Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 1997 Páx. 2.278

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (336/1993).

Nos autos que máis arriba se expresan, seguidos por instancia da procuradora Buño Vázquez, en nome e representación de María Silvia Lema Pérez, contra Ernesto César Garaza Pereira, sendo parte o Ministerio Fiscal, dictouse con data 16 de novembro de

1994 sentencia que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente di:

«En Carballo dezaseis de novembro de mil novecentos noventa e catro. Vistos por Mª Carmen Vázquez Borrazas, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo e o seu partido, os autos de separación conxugal nº 336/1993, promovido por Mª Silvia Lema Pérez, representada pola procuradora Buño Vázquez contra Ernesto César Garaza Pereira, declarado en rebeldía, e contra o Ministerio Fiscal.

Decido que desestimando integramente a demanda deducida por Mª Silvia Lema Pérez contra Ernesto César Garaza Pereira, debo absolver e absolvo o dito demandado de tódolos pedimentos dela. Todo iso sen facer especial declaración de custas».

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, así como para a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado, e para que sirva de notificación den forma ó demandado rebelde Ernesto César Garaza Pereira, con DNI/CIF domiciliado en (), a quen se lle fai saber que a dita sentencia non é firme, que contra ela cabe interpor recurso de apelación no prazo de cinco días perante este xulgado, expídese o presente edicto en Carballo o vinte de setembro de mil novecentos noventa e seis.

A xuíza

Rubricado

O secretario

Rubricado

8923