acreditaranse con certificación do traballo desenvolvido, con indicación expresa do tipo e actividade da empresa.

Os méritos relativos á alínea b) da devandita base 2ª acreditaránse mediante memoria analítica dos temas de referencia, cunha extensión mínima de 20 folios mecanografiados ou impresos por medios informáticos a 1,5 espacios de entreliña.

Entrevista.

Para unha mellor apreciación e valoración dos méritos alegados, o tribunal poderá acorda-la celebración de entrevista persoal, logo de citación ós interesados, con indicación de data, hora e lugar para a súa celebración.

Non se prevén pagamentos polos gastos de desplazamento para a realización, se é o, destas entrevistas.

Concello de Cambados (Pontevedra).

Entidade: Cambados.

Posto: secretaría.

Clase: 2ª.

Subescala: secretaría.

Categoría: entrada.

Nivel de complemento de destino: 26.

Complemento específico: 2.371.287.

¿Cuberta por titular que deba xubilarse dentro dos seis meses posteriores á convocatoria? non.

Baremo.

Méritos específicos.

1. Grao de coñecemento do idioma galego.

a) Iniciación ó galego ou curso básico de linguaxe administrativa para o persoal das corporacións locais: 0,5 puntos.

b) Perfeccionamento do galego ou curso medio de linguaxe administrativa galega para persoal das corporacións locais: 1 punto.

c) Curso de especialización de linguaxe administrativa galega para persoal das corporacións locais: 1,5 puntos.

En caso de acreditarse varios cursos dos indicados, terase en conta só o de maior puntuación.

Só se concederá validez ós cursos ou titulacións homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, debéndose acredita-los documentos orixinais ou fotocopias cotexadas.

2. Cursos de perfeccionamento.

a) Por cada curso realizado en materia urbanística impartidos polo INAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas cun mínimo de 30 horas: 1 punto.

Entre 40 e 60 horas: 2 puntos.

Superando as 60 horas: 2,5 puntos.

b) Por cada curso realizado en materia de procedemento administrativo impartidos polo INAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cun mínimo de 30 horas: 1 punto.

Entre 40 e 60 horas: 2 puntos.

Superando as 60 horas: 2,5 puntos.

c) Por cada curso realizado en materia de contratación local, impartido polo INAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cun mínimo de 30 horas: 1 punto.

Entre 40 e 60 horas: 2 puntos.

Superando as 60 horas: 2,5 puntos.

d) Outros cursos.

-Por cada curso de perfeccionamento para funcionarios de Administración local, distintos dos enumerados anteriormente impartidos polo INAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas cun mínimo de 30 horas de duración: 0,5 puntos.

Cun mínimo de 60 horas de duración: 1 punto.

O máximo de puntos por tódolos conceptos, que poderá concede-la corporación é de 7,5 puntos, en virtude do establecido polo artigo 14 do Real decreto 1732/1994.

A acreditación destes méritos poderase efectuar cos documentos orixinais ou fotocopias cotexadas.

Puntuación mínima para concursar.

Fíxase como puntuación mínima para concursar ó posto que se convoca o 25% do total.

Non se prevé a realización de entrevistas ós concursantes.

Concello da Guarda (Pontevedra).

Entidade: A Guarda.

Posto: secretaría.

Clase: 2ª.

Subescala: secretaría.

Categoría: entrada.

Nivel de complemento de destino: 28.

Complemento específico: 2.986.928.

¿Cuberta por titular que deba xubilarse dentro dos seis meses posteriores á convocatoria? non.

Baremo.

Méritos específicos.

1. Coñecemento da lingua galega:

a) Por curso de iniciación ó galego: 0,50 puntos.

b) Por curso de perfeccionamento no idioma galego: 1 punto.

c) Por curso de especialización no idioma galego: 1,5 puntos.

Só se valorará o de maior puntuación, non sendo acumulables.

2. O coñecemento doutros idiomas:

O coñecemento de idiomas oficiais de estados integrantes da Unión Europea valorarase ata un máximo de 1 punto.

Por cada idioma oficial 0,50 puntos.

3. Valoración do traballo realizado.

a) Os servicios prestados como funcionarios con habilitación de carácter nacional en propiedade, interino, provisional, en comisión de servicio ou acumulado, valoraranse conforme a seguinte escala e ata un máximo de 1,80 puntos.

-En entidades locais de poboación superior a 10.000 habitantes: 0,03 puntos/mes.

-En entidades locais con problemática turística ou pesqueira: 0,03 puntos/mes.

Contabilizaranse os dous apartados anteriores sempre que se tivesen prestado en períodos distintos.

4. Os servicios prestados como técnico de Administración xeral, calquera que fora a natureza xurídica da relación contractual, valoraranse conforme a seguinte escala ata un máximo de 0,60 puntos.

-En entidades locais de poboación superior a 10.000 habitantes: 0,03 puntos/mes.

-En entidades locais con problemática turística e pesqueira: 0,03 puntos/mes.

Contabilizaranse os dous apartados anteriores sempre que se tivesen prestado en períodos distintos.

5. Superación e impartición de cursos de formación e perfeccionamento.

-Superación de cursos de formación e perfeccionamento de carácter xenérico relacionados co posto de traballo que se desempeñará, convocados polo INAP ou escolas de formación de funcionarios locais das comunidades autónomas.

Valorarase ata un máximo de 1 punto e de conformidade coa duración destes conforme a seguinte escala:

a) De 100 ou máis horas: 1 punto.

b) De 75 ou máis horas: 0,75 puntos.

c) De 50 ou máis horas: 0,50 puntos.

d) De 25 ou máis horas: 0,25 puntos.

e) De 15 ou máis horas: 0,15 puntos.

-Impartición de cursos de formación e perfeccionamento sobre materias relacionadas co ámbito local, convocados polo INAP ou escolas de formación de funcionarios locais das comunidades autónomas.

Valorarase ata un máximo de 1 punto, en función da duración dos cursos e conforme a seguinte escala:

a) De 100 ou máis horas: 1 punto.

b) De 75 ou máis horas: 0,75 puntos.

c) De 50 ou máis horas: 0,50 puntos.

d) De 25 ou máis horas: 0,25 puntos.

e) De 15 ou máis horas: 0,15 puntos.

-Superación de cursos de formación e perfeccionamento relativos a materias relacionadas coas peculiaridades do municipio específico (turístico, pesqueiro e mancomunado), convocados por centros oficiais legalmente recoñecidos.

Valorarase ata un máximo de 0,60 puntos.

a) Por cada curso de duración superior a 15 horas: 0,30 puntos.

Forma de acredita-los méritos específicos.

Os méritos determinados no apartado 1 acreditaranse mediante certificación ou diploma expedido pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ou fotocopia debidamente cotexada.

Os méritos tipificados no apartado 2 acreditaranse mediante certificación ou diploma expedido pola escola oficial de idiomas, ou centros oficiais legalmente recoñecidos e homologados. Son admisibles igualmente fotocopias debidamente cotexadas.

Os méritos establecidos no apartado 5 acreditaranse mediante certificación ou diploma ou fotocopia debidamente cotexada, expedidos polos órganos convocantes de ditos cursos.

Puntuación mínima para concursar ó posto.

Non se esixe.

Entrevista.

Non está prevista.

Concello de Valga (Pontevedra).

Entidade: Valga.

Posto: secretaría.

Clase: 2ª

Subescala: secretaría.

Categoría: entrada.

Nivel de complemento de destino: 22.

Complemento específico:

¿Cuberta por titular que deba xubilarse dentro dos seis meses posteriores á convocatoria?

Baremo.

