Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 1997 Páx. 2.228

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Orember, S.A. de Ourense.

Visto o texto da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Orember, S.A. (código nº 3200252) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial o día 14-2-1997, subscrito en representación da par

te económica empresa, e, da parte social, comité de empresa, o día 31-1-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo R.D. 1/1995, do 24 de marzo, R.D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivo de traballo e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 21 de febreiro de 1997.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Acta de acordo da comisión mixta do convenio colectivo da empresa Orember, S.A.

Ás 12.30 horas do día 31 de xaneiro de 1997, nos locais de Orember, S.A., no polígono industrial de San Cibrao das Viñas, reúnense as persoas a continuación relacionadas, integrantes da comisión paritaria do convenio de empresa de Orember, S.A., co obxecto de alcanzar un acordo sobre incremento dos conceptos económicos do ano 1997, de acordo co establecido no convenio da empresa, que con vixenci ata o 31 de decembro de 1998, foi subscrito por ámbalas dúas partes con data do 10 de setembro de 1996.

-Parte social:

Polo comité de empresa:

Manuel Gómez Lorenzo DNI nº: 34.910.257.

Manuel Conde Seoane DNI nº: 34.959.497.

-Parte empresarial:

Virgilio Romero Suárez DNI nº: 33.236.760.

Ramón Vázquez Lista DNI nº: 32.753.769.

Tralas consideracións que se estimaron oportunas formuladas por cada unha das partes a Comisión Mixta do convenio, adopta, por unanimidade, os seguintes acordos:

Primeiro.-O primeiro ano de vixencia pactouse e foi aplicado, un incremento económico do 3,75%, cun crecemento garantido do Índice de Prezos ó Consumo, (IPC) do ano 1996 incrementado nun 0,25%.

Como queira que o IPC de xaneiro a decembro non alcanza a cifra establecida do 3,5%, a partir da cal operaría a cláusula de salvagarda, non procede a regularización do incremento salarial correspondente a 1996.

Segundo.-Para 1997 segundo ano de vixencia do convenio estableceuse un incremento porcentual nas retribucións do 3,75% garantindo, en todo caso, un crecemento salarial do IPC do ano 1997, incrementado nun 0,25.

Ó igual ca no primeiro ano de vixencia aplicarase un incremento inicial do 3,75% con cláusula de regularización se a inflación acumulada do ano 1997 supera o 3,5% suposto no que o incremento económico se axustaría ata o valor real de inflacción máis un 0,25%.

Terceiro.-O presente acordo de incremento económico dos conceptos salariais tomará efectos desde

o un de xaneiro de 1997 e será de aplicación na nómina de xaneiro.

Cuarto.-As contías dos salarios base e o valor das horas extraordinarias son os recollidos nos anexos I e II que se acompañan á seguinte acta, unha vez aplicado o incremento do 3,75%, así como a compensación por antigüidade de 18.192 ptas., que xa figura incluída na contía dos salarios base de tódalas categorías.

O incremento do 3,75% aplicarase igualmente ós complementos ad personam.

Quinto.-Os valores do plus de locomoción son os que figuran no anexo III que manteñen os valores do ano 1996.

De conformidade co disposto no convenio colectivo, os incrementos correspondentes a este concepto económico serán destinados como achega obrigatoria do traballador ó plan de xubilación que deberá entrar en funcionamento a partir do ano 1998.

A cantidade de incremento do plus de locomoción correspondente ó ano 1997 será de 588 ptas. mensuais.

Esta cantidade resulta da actualización ó 3,75% do valor do plus de locomoción do ano 1996, e é o novo valor do plus para este ano de 9.304 ptas. Este valor é un promedio do plus de locomoción, con valor igual para tódalas categorías na empresa, establecido para efectos de determinar a achega obrigatoria dos traballadores ó plan.

Sexto.-Así mesmo, e de conformidade co establecido no artigo 32 do convenio, a antigüidade consolidada non sufrirá incremento nin diminución, quedando establecida no valor de 3.790 ptas. mensuais.

O importe da compensación pola supresión da antigüidade establecido en 18.192 ptas ano, foi incluído no valor dos salarios base das distintas categorías.

O plus de xornada recollido no artigo 34, por mes efectivamente traballado ascende ás seguintes contías:

-Plus de tres quendas: 12.238 ptas.

-Plus de catro quendas: 27.822 ptas.

-Plus de dúas quendas e xornada partida: 9.686 ptas.

En concepto de quebranto de moeda, os pagadores percibirán a cantidade mensual de 4.214 ptas.

