Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 1997 Páx. 2.277

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (272/1995).

Nos autos que máis arriba se expresan, seguidos por instancia do procurador Ulloa Ramos, en nome e representación de María Borrazás Esmorís, contra José Antonio Crespo Míguez e Ministerio Fiscal, dictouse con data do 2 de setembro de 1996 a sentencia que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«En Carballo o dous de setembro de mil novecentos noventa e seis. Vistos por Margarita Encarnación Pazos Pita, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia

e Instrucción número dous de Carballo e o seu partido, os autos de divorcio número 272/1995 promovido por María Borrazás Esmorís, representada polo procurador Juan Ulloa Ramos (de oficio), contra José Antonio Crespo Míguez, declarado en rebeldía, sendo parte o Ministerio Fiscal.

Resolvo que, estimando a demanda presentada polo procurador Juan Ulloa Ramos, en nome e representación de María Borrazás Esmorís, contra José Antonio Crespo Míguez, declarado en rebeldía, sendo parte o Ministerio Fiscal, debo decretar e decreto a disolución por divorcio do matrimonio formado por José Antonio Crespo Míguez e María Borrazás Esmorís, con tódolos efectos legais inherentes á dita declaración e, en especial, os seguintes:

1. Atribúeselle a garda e custodia do fillo menor de idade, José Manuel, sen prexuízo da patria potestade compartida por ámbolos proxenitores e do dereito que asiste o pai para se comunicar co seu fillo, visitalo e telo na súa compaña, a María Borrazás Esmorís. En canto a este último extremo, réxime de visitas, haberá que aterse ós acordos que libremente adopten ámbolos proxenitores tendo sempre en conta o maior beneficio do menor e, en defecto de acordo, establécese o seguinte réxime de visitas: José Antonio Crespo Míguez poderá visita-lo seu fillo e telo na súa compaña a primeira fin de semana de cada mes, desde as 10 horas do sábado ata as 20 horas do domingo, debendo recollelo e restituílo ó fogar que ocupe coa súa nai así como a metade dos períodos vacacionais de Nadal, Semana Santa e verán, elixindo os períodos os anos pares a nai e os anos impares o pai.

2. Atribúeselle o uso e desfrute da vivenda familiar sita no lugar do Pereiro, parroquia de Lemaio, concello de Laracha, e dos obxectos de uso ordinario nela, ó fillo menor de idade, José Manuel, é ó cónxuxe na compaña do que queda, isto é, María Borrazás Esmorís.

3. José Antonio Crespo Miguez aboaralle á demandante, para alimento do fillo menor de idade, a cantidade de 9.000 ptas. mensuais, suma que terá que satisfacer dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta bancaria que para o efecto designe a demandante e que será actualizada anualmente conforme as variacións que experimente o IPC establecido polo INE ou organismo que o substitúa.

4. Decrétase a disolución do réxime económico matrimonial.

5. Non se fai expresa imposición das custas procesuais.

Contra esta sentencia, que non é firme, cabe recurso de apelación no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, que lle será notificada á parte demandada declarada en rebeldía na forma que prevé o artigo 283 da Lei procesual, de non ser solicitada pola parte demandante a notificación persoal no prazo de cinco días. Lévese testemuño desta resolución ós autos a que se refire o orixinal ó libro de sentencias que se leva neste xulgado. Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, así como para a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado, e para que lle sirva de notificación en forma ó demandado rebelde, José Antonio Crespo Míguez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto en Carballo o dezaseis de setembro de mil novecentos noventa e seis.

A xuíza

Rubricado

O secretario

Rubricado

7101