Méritos específicos.

a) Establécese como obrigatorio o coñecemento da lingua galega, debendo acreditarse estar en posesión dos títulos de iniciación e perfeccionamento, expedidos pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ou outro centro oficial autorizado para impartilos.

b) Coñecemento e aplicación dos sistemas e procesos informáticos de xestión administrativa e contable, con especial referencia ás aplicacións existentes no Concello de Valga: 3,5 puntos.

c) Desempeño de postos de traballo en concellos con empresas mixtas constituídas para o desenvolvemento de actividades de servicio público ou interese xeral, cun mínimo dun ano: 2,5 puntos.

d) Experiencia en traballo na empresa privada, en posto vinculado fundamentalmente, á xestión de recursos humanos, cun mínimo de dos anos: 1,5 puntos.

Puntuación mínima.

A puntuación mínima que deben reuni-los aspirantes para optar á praza é do 25% do total acadable pola suma de méritos xerais e específicos.

Acreditación de méritos e condicións.

Os méritos especificados as alíneas c) e d) acreditaranse con certificación do traballo desenvolvido, con indicación expresa do tipo de actividade da empresa.

Os méritos relativos á alínea b) acreditaranse mediante memoría analítica dos temas de referencia, cunha extensión mínima de 20 folios mecanografados ou impresos por medios informáticos a 1,5 espacios de interliña.

Entrevista.

Para unha mellor apreciación e valoración dos méritos alegados, o tribunal celebrará entrevista persoal, logo de citación ós interesados con indicación de data, hora e lugar para a súa celebración. Non se prevén pagamentos polos gastos de desprazamento para a realización no seu caso destas entrevistas.

Intervencións de 2ª vacantes

Comunidade Autónoma de Galicia

Concello de Bueu (Pontevedra).

entidade: Bueu.

Posto: intervención.

Clase: 2ª.

Subescala: intervención-tesourería.

Categoría: entrada.

Nivel de complemento de destino: 27.

Complemento específico:

¿Cuberta por titular que deba xubilarse dentro dos seis meses posteriores á convocatoria? non.

Baremo.

Puntuación mínima para adxudica-la praza: 5 puntos.

Coñecemento do idioma galego: 2 puntos.

O coñecemento do idioma galego requírese no grao de perfeccionamento.

Soamente será válido, segundo a súa acreditación, certificado expedido pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Por ter desempeñado postos de traballo reservados a funcionarios de habilitación nacional, de clase segunda (categoría de entrada) na Comunidade Autónoma de Galicia durante un período mínimo de 2 anos: 1,5 puntos.

Para a acreditación de experiencia en postos de traballo reservados a funcionarios de habilitación nacional da clase 2ª no territorio da Comunidade Autónoma galega por un período mínimo de 24 meses: nomeamento do MAP ou Xunta de Galicia, e acta de posesión e cesamento en/nos concello/s correspondente/s, en calquera modalidade das preceptuadas legalmente seguintes: nomeamento definitivo, nomeamento provisional, comisión de servicios.

Pola acreditación da máxima puntuación (5 puntos) correspondente ós cursos de formación e perfeccionamento, artigo 1 alínea d) da orde do 10 de agosto de 1994, pola que se dictan normas sobre concursos de provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de habilitación de carácter nacional, e artigo 15.1 (d) do RD 1732/1994, do 29 de xullo: 4 puntos.

Acreditación dos cursos de formación e perfeccionamento. De acordo coa última publicación no BOE da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do MAP dando publicidade á relación individualizada dos méritos xerais dos funcionarios de administración local con habilitación de carácter nacional.

Os documentos anteditos poderán presentarse en orixinal ou compulsas autenticadas polo secretario do Concello de Bueu ou notario público.

Entrevista.

O tribunal de valoración poderá acorda-la celebración de entrevista cos concursantes para acreditación persoal dos méritos sinalados na base relativa ó idioma galego.

Concello de Cambados (Pontevedra).

Entidade: Cambados.

Posto: intervención.

Clase 2ª.

Subescala: intervención-tesourería.

Categoría: entrada.

Nivel de complemento de destino: 22.

Complemento específico: 1.500.000.

¿Cuberta por titular que deba xubilarse dentro dos seis meses posteriores á convocatoria? non.

Baremo.

Méritos específicos.

1. Grao de coñecemento do idioma galego.

a) Iniciación ó galego ou curso básico de linguaxe administrativa para o persoal das corporacións locais: 0,5 puntos.

b) Perfeccionamento do galego ou curso medio de linguaxe administrativa galega para persoal das corporacións locais: 1 punto.

c) Curso de especialización de linguaxe administrativa galega para persoal das corporacións locais: 1,5 puntos.

En caso de acreditarse varios cursos dos indicados, terase en conta só o de maior puntuación.

Só se concederá validez ós cursos ou titulacións homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, debéndose acredita-los documentos orixinais ou fotocopias cotexadas.

2. Cursos de perfeccionamento.

a) Por cada curso realizado en materia pública de contabilidade pública local impartido polo INAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas cun mínimo de 30 horas: 1 punto.

Entre 40 e 60 horas: 2 puntos.

Superando as 60 horas: 2,5 puntos.

b) Por cada curso realizado en materia de tributaria impartido polo INAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cun mínimo de 30 horas: 1 punto.

Entre 40 e 60 horas: 2 puntos.

Superando as 60 horas: 2,5 puntos.

c) Por cada curso realizado en materia de contratación local, impartido polo INAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas, cun mínimo de 30 horas: 1 punto.

Entre 40 e 60 horas: 2 puntos.

Superando as 60 horas: 2,5 puntos.

d) Outros cursos.

-Por cada curso de perfeccionamento para funcionarios da Administración local, distintos dos enumerados anteriormente impartidos polo INAP ou escolas oficiais das comunidades autónomas cun mínimo de 30 horas de duración: 0,5 puntos.

Cun mínimo de 60 horas de duración: 1 punto.

O máximo de puntos, por tódolos conceptos, que poderá concede-la corporación é de 7,50 puntos, en virtude do artigo 14 do Real decreto 1732/94.

A acreditación destes méritos poderase efectuar cos documentos orixinais ou fotocopias cotexadas.

Puntuación mínima para concursar.

Fíxase como puntuación mínima para concursar ó posto que se convoca o 25% do total.

Non se prevé a realización de entrevistas ós concursantes.

Concello da Guarda (Pontevedra).

Entidade: A Guarda.

Posto: intevención.

Clase: 2ª.

Subescala: intervención-tesourería.

Categoría: entrada.

Nivel de complemento de destino: 28.

Complemento específico: 2.986.928.

¿Cuberta por titular que deba xubilarse dentro dos seis meses posteriores á convocatoria? non.

Baremo.

Méritos específicos.

1. Coñecemento da lingua galega:

a) Por curso de iniciación ó galego: 0,50 puntos.

b) Por curso de perfeccionamento no idioma galego: 1 punto.

c) Por curso de especialización no idioma galego: 1,5 puntos.

Só se valorará o de maior puntuación, non sendo acumulables.

2. Coñecemento doutros idiomas:

Coñecemento de idiomas oficiais de estados integrantes da Unión Europea valorarase ata un máximo de 1 punto.

Por cada idioma oficial 0,50 puntos.

3. Valoración do traballo realizado.

a) Servicios prestados como funcionarios con habilitación de carácter nacional en propiedade, interino, provisional, en comisión de servicio ou acumulado, valoraranse conforme a seguinte escala e ata un máximo de 1,80 puntos.

-En entidades locais de poboación superior a 10.000 habitantes: 0,03 puntos/mes.

-En entidades locais con problemática turística ou pesqueira: 0,03 puntos/mes.

Contabilizaranse os dous apartados anteriores sempre que se tivesen prestado en períodos distintos.

4. Servicios prestados na área económica nas corporacións locais, integrado nos grupos A ou B, calquera que fora a natureza xurídica da relación contractual, valorarase conforme a seguinte escala e ata un máximo de 0,60 puntos.

