De conformidade coa proposta elevada pola comisión designada para xulga-lo concurso convocado por resolución desta universidade do 1 de febreiro de 1996 (BOE do 4 de marzo), para a provisión da praza número 96/017 de catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de construccións navais, departamento de Construccións Navais, a favor de José María de Juan-García Aguado, e unha vez acreditado polo interesado os requisitos a que alude o apartado 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro,
Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José María de Juan-García Aguado catedrático de escola universitaria da área de coñecemento de construccións navais, do departamento de Construccións Navais, desta universidade.
A Coruña, 26 de febreiro de 1997.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña
3585