Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Venres, 14 de marzo de 1997 Páx. 2.353

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, relativos á baremación da fase de concurso.

O apartado 23 da base sexta B) das resolucións do 18 de maio de 1995 (DOG nº 99, do 25 de maio) e do 19 de xuño de 1995 (DOG nº 122, do 27 de xuño) da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do organismo, dispón que, realizada polos tribunais a baremación correspondente á fase de concurso, se publicará esta no Diario Oficial de Galicia con indicación da puntuación obtida por cada aspirante no apartado de experiencia e no de formación, así como a valoración total da fase de concurso para os efectos de que os aspirantes que o consideren oportuno poidan presentar reclamación perante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da dita baremación.

Xa que logo, os tribunais das categorías de auxiliar de enfermería, celador, TEL, TER, TEAP, cociñeiro, mecánico, calefactor, telefonista e electricista teñen rematada a dita baremación, polo que comisionado este centro directivo para a publicación do dito anuncio,

RESOLVE:

Primeiro.-Publica-las puntuacións obtidas polos aspirantes das devanditas categorías relativas á baremación da fase de concurso, no apartado de experiencia e no de formación, así como a súa valoración total.

Segundo.-Abri-lo prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para que os ditos aspirantes poidan presentar, de se-lo caso, reclamación perante o propio tribunal contra a baremación.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 1997.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

1720