-En entidades locais de poboación superior a 10.000 habitantes: 0,03 puntos/mes.

-En entidades locais con problemática turística ou pesqueira: 0,03 puntos/mes.

Contabilizaranse os dous apartados anteriores sempre que se tivesen prestado en períodos distintos.

5. Superación e impartición de cursos de formación e perfeccionamento.

- Superación de cursos de formación e perfeccionamento de carácter xenérico relacionados co posto de traballo que se desempeñará, convocados polo INAP ou escolas de formación de funcionarios locais das comunidades autónomas.

Valorarase ata un máximo de 1 punto e de conformidade a duración destes conforme a seguinte escala:

a) De 100 ou máis horas: 1 punto.

b) De 75 ou máis horas: 0,75 puntos.

c) De 50 ou máis horas: 0,50 puntos.

d) De 25 ou máis horas: 0,25 puntos.

e) De 15 ou máis horas: 0,15 puntos.

-Impartición de cursos de formación e perfeccionamento sobre materias relacionadas co ámbito local, convocados polo INAP ou escolas de formación de funcionarios locais das comunidades autónomas.

Valorarase ata un máximo de 1 punto, en función da súa duración e conforme a seguinte escala:

a) De 100 ou máis horas: 1 punto.

b) De 75 ou máis horas: 0,75 puntos.

c) De 50 ou máis horas: 0,50 puntos.

d) De 25 ou máis horas: 0,25 puntos.

e) De 15 ou máis horas: 0,15 puntos.

-Superación de cursos de formación e perfeccionamento relativos a materias relacionadas coas peculiaridades específicas do municipio (turístico, pesqueiro e mancomunado), convocados por centros oficiais legalmente recoñecidos.

Valorarase ata un máximo de 0,60 puntos.

a) Por cada curso de duración superior a 15 horas: 0,30 puntos.

Forma de acredita-los méritos específicos.

Os méritos determinados no apartado 1 acreditaranse mediante certificación ou diploma expedido pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ou fotocopia debidamente cotexada.

Os méritos tipificados no apartado 2 acreditaranse mediante certificación ou diploma expedido pola escola oficial de idiomas, ou centros oficiais legalmente recoñecidos e homologados. Son admisibles igualmente fotocopias debidamente cotexadas.

Os méritos establecidos no apartado 5 acreditaranse mediante certificación ou diploma, ou fotocopia debidamente cotexa, expedidos polos órganos convocantes dos ditos cursos.

Puntuación mínima para concursar ó posto.

Non se esixe.

Entrevista.

Non está prevista.

Secretarías de 3ª vacantes

Comunidade Autónoma de Galicia

Concello de Carnota (A Coruña).

Entidade: Carnota.

Posto: secretaría-intervención.

Clase: 3ª.

Subescala: secretaría-intevención.

Nivel de complemento de destino: 26.

Complemento especifico:

¿Cuberta por titular que debe xubilarse dentro dos seis meses posteriores á convocatoria? non

Baremo.

Méritos específicos.

A puntuación mínima para a adxudicación da vacante será de 5 puntos.

1. Coñecemento do idioma galego.

Por acreditación do grao de perfeccionamento: 1 punto.

2. Experiencia en concellos de superior categoría.

Por ter desempeñado postos de traballo reservados a funcionarios de habilitación nacional, de clase 2ª (categoría de entrada) en municipios de poboación de dereito non inferior a 10.000 da Comunidade Autónoma de Galicia durante un mínimo total de 24 meses: 1 punto.

3. Cursos de formación e perfeccionamento.

Pola acreditación da máxima puntuación (5 puntos) correspondente ós cursos de formación e perfeccionamento, artigo 1, alínea d), da Orde de 10 de agosto de 1994, pola que se dictan normas sobre concursos de provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de habilitación de carácter nacional, e artigo 15.1.10 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo: 2 puntos.

4. Servicios efectivos en activo como funcionario de habilitación nacional.

Por servicios en activo ocupando postos reservados a funcionarios de habilitación nacional durante un mínimo de 12 anos: 1 punto.

5. Preferencia por praza.

Por solicita-la praza no primeiro lugar en orden de prelación na adxudicación de destino: 0,05 puntos.

6. Concorrencia de méritos.

Por reunir conxuntamente tódolos méritos anteriores (1, 2, 3, 4 e 5): 2 puntos.

Acreditación dos méritos específicos.

Só será válido, para a súa acreditación, en certificado expedido pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Da experiencia en concellos de superior categoría: En postos de traballo reservados a funcionarios de habilitación nacional en concellos de categoría de entrada do territorio da Comunidade Autónoma por un período ou cómputo mínimo total de 24 meses e de poboación de dereito non inferior a 10.000 habitantes: nomeamento do MAP ou da Xunta de Galicia e actas de posesión e cesamento/s no/s concello/s correspondente/s, en calquera modalidade das preceptuadas legalmente seguintes: nomeamento definitivo, nomeamento provisional ou comisión de servicios. Respecto á poboación de dereito do municipio ou municipios no/s que se prestaron os servicios: documento acreditativo (fotocopia simple, fax ou orixinal) da delegación provincial do Instituto Nacional de Estatística correspondente á rectificación do padrón municipal de habitantes ata o 1 de xaneiro de 1995.

Dos cursos de formación e perfeccionamento: última publicación no BOE da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do MAP dando publicidade á relación individualizada de méritos xerais dos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Servicios en activo como funcionario de habilitación nacional:

Última publicación no BOE da resolución da dirección xeral da Función Pública do MAP dando publicidade á relación individualizada de méritos xerais dos funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Preferencia pola praza:

Modelo de orde de prelación na adxudicación de destinos.

Entrevista.

O tribunal de valoración pode acorda-la celebración de entrevista cos concursantes para a acreditación persoal dos méritos sinalados na base relativa ós méritos específicos.

Concello de Oroso (A Coruña)

Entidade: Oroso.

Posto: secretaría-intervención.

Clase: 3ª

Subescala: secretaría-intervención.

Nivel de complemento de destino: 16.

Complemento específico: 1.076.942.

¿Cuberta por titular que deba xubilarse dentro dos seis meses posteriores á convocatoria? non.

Baremo.

Requisitos para concursar.

De conformidade co disposto no artigo 99.1 da Lei 7/85, do 2 de abril, na Lei 5/88, do 21 de xuño, do uso do galego como lingua oficial de Galicia polas entidades locais, en relación cos artigos 21.2 do Real decreto 1732/94, do 29 de xullo, e 6.2 da Orde do 10 de agosto de 1994, é requisito previo para poder participar no presente concurso, acredita-lo

coñecemento da lingua galega mediante a presentación de título ou certificado xustificativo de ter superado o curso de perfeccionamento da lingua galega, expedido pola Dirección Xeral de Política Lingüística ou homologado segundo a normativa autonómica reguladora da materia.

Puntuación mínima.

De conformidade co disposto no artigo 14.1 e 2 do RD 1732/94, do 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, a puntuación mínima para poder ser proposta polo tribunal será de 7,5 puntos, é dicir, o 25% da puntuación total.

Méritos específicos.

De conformidade co disposto no RD 1732/94, do 29 de xullo, establécense os seguintes:

1º Realización do curso de analise de políticas públicas na Administración local impartido polo INAP: 2,5 puntos.

2º Realización do 2º curso superior de xestión medioambiental convocado pola EGAP: 3 puntos.

3º Realización do curso de asesoramento e técnica xurídica para pequenos concellos, impartido polo INAP de 60 ou máis horas lectivas: 0,5 puntos.

4º Polo desempeño de funcións e tarefas de colaboración xurídico-administrativa en fundacións de interese galego das que sexa membro o concello: 1,5 puntos.

