Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Xoves, 13 de marzo de 1997 Páx. 2.280

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (155/1993).

Eu, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado do meu cargo, baixo o número 155/1993, se seguen autos de executivo outros títulos, por instancia do procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, en representación de Banco Bilbao Vizcaya, contra Carmen Gendra Otero e Mª del Carmen Sánchez Gendra, en reclamación de cantidade, e nas súas actuacións acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, polo prazo de vinte días e prezo de valoración pericial o seguinte predio embargado ás demandadas:

-Dereitos que lles correspondan ás demandadas sobre a vivenda sita en Santiago de Compostela, rúa Touro 49, 1º esquerda da Almáciga. Inscrita a favor da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia. Consta de vestíbulo, corredor, cociña, tendedeiro, comedor, cuarto de baño, xeral, dormitorio dobre e dormitorio principal.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena nº 2 do polígono das Fontiñas, o próximo día 15 de abril ás once horas, de acordo coas seguintes condicións:

1. O tipo do remate será de 3.300.000 ptas., sen que se admitan licitacións que no cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para poder tomar parte na licitación os licitadores deberán consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado no BBV nº conta 1592/17/155/93 o vinte por cento do tipo de remate.

3. Poderán facerse licitacións por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na mesa do xulgado, xunto con aquel, o vinte por cento do tipo do remate.

4. Só a parte demandante poderá face-lo remate en calidade de ceder a un terceiro.

5. Reservaranse en depósito, por instancia do acredor, as consignacións dos licitadores que non resultasen rematantes, e que o admitan ou cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que se o primeiro adxudicatario non cumprise a obriga, poida aprobarse o remate a favor dos que o sigan na orde das súas respectivas licitacións.

6. Os títulos de propiedade, suplidos por certificación do rexistro, encóntranse de manifesto na secretaría do xulgado, debendo os licitadores conformarse con eles, sen que poidan esixir outros.

7. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na súa responsabilidade, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o próximo día 15 de abril, ás once horas, nas mesmas condicións cá primeira, excepto o tipo do remate que será do setenta e cinco por cento do da primeira; e, no caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 11 de xuño, tamén ás once horas, rexendo para esta as restantes condicións fixadas para a segunda.

Dado en Santiago de Compostela o dez de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

840