Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 1997 Páx. 2.278

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (142/1993).

Nos autos que máis arriba se expresan, seguidos por instancia do procurador Ulloa Ramos, en nome e representación de Iberia Cía. Anónima de Seguros Generales, contra Javier Rey Cernadas e Europa, Compañía de Seguros, dictouse con data 29 de xullo de 1994 sentencia que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«En Carballo o vintenove de xullo de mil novecentos noventa e catro. Vistos por Margarita Encarnación Pazos Pita, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo e o seu partido, os autos de xuízo verbal civil número 142/1993, promovido por Iberia Cía. Anónima de Seguros Generales, representado polo procurador Juan Ulloa Ramos contra Javier Rey Cernada e Europa, Compañía de Seguros, representado esta último por Narcisa Buño Vázquez sendo declarado en rebeldía o demandado Javier Rey Cernadas.

Decido que desestimo a excepción de inadecuación de procedemento alegada e estimando a demanda presentada polo procurador Juan Ulloa Ramos en nome e representación da compañía aseguradora Iberia Compañía Anónima de Seguros Generales, contra Javier Rey Cernadas, declarado en rebeldía, e a Compañía Aseguradora Europa, debo condenar e condeno os codemandados a aboar conxunta e solidariamente ó actor a suma de 218.837 pesetas, maís os gastos de remolque que ascende a 20.125 pesetas, máis os xuros legais da dita suma desde a data de interpelación xudicial para o codemandado persoa física e todo iso con expresa imposición ós codemandados das custas procesuais. Contra esta sentencia cabe recurso de apelación no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación na forma en que dispón o artigo 733 da LAC. Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e para a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado, e para que sirva de notificación en forma ó demandado rebelde Javier Rey Cernadas, domiciliado na rúa Andrés Gaos, 26-5º I (A Coruña), expídese o presente edicto en Carballo o vinte de setembro de mil novecentos noventa e seis.

A xuíza

Rubricado

7103