Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 1997 Páx. 2.279

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (318/1995).

Fco. Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela.

Fago saber que neste xulgado se seguen autos de procedemento xuízo executivo, baixo o número 318/1995, por instancia de Proxectos e Estudios de Galicia, S.L., representado pola procuradora Sánchez Silva, contra Justo Amaro Merelles e Constantino Álvaro Pita González, representados polo procurador Cuns Nuñez, nos cales se acordou sacar a poxa pública, por termo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Primeira. Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o próximo día 18 de abril, ás 10.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, polo tipo de 250.000 pesetas.

Segunda. Para o suposto de que resultase deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o próximo día 19 de maio, ás 10.30 horas, na sala de audiencia deste xulgado, coa rebaixa do 25 por cento do tipo que o foi para a primeira.

Terceira. Se resultase deserta a segunda, sinalaouse para a terceira poxa o próximo día 19 de xuño, ás 10.30 horas na sala de audiencia deste xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta. Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta. Para tomar parte en calquera das tres poxas tódolos licitadores, a excepción do acredor deman

date, deberán consignar previamente o 20 por cento do tipo para ser admitidos á licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto ó tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente o procedemento seguinte: 1584-0318-1995, presentando o resgardo de ingreso.

Sexta. Poderán facerse ofertas en prego pechado.

Sétima. En caso de que tivese que suspenderse calquera das tres poxas trasládase a súa celebración á mesma hora para o día seguinte hábil dentro da semana en que se sinalase a poxa suspendida.

Oitava. Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes na poxa, agás a que corresponda ó mellor postor, que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga e, se é o caso, como parte do prezo da venda.

Novena. Se o acredor o pedise, ata o mesmo momento da celebración da poxa tamén podrán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por se o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate os outros ofertantes e sempre pola orde deles.

Décima. O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor, no predio ou predios poxados e, se é o caso, a publicación dos presentes edictos serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto de poxa:

1. Vehículo Toyota, modelo MR2, matrícula: M-2526-HJ.

Valorado en: 250.000 pesetas.

Dado en Santiago de Compostela a dezanove de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

1801