Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 1997 Páx. 2.278

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (234/1992).

Nos autos que máis arriba se expresan, seguidos por instancia do procurador Ulloa Ramos, en nome e representación de Banco Popular Español, S.A., contra Manuel Leis Rodríguez e Purificación Mouzo Castro, dictouse con data de 12 de xullo de 1995, sentencia que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«Vistos por Margarita Encarnación Pazos Pita, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo e o seu partido, pronunciou en nome de El-Rei a seguinte sentencia.

En Carballo o doce de xullo de mil novecentos noventa e cinco. En autos de xuízo executivo seguidos ó número 234 de 1992, por instancia de Banco Popular Español, S.A., representado polo procurador Ulloa Ramos contra Manuel Leis Rodríguez e Purificación Mouzo Castro, declarados en rebeldía, sobre reclamación de cantidade.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada contra os bens dos demandados Manuel Leis Rodríguez e Purificación Mouzo Castro, declarados en rebeldía, ata facer trance e remate deles e co seu producto enteiro e cumprido pagamento ó actor Banco Popular Español, S.A., da cantidade de 245.840 ptas. que lle deben á referida entidade, máis 200.000 ptas. que se calculan para xuros, gastos e custas. Todo iso sen prexuízo da liquidación definitiva que se practique no seu día. Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, así como para a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado, e para que sirva de notificación en forma ós demandados rebeldes Manuel Leis Rodríguez, domiciliado en Suxo, Osón, Muxía (A Coruña) e Purificación Mouzo Castro con DNI/CIF, domiciliada en Suxo, Osón, Muxía (A Coruña), ós que se lles fai saber que a dita sentencia non é firme, que contra ela cabe interpor recurso de apelación no termo de cinco días perante este xulgado, expídese o presente edicto en Carballo o vinte de setembro de mil novecentos noventa e seis.

A xuíza

Rubricado

7102