Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 1997 Páx. 2.279

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (270/1994).

Nos autos que máis arriba se expresan, seguidos por instancia do procurador Cambón Penedo, en nome e representación de Allianz-Ras, Seguros e Reaseguros, S.A., contra José Manuel Ramos Fernández, Manuel Fernández Rodríguez e Cía. de Seguros U.A.P. Ibérica, dictourse con data do 15 de xuño de 1995 sentencia que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«En Carballo o quince de xuño de mil novecentos noventa e cinco. Vistos por Margarita Pazos Pita, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo e o seu partido, os autos de xuízo verbal número 270/1994, promovidos por Allianz-Ras, Seguros e Reaseguros, S.A., representado polo procurador Carlos Cambón Penedo contra José Manuel Ramos Fernández, Manuel Fernández Rodríguez e Cía de Seguros U.A.P. Ibérica, representados estes últimos pola procuradora Narcisa Buño Vázquez.

Decido que, estimando parcialmente a demanda presentada polo procurador Carlos Cambón Penedo, en nome e representación de Allianz-Ras, Seguros y Reaseguros, S.A., contra José Manuel Ramos Fernández, declarado en rebeldía, Manuel Fernández Rodríguez e Compañía de Seguros U.A.P. Ibérica, debo declarar y declaro que os demandados están

obrigados solidariamente a indemnizar á demandante na cantidade de noventa e tres mil seiscentas sete pesetas (93.607 ptas.), e condeno así mesmo os demandados a estar e pasar por tal declaración baixo apercibimento de constrinximento. Todo iso sen facer expresa imposición das custas procesuais. Contra esta sentencia cabe recurso de apelación no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación na forma en que dispón o artigo 733 da Lei de axuizamento criminal, Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, así como para a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado, e para que sirva de notificación en forma ó demandado rebelde José Manuel Ramos Fernández, domiciliado en Lendo-Retorno (Laracha), expídese o presente edicto en Carballo o oito de novembro de mil novecentos noventa e seis.

A xuíza

Rubricado

1492