Acreditación de méritos específicos.

Para efectos de valoración dos méritos específicos, faise constar que respecto ós cursos, só se valorarán os impartidos polos organismos oficiais que se citan, debéndose acreditar mediante certificado, orixinal ou fotocopia cotexada, expedidos por aqueles.

Respecto á experiencia en fundacións, a través do certificado do/a fundación/s, no que se concretará as actividades, materias e programas obxecto de intervención, que estarán necesariamente relacionadas co contido do posto de traballo.

Entrevista.

O tribunal de valoración poderá acorda-la celebración de entrevista para efectos de concreción dos méritos específicos nos supostos individualizados no que a considere necesario. En tal caso, notificaráselles ós concursantes afectados pola data, hora e lugar da súa celebración, non prevéndose pago polos gastos de desprazamento que orixine a entrevista.

Concello de Paderne (A Coruña).

Entidade: Paderne.

Posto: secretaría.

Clase: 3ª.

Subescala: secretaría-intervención.

Nivel de complemento de destino: 22.

Complemento específico: 174.952.

¿Cuberta por titular que deba xubilarse dentro dos seis meses posteriores á convocatoria? non.

Baremo.

Méritos específicos.

1. Coñecemento do idioma galego ata un máximo de 2,50 puntos.

a) Curso básico de lingua galega para o persoal das corporacións locais convocado pola Dirección Xeral de Política Lingüística: 1 punto.

Curso medio de lingua galega para o persoal das corporacións locais convocado pola Dirección Xeral de Política Lingüística: 1,5 puntos.

Diploma de traductor especializado en linguaxe administrativa galega: 2,5 puntos.

2. Licenciatura en dereito: 2,5 puntos.

3. Cursos realizados referidos a temas relacionados coa Administración local dun mínimo de 40 horas de duración ata un máximo de 2,50 puntos.

Cursos informáticos para a aplicación do sistema na Administración local: 1 punto.

Curso sobre dereito urbanístico: 0,75 puntos.

Curso sobre contratación administrativa: 0,75 puntos.

Forma de acredita-los méritos específicos.

Os méritos acreditaranse perante o tribunal de valoración mediante orixinais ou copias autenticadas, ou ben con certificados expedidos pola autoridade ou órgano competente.

Puntuación mínima.

Non se establece puntuación mínima para concursar ó posto.

Entrevista.

Non se establece.

Concello de Vilarmaior (A Coruña).

Entidade: Vilarmaior.

Posto: secretaría-intervención.

Clase: 3ª.

Subescala: secretaría-intervención.

Nivel de complemento de destino: 16.

Complemento específico: 1.147.783.

¿Cuberto por titular que deba xubilarse dentro dos seis meses posteriores á convocatoria? non.

Baremo.

Méritos específicos.

É requisito previo para participar no presente concurso acredita-lo coñecemento da lingua galega, mediante a presentación do certificado xustificativo de ter superado o curso de perfeccionamento da lingua galega expedido pola Dirección Xeral de Política Lingüística.

A) Cursos.

A.1. Coñecemento da lingua galega.

-Curso de linguaxe administrativa galega para persoal da Administración local, nivel medio, cunha duración mínima de 75 horas: 1 punto.

Acreditarase mediante certificación expedida conxuntamente pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e pola dirección xeral de Xustiza e Administración Local, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

A.2. Cursos impartidos por universidades.

-Curso de posgrao sobre administración financeira e tributaria, impartido pola Universidade da Coruña e pola Escola de Facenda Pública: 3 puntos.

Acreditarase mediante o correspondente título, diploma ou certificación do organismo convocante.

A.3. Curso sobre dereito público galego para persoal da Administración local, organizado pola EGAP, cunha duración mínima de 67 horas lectivas: 1 punto.

Acreditarase mediante certificado expedido polo director da Escola Galega de Administración Pública.

B) Servicios.

Por servicios prestados como funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, con nomeamento provisional, en concellos incluídos no programa de acción especial, zona 2-interior centro, cunha poboación inferior a 1500 habitantes: 0,50 puntos por mes ata un máximo de 1 punto.

Acreditaranse por certificación do concello.

C) Pola posesión conxunta de tódolos méritos anteriores: 1,5 puntos.

Forma de acredita-los méritos específicos.

Os méritos puntuables acreditaranse puntualmente, mediante orixinais ou copias autenticadas. O tribunal poderá deixar sen valora-los documentos que non teñan os requisitos necesarios.

Puntuación mínima.

O 25% do total (30 puntos), 7,50 puntos.

Entrevista.

Non está prevista.

Concello de Castroverde (Lugo).

Entidade: Castroverde.

Posto: secretaría-intervención.

Clase: 3ª.

Subescala: secretaría-intervención.

Nivel de complemento de destino: 22.

Complemento específico: 1.680.000.

¿Cuberta por titular que deba xubilarse dentro dos seis meses posteriores á convocatoria? non.

Baremo.

Méritos específicos.

Sen baremo de méritos específicos. Soamente se aplicará o baremo xeral e o da Comunidade Autónoma de Galicia.

Concello de San Cibrao das Viñas (Ourense).

Entidade: San Cibrao das Viñas.

Posto: secretaría-intervención.

Clase: 3ª.

Subescala: secretaría-intervención.

Nivel de complemento de destino: 26 (grupo B).

Complemento específico: 2.624.508.

¿Cuberta por titular que deba xubilarse dentro dos seis meses posteriores á convocatoria?

Baremo.

Coñecemento da lingua galega.

Establécese como requisito para poder participar no presente concurso o coñecemento suficiente do idioma galego téndose en conta para iso estar en posesión dalgúns dos cursos seguintes, e numerados por orde de menor a maior grao de coñecemento:

-Iniciación ou curso básico de lingua galega para o persoal das corporacións locais.

-Perfeccionamento ou curso medio de lingua galega para o persoal das corporacións locais.

-Curso de especialización de lingua galega para o persoal das corporacións locais.

A carencia deste requisito de coñecemento suficiente do idioma galego será motivo de exclusión para poder participar no concurso e terase en conta por parte do tribunal de valoración, conforme o previsto na base 3ª da Orde do 8 de setembro de 1994.

Esta base considerarase como norma complementaria do artigo 21 do RD 1732/94, do 29 de xullo e artigo 6 da Orde de 10 de agosto de 1994, tendo en conta o maior ou menor grao de coñecemento do idioma galego e segundo os cursos que se acrediten, á hora de resolve-los empates que se poidan producir no desenvolvemento da valoración de méritos.

Por último, a forma de acreditación do presente requisito será mediante certificación ou diploma, ou copias autenticadas ou cotexadas deles, expedidos ou homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

Méritos específicos.

a) Por estar en posesión do título de licenciado en dereito e do diploma da escola de práctica xurídica, expedido pola facultade de dereito dunha universidade oficial, incremento da puntuación prevista nos méritos xerais de 1,5 puntos.

b) Pola realización de traballos de colaboración cos servicios provinciais de asistencia ós municipios, referidos á implantación do SICAL na Administración local mínimo durante un ano, e ter un coñecemento suficientemente acreditado do programa de

contabilidade do plan informático provincial da Deputación Provincial de Ourense, como mínimo de 100 horas de prácticas en concellos: 1,5 puntos.

c) Polo coñecemento que se teña do propio municipio e do funcionamento dos seus servicios, polo desempeño do posto na subescala de secretaría-intervención, un mínimo de 6 meses: 1,5 puntos.

d) Por ter desempeñado o posto de interventor, durante polo menos un ano, en entidades locais de ámbito supramunicipal, con orzamento superior ós 100.000.000 de pesetas (cen millóns) e sempre que tiveran establecidos o servicio de recadación de tributos e prezos públicos das entidades que formen parte delas: 0,10 puntos.

e) Pola prestación de servicios de secretario-interventor en concellos que teñan polígono industrial, zonas comerciais ou parque tecnolóxico cunha superficie total de polo menos 300 hectáreas nas que se localicen polo menos 200 empresas: 0,15 puntos.

f) Pola prestación de servicios como secretario-interventor en concellos con normas subsidiarias de planeamento, plans parciais e plans especiais que o volume de expedientes de licencias de obras maiores, menores, de ocupación e de apertura sexa polo menos de 250 ó ano: 0,15 puntos.

g) Pola impartición de cursos e conferencias relacionadas coa Administración local: 0,10 puntos.

h) Por reunir ó mesmo tempo os méritos esixidos nos apartados a), b), c), d), e), f) e g) na súa puntuación máxima: 2,5 puntos.

