Padecido erro material na Resolución do 22 de xaneiro de 1997, publicada no BOE número 44 do 20 de febreiro, pola que se procedía á substitución do presidente da comisión xulgadora da praza 75/1992 do corpo de catedráticos de universidade, da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación, convocada a concurso de acceso por Resolución do 16 de novembro de 1992.
Visto o artigo 105 da Lei 30/1992, de 26 de novembro (BOE do 27), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, este rectorado resolveu proceder a revogación da Resolución do 22 de xaneiro de 1997 (BOE do 20 de febreiro).
Vigo, 28 de febreiro de 1997.
José Antonio Rodríguez Vázquez
Rector da Universidade de Vigo
841