Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 1997 Páx. 2.353

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 11 de marzo de 1997, dos tribunais número 1 e 2 designados para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia (grupo B) convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 26 de decembro de 1995 (DOG do 11 de xaneiro de 1996), polo que se fixa a data, a hora e o lugar de celebración do terceiro exercicio das devanditas probas selectivas.

Advertido erro na devandita resolución, publicada no DOG nº 50, do pasado xoves 13 de marzo, cómpre face-la oportuna corrección:

Na páxina 2.275, punto 1, onde di: «...ás 18.30 horas, nos salóns de actos grande e pequeno..., en chamamento único.», debe dicir: «...ás 18.30, no salón de actos grande da Consellería da Presidencia e Administración Pública (edificio administrativo San Caetano, nº 1, de Santiago de Compostela), para os opositores correspondentes ó tribunal nº 1 e no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela) para os opositores correspondentes ó tribunal nº 2, en chamamento único.».

1793