Establécese unha puntuación mínima de 7,5 puntos para poder optar ó posto.

Para efectos de concreción dos méritos específicos, o tribunal de valoración poderá acorda-la celebración de entrevista, respecto dos concursantes que considere necesarios.

A forma de acreditación dos méritos específicos indicados nas presentes bases, mediante certificación ou diploma expedido polo organismo ou entidade pública correspondente e mediante copias cotexadas ou autenticadas deles.

Concello de San Cristovo de Cea (Ourense).

Entidade: San Cristovo de Cea.

Posto: secretaría.

Clase: 3ª

Subescala: secretaría-intervención

Nivel de complemento de destino: 16 (grupo B).

Complemento específico: 1.455.153.

¿Cuberta por titular que deba xubilarse dentro dos seis meses posteriores á convocatoria?.

Baremo.

Méritos específicos.

Establécese como requisito para poder participar no presente concurso o coñecemento suficiente do idioma galego, téndose en conta para isto estar en

posesión dalgún dos cursos seguintes enumerados por orde de menor a maior grao de coñemento:

-Iniciación ou curso básico da lingua galega para o cadro de persoal das corporacións locais.

-Perfeccionamento ou curso medio da lingua galega para o cadro de persoal das corporacións locais.

-Curso de especialización da lingua galega para o cadro de persoal das corporacións locais.

A carencia deste requisito do coñecemento suficiente do idioma galego será motivo de exclusión para poder participar no concurso, e terase en conta por parte do tribunal de valoración, conforme o previsto na base 3ª da Orde do 8 de setembro de 1994.

Esta base considerarase como norma complementaria do artigo 21 do RD 1732/1994, do 29 de xullo e artigo 6 da Orde de 10 de agosto de 1994, tendo o maior ou menor grao de coñecemento do idioma galego e segundo os cursos que se acrediten, á hora de resolve-los empates que se poidan producir no desenvolvemento da valoración de méritos.

Por último, a forma de acreditación do presente requisito será mediante certificacións, ou diploma, ou copias autenticadas ou cotexadas deles, expedidos ou homologados pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

a) Ter prestados servicios como secretario e interventor na mesma praza, de categoría de entrada, cando menos por dous anos consecutivos, debendo conta-lo concello polo menos con 9.000 habitantes e 300 millóns de pesetas de orzamento ordinario durante a prestación dos seus servicios: 1 punto por ano de servicio, ata un máximo de 2 puntos.

b) Ter prestado servicios como secretario durante un mínimo de 2 anos en concello con secretaría de categoría de entrada con normas subsidiarias propias, tendo asistido a cursos oficiais de adaptación e lexislación urbanística en vigor: 0,20 puntos por cada 6 meses, ata un máximo de 1 punto.

c) Polo coñecemento que teña do propio municipio e do funcionamento de tódolos seus servicios, por desempeño do posto na subescala de secretaría-intervención, a razón de: 0,20 puntos por cada mes de servicio, ata un máximo de 2 puntos.

d) Por ter prestado servicios como secretario-interventor en prazas pertencentes á mancomunidade de municipios do Carballiño, a razón de: 0,10 puntos por mes de servicios, ata un máximo de 1 punto.

e) Por reunir ó mesmo tempo e na súa puntuación máxima os apartados a), b), c) e d): 1,5 puntos.

Puntuación mínima.

Establécese unha puntuación mínima para poder optar ó posto de 7,5 puntos.

Acreditación de méritos.

A forma de acredita-los méritos específicos indicados nas presentes bases será mediante certifica

ción ou diploma expedido por organismo ou entidade pública correspondente, ou mediante copias cotexadas ou autenticadas.

Concello de Viana do Bolo (Ourense)

Entidade: Viana do Bolo.

Posto: secretaría-intervención.

Clase: 3ª

Subescala: secretaría-intervención.

Nivel de complemento de destino:

Complemento específico:

¿Cuberta por titular que deba xubilarse dentro dos seis meses posteriores á convocatoria? non.

Baremo.

Méritos específicos.

a) Coñecemento da lingua galega.- Estar en posesión do diploma de traductor especializado en linguaxe administrativa galega: 3,50 puntos.

b) Experiencia profesional consistente no exercicio de función en entidades locais do territorio galego. Por cada mes de servicios prestados en postos reservados á propia subescala á que se concursa: 0,02 puntos ata un máximo de 4 puntos.

Forma de acredita-los méritos.

a) Do coñecemento da lingua galega, o orixinal ou copia autenticada do citado diploma.

b) Da experiencia profesional, mediante certificacións expedidas para o efecto.

Concello de Vilar de Santos (Ourense).

Entidade: Vilar de Santos.

Posto: secretaría-intervención.

Clase: 3ª.

Subescala: secretaría-intervención.

Nivel de complemento de destino: 26.

complemento específico: 892.080.

¿Cuberta por titular que deba xubilarse dentro dos seis meses posteriores á convocatoria? non.

Baremo.

Méritos específicos.

a) Por ter exercido funcións como secretario-interventor en concellos da Comunidade Autónoma galega que conten con servicio de normalización lingüística e no que todo traballo administrativo se realice integramente en lingua galega: 0,90 puntos por ano máximo 3 anos.

b) Pola realización do curso básico de lingua galega para persoal das corporacións locais, convocado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia: 0,70 puntos.

c) Por estar en posesión do título de licenciado en dereito, incremento da puntuación prevista nos méritos xerais en 1,5 puntos.

d) Por estar en posesión do diploma da escola de práctica xurídica expedido pola facultade de dereito dunha universidade oficial: 1,5 puntos.

e) Por solicita-la praza de secretaría-intervención deste concello en primeiro lugar nos concursos de traslados que se celebren: 0,50 puntos.

f) Por ter un coñecemento suficientemente acreditado do programa de contabilidade a que se refire o plan informático provincial elaborado pola Deputación Provincial de Ourense, como mínimo de 100 horas de prácticas en concellos: 1,5 puntos.

g) Por ter prestado servicios como secretario-interventor na comarca da Limia e comarcas limítrofes, que conten con planeamento urbanístico aprobado: 0,30 puntos por ano, máximo 3 anos.

Forma de acredita-los méritos específicos.

Os méritos puntuables teranse que acreditar documentalmente, mediante certificación ou copia autenticada do título ou diploma correspondente. O tribunal poderá deixar sen valora-los documentos que non reúnan os requisitos de autenticidade necesarios.

Polo que respecta á solicitude da praza en primeiro lugar, acreditarase mediante copia compulsada da solicitude para tomar parte no concurso de traslados, na que se relacionen a totalidade das prazas solicitadas por orde de preferencia coa dilixencia de entrada do centro que a reciba ou selo da oficina de correos desde a que se remita.

Puntuación mínima para concursar ó posto.

O 25% do total (30 puntos): 7,50 puntos.

Entrevista.

Non está prevista a realización de entrevista.

