Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 1997 Páx. 2.277

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (296/1995).

Nos autos que máis arriba se expresan, seguidos por instancia da procuradora Buño Vázquez, en nome e representación de Manuel Ángel Dobarro Rama, contra María Angélica López Escalona, dictouse, con data do 18 de abril de 1996, sentencia que contén o encabezamento e parte dispositiva que literalmente din:

«En Carballo o dezaoito de abril de mil novecentos noventa e seis. Vistos por Margarita Encarnación Pazos Pita, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo e o seu partido, os autos de divorcio número 296/1995, promovido por Manuel Ángel Dobarro Rama, representado pola procuradora Narcisa Buño Vázquez (de oficio) contra María Angélica López Escalona, declarada en rebeldía.

Resolvo que, estimando a demanda presentada pola procuradora Narcisa Buño Vazquez, en nome e representación de Manuel Ángel Dobarro Rama, contra María Angélica López Escalona, declarada en rebeldía, debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio formado polos expresados, con tódolos efectos legais inherentes á dita declaración e, en especial, a disolución do réxime económico matrimonial. Todo iso sen facer expresa imposición das custas procesuais. Contra esta sentencia cabe recurso de apelación no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación. Así, por esta miña sentencia definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E en cumprimento do acordado, para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado, e para que sirva de notificación en forma á demandada rebelde María Angélica López Escalonada, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto en Carballo o trinta de abril de mil novecentos noventa e seis.

A xuíza

Rubricado

O secretario

Rubricado

6916