Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 1997 Páx. 2.280

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (155/1993).

En autos de executivo outros títulos nº 155/1993, que se segue por instancia do Banco Bilbao Vizcaya, representado polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, contra Carmen Gendra Otero e Mª del Carmen Sánchez Gendra, dictouse a seguinte providencia maxistrado-xuíz, Pantín Reigada.

Santiago de Compostela, catro de marzo de mil novecentos noventa e sete.

Publíquense edictos no Diario Oficial de Galicia co fin de facerlles saber ós posibles licitadores que,

ó se tratar dunha vivenda de protección oficial de promoción pública, sometida ó réxime que establece o Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro, polo que os ingresos do adquirinte non poden exceder de 2,5 veces o salario mínimo interprofesional, e está obrigado a dedica-la vivenda a residencia habitual e permanente, e que se deben respecta-los dereitos de adquisición preferente recoñecidos á Administración.

Mándao e asínao a S.Sª e dou fe.

O maxistrado-xuíz, perante mín.

E para que conste e publicala no Diario Oficial de Galicia, xunto co edicto no que se acorda que teñan lugar as poxas, expido a presente cédula que asino e selo en Santiago de Compostela a catro de marzo de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

1099