Concello de Ribadumia (Pontevedra).

Entidade: Ribadumia.

Posto: secretaría-intervención.

Clase: 3ª

Subescala: secretaría-intervención.

Nivel de complemento de destino: 22.

Complemento específico: 1.954.488.

¿Cuberta por titular que deba xubilarse dentro dos seis meses posteriores á convocatoria? non

Baremo.

Méritos específicos.

1. Por experiencia en funcións de fiscalización e auditoría da contabilidade municipal das entidades locais da Comunidade Autónoma galega, con servicios prestados en organismos oficiais de control externo (Tribunal de Contas e asimilados): 0,12 puntos por mes, ata un máximo de 5,50 puntos.

2. Por cada curso acreditado sobre coñecemento ou especialización de dereito específico da Comunidade Autónoma galega, de acordo coa seguinte escala, e ata un máximo de 0,50 puntos:

a) Polo 1º curso: 0,10 puntos.

b) Por cada un dos seguintes cursos sobre a materia: 0,40 puntos.

3. Por coñecemento do idioma galego, segundo a seguinte escala:

a) Iniciación ó idioma galego ou curso básico de linguaxe administrativa galega para o cadro de persoal das corporacións locais: 0,10 puntos.

b) Perfeccionamento do galego ou curso medio de linguaxe administrativa galega para o cadro de persoal das corporacións locais: 0,30 puntos.

c) Curso de especialización administrativa galega para o cadro de persoal das corporacións locais: 0,50 puntos.

En caso de acreditar varios cursos dos especificados neste apartado, terase en conta soamente o de maior puntuación, de tal xeito que neste apartado a puntuación máxima será de 0,50 puntos.

Soamente terán validez polo que se refire á acreditación do idioma galego, os cursos e titulacións homologadas pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.

A posesión deste mérito (en calquera das suas alíneas, a), b) ou c)) é indispensable e excluínte para poder acceder á praza.

4. Por estar en posesión de tódolos méritos anteriores: 1 punto.

Forma de acredita-los méritos específicos.

1. No caso dos servicios prestados, mediante certificación expedida polo responsable do organismo en que prestou tales servicios.

2. No caso de cursos mediante certificación ou diploma no que se acredite que o curso se refire á materia especificada no baremo anterior.

Soamente se téran en conta os cursos impartidos polo INAP, EGAP ou calquera ou centro oficial competente para impartilos, en colaboración cos anteriores.

Puntuación mínima.

A puntuación mínima para concursar ó posto será de 7,50 puntos, é dicir, o 25% da puntuación total.

Entrevista.

Non está previsto a realización de entrevista.

TRIBUNAIS

Secretarías de 1ª

-Concello de Oleiros (A Coruña).

Presidente: María Esther Pita Pita; como suplente: Alfredo Novoa Gil.

Vocais:

Romualdo Rodríguez Brión, xefe da Sección de Protección Ambiental da Xefatura Provincial de Protección Civil na Coruña; como suplente: José Enrique Herrero de Padura, secretario da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública na Coruña.

Francisco Javier Mato Pet; como suplente: Enrique Calvete Pérez.

Marta Bosch Pibernat; como suplente: Juan S. López Lagares.

Guillermo Álvarez Ropero; como suplente: Laura Rodríguez Sastre.

María José Varela Neira; como suplente: Manuel Fernández Siso.

Luis Vázquez Rodríguez; como suplente: Francisco Julio Cerviño González.

-Concello de Sanxenxo (Pontevedra)

Presidente: José Luis Rodríguez Lorenzo, alcalde do Concello de Sanxenxo ou concelleiro en quen delegue.

Vocais:

Enrique Sarmiento Gómez, letrado do Gabinete Xurídico territorial na Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública en Pontevedra; como suplente: Luis Muíños Vidueira, letrado do Gabinete Xurídico Territorial na Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública en Pontevedra.

Adolfo Castro Pérez, vicesecretario do Concello de Pontevedra que actuará como secretario do tribunal.

Carlos Cuadrado Romay, vicesecretario da Deputación Provincial de Pontevedra.

José Antonio Aguín Uhía, concelleiro do Concello de Sanxenxo.

Albino Rodríguez Bouzada, concelleiro do Concello de Sanxenxo, en representación dos grupos municipais non pertencentes ó grupo municipal de goberno.

Luis Ángel Sabariz Rolán, tesoureiro do Concello de Sanxenxo, elixido polos representantes de persoal.

Intervencións de 1ª

-Concello de Oleiros (A Coruña)

Presidente: María Esther Pita Pita; como suplente: Alfredo Novoa Gil.

Vocais:

Teresa Morán Calero, xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e o Solo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda na Coruña; como suplente: Julio Fraga Mato, xefe do Servicio de Deportes na Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública na Coruña.

Francisco Javier Mato Pet; como suplente: Enrique Calvete Pérez.

Marta Bosch Pibernat; como suplente: Juan S. López Lagares.

Guillermo Álvarez Ropero; como suplente: Laura Rodríguez Sastre.

María José Varela Neira; como suplente: Manuel Fernández Siso.

Luis Vázquez Rodríguez; como suplente: Francisco Julio Cerviño González.

-Concello do Porriño (Pontevedra).

Presidente: José Manuel Barros González, alcalde-presidente do Concello do Porriño; como suplente: Gonzalo Ordoñez Puime, primeiro tenente alcalde do Concello do Porriño.

Vocais:

Castor Conde Balado, xefe do Servicio de Coordinación para a Reforma Administrativa na Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública en Pontevedra; como suplente: Antonio López Vidal, interventor da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda en Pontevedra.

Secretario: Juan González Domínguez, secretario do Concello do Porriño; como suplente: Manuel Cudeiro Mazaira, técnico de Administración xeral.

Tesourerías

-Concello de Oleiros (A Coruña)

Presidente: María Esther Pita Pita; como suplente: Alfredo Novoa Gil.

Vocais:

Isabel Marín Ordoqui, xefa do Servicio de Coordinación Administrativa na Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública na Coruña; como suplente: Teresa Morán Calero, xefa da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e o Solo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda na Coruña.

Francisco Javier Mato Pet; como suplente: Enrique Calvete Pérez.

Marta Bosch Pibernat; como suplente: Juan S. López Lagares.

Guillermo Álvarez Ropero; como suplente: Laura Rodríguez Sastre.

María José Varela Neira; como suplente: Manuel Fernández Siso.

Luis Vázquez Rodríguez; como suplente: Francisco Julio Cerviño González.

-Concello de Bueu (Pontevedra)

Presidente: Xosé Novás Piñeiro, alcalde-presidente do Concello de Bueu ou concelleiro en quen delegue.

Vocais:

Aurora Cerviño Otero, primeira tenente alcalde ou concelleiro en quen delegue.

Luis Mª Bermúdez de la Puente, funcionario de habilitación nacional, secretario do Concello de Sanxenxo, que actuará como secretario do tribunal; como suplente: José Riesgo Boludo, funcionario de habilitación nacional, secretario do Concello de Cangas.

Ana Mª Begoña Merino Gil, funcionaria de habilitación nacional, secretaria do Concello de Gondomar; como suplente: Mª José Blanco Blanco, funcionaria de habilitación nacional, interventora do Concello de Gondomar.

Miguel Santirso Fernández, funcionario de habilitación nacional, tesoureiro do Concello do Porriño;

como suplente: Mª Herculina Domínguez Martín, funcionaria de habilitación nacional, interventora do Concello de Mos.

Juan Bernardo López, xefe do servicio de Contratación da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Ganderia e Montes en Pontevedra; como suplente: Isabel Cerqueira Ozores, secretaria da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais en Pontevedra.

