Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 1997 Páx. 2.230

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 1997, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, dos acordos acadados pola comisión paritaria do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia nas súas reunións do 1 e 22 de outubro de 1996, en relación coa creación, inclusión e supresión de categorías no anexo II do convenio.

En cumprimento do disposto na normativa legal sobre rexistro e depósito de convenios colectivos

de traballo R.D. 1040/1981, artigo 2.e), para os efectos nel previstos, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o 24 de febreiro de 1997 a acta nº 3 do 1-10-1996 e a acta nº 4 do 22-10-1996, da comisión paritaria do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, así como unha certificación do seu secretario na que se fai consta-los acordos que reflictan a creación, inclusión e supresión de categorías no anexo II do convenio. A Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición dos devanditos acordos no rexistro correspondente desta dirección xeral.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 1997.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Na reunión da comisión paritaria do 1-10-1996 e 22-10-1996 adoptáronse os acordos que a seguir se relacionan sobre a creación, inclusión e supresión de categorías no anexo II do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

Grupo

Categoría

número

Categoría-denominación

I32Técnico superior en centros de arte
I33Coordinador de actividades museísticas
I34Coordinador do Departamento de Publicacións
I35Coordinador do Departamento de Comunicacións
III53Técnico en restauración cinematográfica
III101Proxeccionista
III102Encadernador
IV34Axudante de restauración e proxección

cinematográfica

IV35Auxiliar de arquivos e bibliotecas
IV36Auxiliar de museos
V10.e)Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos

1806