-Concello de Bueu (Pontevedra)

Presidente: Xosé Novás Piñeiro, alcalde-presidente do Concello de Bueu ou concelleiro en quen delegue.

Vocais:

Aurora Cerviño Otero, primeiro tenente alcalde ou concelleiro en quen delegue.

Luis Mª Bermúdez de la Puente, funcionario de habilitación nacional, secretario do Concello de Sanxenxo, que actuará como secretario do tribunal; como suplente: José Riesgo Boludo, funcionario de habilitación nacional, secretario do Concello de Cangas.

Ana Mª Begoña Merino Gil, funcionaria de habilitación nacional, secretaria do Concello de Gondomar; como suplente: Mª José Blanco Blanco, funcionaria de habilitación nacional, interventora do Concello de Gondomar.

Miguel Santirso Fernández, funcionario de habilitación nacional, tesoureiro do concello do Porriño; como suplente: Mª Herculina Domínguez Martín, funcionaria de habilitación nacional, interventora do Concello de Mos.

Mª Cruz Tomé Navas, xefa do servicio provincial de Transportes na delegación provincial da Consellería de Política Territorial, obras Públicas e Vivenda en Pontevedra; como suplente: Julio Taboada Pérez, secretario da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo.

Secretarias de 2ª

-Concello de Cerceda (A Coruña)

Presidente: José García Liñares, alcalde-presidente do Concello de Cerceda ou membro da corporación en quen delegue.

Vocais:

Francisco Javier Castiñeiras Izquierdo, secretario do Concello de Santiago de Compostela, que actuará como secretario do tribunal.

Julio Fraga Mato, xefe do Servicio de Deportes na Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública na Coruña; como suplente: Isabel Marín Ordoqui, xefa do Servicio de Coordinación Administrativa na Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública na Coruña.

-Concello de Rois (A Coruña)

Presidente: Enrique José Tojo Blanco, alcalde-presidente do Concello de Rois ou concelleiro en quen delegue.

Vocais:

Luis Castromán Santos, tenente alcalde do Concello de Rois.

Elias Vázquez Puentes, secretario do Concello de Padrón.

José Mª Ameijenda Cuns, interventor do Parlamento de Galicia.

Yolanda Otero Escudeiro, xefa de Sección de Persoal Funcionario da Dirección Xeral da Función Pública na Consellería da Presidencia e Administración Pública en Santiago de Compostela; como suplente: Ramón del Valle López, xefe de Sección de Incompatibilidades da Dirección Xeral da Función Pública na Consellería da Presidencia e Administración Pública en Santiago de Compostela.

Secretario: será designado polo propio tribunal, unha vez constituído entre os seus membros.

-Concello de Cambados (Pontevedra)

Presidente: Santiago Tirado Serén, alcalde do Concello de Cambados; como suplente: José Manuel Cores Tourís, primeiro tenente de alcalde do Concello de Cambados.

Vocais:

Belén Queizán Piñeiro, xefe do Servicio de Consumo na Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra; como suplente: Enrique Sarmiento Gómez, letrado do Gabinete Xurídico Territorial na Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública en Pontevedra.

Luis Bermúdez de la Puente Villalva, secretario de Concello de Sanxenxo; como suplente: Mª Teresa Escudero Barral, secretaria do Concello de Meaño.

Manuel Alija Rodríguez, secretario do Concello do Grove que fará as funcións de secretario do tribunal; como suplente: Mª Dolores Franco Mateo, secretaria do Concello de Ribadumia.

Antonio Pombo Pérez, concelleiro delegado de Persoal; como suplente: Rosa Oubiña Solla, concelleira delegada de Cultura.

-Concello da Guarda (Pontevedra)

Presidente: Purificación Álvarez Álvarez, alcaldesa-presidenta do Concello da Guarda; como suplente: Rául González Puebla, primeiro tenente de alcalde do Concello da Guarda.

Vocais:

Carlos Cuadrado Romay, vicesecretario da Deputación Provincial de Pontevedra; como suplente: Jesús Fernández Chao, tesoureiro da Deputación Provincial de Pontevedra.

Luis Muíños Vidueira, letrado do Gabinete Xurídico Territorial na Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública en Pontevedra; como suplente: Manuel Rodríguez Campos, letrado do Gabinete Xurídico Territorial na Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública en Pontevedra.

Secretario: Rogelio Niciera de la Cerra, secretario da Deputación Provincial de Pontevedra; como suplente: Antonio Graña Gómez, viceinterventor da Deputación Provincial de Pontevedra.

-Concello de Valga (Pontevedra)

Presidente: José Mª Bello Maneiro, alcalde do Concello de Valga; como suplente: Román Castro Castromán, primeiro tenente alcalde do Concello de Valga.

Vocais:

Ángeles Herrero Pérez, xefa do Servicio de Turismo na Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública en Pontevedra; como suplente: Carlos Beloso Rasgado, director da residencia Altamar de Vigo.

Mª José Magariños Magariños, terceira tenente de alcalde do Concello de Valga; como suplente: José Castaño Castiñeiras, segundo tenente de alcalde do Concello de Valga.

Elias Vázquez Puentes, secretario do Concello de Padrón; como suplente: José Mª Pastor García, secretario do Concello de Vilaboa.

José Juan Vidal Vilanova, interventor do Concello de Sanxenxo; como suplente: Francisco Crusat López, interventor do Concello de Nigran.

Secretario: Será designado polo tribunal, unha vez constituido, entre os seus membros.

Intervencións de 2ª

-Concello de Bueu (Pontevedra).

Presidente: Xosé Novás Piñeiro, alcalde-presidente do Concello de Bueu ou concelleiro en quen delegue.

Vocais:

Aurora Cerviño Otero, primeiro tenente alcalde ou concelleiro en quen delegue.

Luis Mª Bermúdez de la Puente, funcionario de habilitación nacional, secretario do Concello de Sanxenxo, que actuará como secretario do tribunal; como suplente: José Riesgo Boludo, funcionario de habilitación nacional, secretario do Concello de Cangas.

Ana Mª Begoña Merino Gil, funcionaria de habilitación nacional, secretaria do Concello de Gondomar; como suplente: Mª José Blanco Blanco, funcionaria de habilitación nacional, interventora do Concello de Gondomar.

Miguel Santirso Fernández, funcionario de habilitación nacional, tesoureiro do Concello do Porriño; como suplente: Mª Herculina Domínguez Martín, funcionaria de habilitación nacional, interventora do Concello de Mos.

Antonio López Vidal, interventor da delegación provincial da Consellería de Economía e Facenda en Pontevedra; como suplente: Castor Conde Balado, xefe do Servicio de Coordinación para a Reforma Administrativa na Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública en Pontevedra.

-Concello de Cambados (Pontevedra)

Presidente: Santiago Tirado Serén, alcalde-presidente do Concello de Cambados; como suplente: José Manuel Cores Tourís, primeiro tenente alcalde do Concello de Cambados.

Vocais:

Mª Teresa Galisteo de la Fuente, interventora da delegación territorial da Consellería de Economía e Facenda en Vigo; como suplente: Juan Bernardo López, xefe do servicio de Contratación na Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en Pontevedra.

Manuel Bereijo Crego, interventor do Concello de Vilagarcía de Arousa; como suplente: Carlos Moure Vieiro, secretario do Concello de Vilanova de Arousa.

Luis Bermúdez de la Puente Villalva, secretario do Concello de Sanxenxo que actuará como secretario do tribunal; como suplente: Manuel Alija Rodríguez, secretario do Concello do Grove.

Antonio Pombo Pérez, concelleiro delegado de Persoal; como suplente: Rosa Oubiña Solla, concelleira delegada de Cultura.

-Concello da Guarda (Pontevedra)

Presidente: Purificación Álvarez Álvarez, alcaldesa-presidenta do Concello da Guarda; como suplente: Raúl González Puebla, primeiro tenente alcalde do Concello da Guarda.

Vocais:

Carlos Cuadrado Romay, vicesecretario da Deputación Provincial de Pontevedra; como suplente: Jesús Fernández Chao, tesoureiro da Deputación Provincial de Pontevedra.

Julio Taboada Pérez, secretario da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo; como suplente: Mª Teresa Galisteo de la Fuente, interventora da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda en Vigo.

Secretario: Rogelio Niciera de la Cerra, secretario da Deputación Provincial de Pontevedra; como suplente: Antonio Graña Gómez, viceinterventor da Deputación Provincial de Pontevedra.

Secretarias de 3ª

-Concello de Carnota (A Coruña)

Presidente: José Domingo Oreiro, alcalde-presidente do Concello de Carnota.

Vocais titulares:

Xosé Manuel García Martínez, concelleiro do concello.

Miguel Santirso Fernández, tesoureiro do concello do Porriño.

José Martínez Dovale, secretario do Concello de Santa Comba.

Ramón del Valle López, xefe de Sección de Incompatibilidades na Dirección Xeral da Función Pública

da Consellería da Presidencia e Administración Pública en Santiago de Compostela

Vocais suplentes:

José María Baños Campo, interventor do Concello de Boiro.

Joaquín Monteagudo Romero, secretario do Concello de Muros.

Mª Teresa Escudero Barral, secretaria-interventora do Concello de Meaño.

Susana Castro Barral, funcionaria do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia na Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública en Santiago de Compostela.

Secretaria: Ana Echeandía Mota, secretaria do Concello de Noia ou funcionario de habilitación nacional en quen delegue.

-Concello de Oroso (A Coruña)

Presidente: Eugenio Neira García, alcalde-presidente do Concello de Oroso; como suplente: Edmundo Castro Vázquez.

Vocais:

José Manuel Piñeiro Amigo, secretario de categoría de entrada con destino no Concello de Ordes, que asumirá as funcións de secretario do tribunal; como suplente: José María Blanco Rey.

Manuel Castro Carballal, secretario de categoría superior con destino no Concello de Lalín; como suplente: Ana Cerro del Río.

Pilar Pastor Novo, secretaria do Concello de Zas; como suplente: Juan Luis González Iglesias.

Mª Luisa López López, funcionaria de Administración local con habilitación de carácter nacional.

-Concello de Paderne (A Coruña).

Presidente: José Luis Pico Espiñeira, alcalde-presidente do Concello de Paderne; como suplente: Francisco Cal Ansede, primeiro tenente alcalde de Concello de Paderne.

Vocais:

María de las Mercedes Fernández González, secretaria do Concello de Bergondo que actuará como secretaria do tribunal; como suplente: Antonio Gómez-Iglesias Casal, secretario do Concello de Coirós.

Consuelo Cancelada Fraga, xefa de sección de Información Administrativa na Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública na Coruña; como suplente: Julio Fraga Mato, xefe do Servicio de Deportes na Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública na Coruña.

-Concello de Vilarmaior (A Coruña).

Presidente: José Benito Souto Lourido, alcalde-presidente do Concello de Vilarmaior; como suplente: Gerardo Romeo Gómez, primeiro tenente alcalde do Concello de Vilarmaior.

Vocais:

Baldomero Beceiro Alonso, secretario do Concello de Monfero; como suplente: Ana Mª Cacharrón Castelos, secretaria do Concello de Cariño.

José Enrique Herrero de Padura, secretario da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública na Coruña; como suplente: Consuelo Cancelada Fraga, xefa de Sección de Información Administrativa na Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública na Coruña.

-Concello de San Cibrao das Viñas (Ourense)

Presidente: Elisa Nogueira Méndez, alcaldesa-presidente do Concello de San Cibrao das Viñas; como suplente: Celso Cid Sequeiros, primeiro tenente alcalde do Concello de San Cibrao das Viñas.

Vocais:

Manuel Pedro Fernández Moreiras, segundo tenente alcalde do concello; como suplente: José Méndez Grande, terceiro tenente alcalde do concello.

Olga Dourado González, secretaria-interventora do Concello de Lobeira que actuará como secretaria do tribunal; como suplente: Santiago Mansilla Vázquez, secretario-interventor do Concello de Cea.

Mª del Carmen García Pérez, secretaria-interventora do Concello de Sandiás; como suplente: José Antonio Jardón Dacal, secretario-interventor do Concello de Coles.

Ramón Mariño Rivas, delegado provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública en Ourense; como suplente: Elena Barca Ramos, xefa do Servicio de Relacións Laborais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Ourense.

-Concello de San Cristovo de Cea (Ourense)

Presidente: José Luis Valladares Fernández, alcalde-presidente do Concello de San Cristovo de Cea; como suplente: José Manuel Rodríguez Rodríguez.

Vocais titulares:

Enrique Carballo Rodríguez, que actuará como secretario do tribunal.

Gabriel Vázquez García.

Jaime Xisto García.

Manuel Bouzas Costa, letrado da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública en Ourense.

Vocais suplentes:

Adamantino Barreiro García.

Juan Fonseca Moretón.

Julio Balboa Durán, letrado da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública en Ourense.

-Concello de Viana do Bolo (Ourense)

Presidente: Neftalí Prieto Barrios, alcalde-presidente do concello.

Vocais:

Gloria Luis Santamarina, secretaria-interventora do Concello da Veiga; como suplente: José Luis Mato Rodríguez, secretario-interventor do Concello de Montederramo.

Ramón Mariño Rivas, delegado provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública en Ourense; como suplente: José E. Rivera Sáez, secretario da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda en Ourense.-Secretario: Actuará o vocal de menor idade.

-Concello de Vilar de Santos (Ourense)

Presidente: Xosé A. Jardón da Cal, alcalde-presidente do Concello de Vilar de Santos; como suplente: Sabela Rodríguez Jardón, tenente alcalde do Concello de Vilar de Santos.

Vocais:

Isabel Colmenero Veloso, secretaría-interventora do Concello de San Cibrao das Viñas; como suplente: Jaime González Méndez, secretario-interventor do Concello de Vilar de Barrio.

Maximino Jardón Pedrás, secretario-interventor do Concello de Allariz; como suplente: Mª del Carmen García Pérez, secretaria-interventora do Concello de Sandiás.

Agustín Gándara Montero, secretario da delegación provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública en Ourense; como suplente: Carmen Viñuales Castro, xefa do Servicio de Coordinación para a Reforma Administrativa na Consellería da Presidencia e Administración Pública en Ourense.

Secretario: Cástor Mariño Saez, secretario-interventor do Concello de Esgos; como suplente: María Milagros Calvo Carballo, secretaria-interventora do Concello de San Xoán de Río.

-Concello de Ribadumia (Pontevedra).

Presidente: José R. Barral Martínez, alcalde-presidente do Concello de Ribadumia; como suplente: Guillermo Chantrero Rodríguez.

Vocais:

Jaime Morales Piñeiro, secretario da Delegación Provincial da Consellería da Presidencia e Administración Pública en Pontevedra; como suplente: Cristina del Olmo Casalderrey, xefa de Sección de Persoal na Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en Pontevedra.

Carmen Merino Mohíno, secretaria do Concello de Meis que actuará como secretaria do tribunal; como suplente: Trinidad Rodríguez Suárez, secretaria do Concello de Cesures.

Mercedes Calvo Vigo, secretario do Concello de Portas; como suplente: Xesús Rodríguez Castro, secretario do Concello de Barro.

Mª Teresa Escudero Barral, secretaria do concello de Meaño; como suplente: Luis Bermúdez de la Puente, secretario do Concello de Sanxenxo.

97-2024