A mellora social prevista no artigo 44 do convenio fíxase en 475 ptas.

Sétimo.-O importe do plus de especialidade de mantemento, unha vez aplicado o incremento do convenio terá os seguintes valores:

-Oficial 1ª e 2ª: 28.531 ptas.

-Oficial 3ª: 18.156 ptas.

Oitavo.-Delegar en Virgilio Romero Suárez para que presente este acta e os seus anexos na delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, co fin de que esta lle dea o trámite oportuno, incluída a sú remisión ó SMAC e a publicación no BOP.

E en proba de conformidade, ratificando en todos os seus extremos a presente acta, os asistentes asinan no lugar e data arriba indicada.

ANEXO I

Táboas salariais desde 1-1-1997 ó 31-12-1997

Con compensación antigüidade

Categorías

Salario

mes

Salario

día

Salario

ano

Persoal fabricación
Peón 95.3053.1341.378.960
Peón especialista 96.0973.1601.390.400
Capataz de peóns 98.1043.2261.419.440
Axudante 98.1043.2261.419.440
Oficial segunda101.3513.3331.466.520
Oficial primeira108.3233.5631.567.720
Xefe de equipo128.6694.2321.865.701
Xefe de quenda131.9004.3361.912.550
Encargado de sección135.1224.4441.959.269

Persoal mantemento
Aprendiz 73.4852.4171.063.480
Oficial de terceira103.4173.4011.496.440
Oficial de segunda111.6563.6701.614.800
Oficial de primeira122.3864.0251.774.597
Xefe de equipo141.4734.6542.051.359
Xefe de taller180.6945.9392.620.063
Xefe de mantemento200.5636.5952.908.164

Persoal subalterno
Dep. Econ./Pesad./Orden. 97.9953.2201.416.800
Porteiro/vixilante/garda/listeiro/al-

maceneiro/chofer turismo

102.5103.3701.482.800
Conductor mecánico108.9233.5821.579.384

Persoal administrativo
Aspirante 86.5832.8461.255.454
Auxil./Telfon./Mecang. 97.8933.2201.419.449
Oficial de segunda115.0753.7821.668.588
Oficial de primeira127.3414.1871.846.445
Xefe142.5974.6872.067.657
Xefe administrativo174.1805.7262.525.610

Persoal técnico
Analista 97.9963.2211.417.240
Delineante115.0013.7811.667.515
ATS115.0013.7811.667.515
Perito130.0694.2761.886.001
Técnico proxectista132.5014.3531.921.265
Licenciado/enxeñeiro174.1805.7262.525.610

ANEXO II

Táboas horas extras 1997

Categorías

Hora

normal

Hora

extra

Hora

Fest./Noct.

Persoal fabricación
Peón7541.3211.512
Peón especialista7681.3371.527
Capataz de peóns7721.3521.548
Axudante7721.3521.548
Oficial segunda8091.4151.613
Oficial primeira8611.5101.727
Xefe de equipo1.0001.7511.999
Xefe de quenda1.0251.7932.050
Encargado de sección1.0511.8382.098

Persoal mantemento
Aprendiz5689861.129
Oficial de terceira8101.4171.620
Oficial de segunda8751.5301.753
Oficial de primeira9661.6931.935
Xefe de equipo1.1271.9692.251
Xefe de taller1.4162.4792.834
Xefe de mantemento1.6022.8013.199

Persoal subalterno
Dep. Econ./Pesad./Orden.7711.3501.544
Porteiro/vixilante/garda/listeiro/al-

maceneiro/chofer turismo

8171.4291.634
Conductor mecánico8861.5481.770

Categorías

Hora

normal

Hora

extra

Hora

Fest./Noct.

Persoal administrativo
Aspirante6651.1641.331
Auxil./Telfon./Mecang.7541.3181.509
Oficial de segunda8931.5581.783
Oficial de primeira9931.7351.986
Xefe1.1101.9462.229
Xefe administrativo1.3592.3782.721

Persoal técnico
Analista7521.3151.501
Delineante8931.5581.783
ATS000
Perito1.0061.7632.017
Técnico proxectista1.0291.8042.062
Licenciado/enxeñeiro1.3592.3782.721

ANEXO III

Plus de locomoción 1997

Categorías

Xornada

partida

Dúas

quendas

Tres

quendas

Catro

quendas

Persoal fabricación
Peón6.8088.8969.1669.523
Peón especialista6.8088.9129.1849.541
Capataz de peóns6.8298.9769.2569.614
Axudante6.8298.9769.2569.614
Oficial segunda6.8519.0809.3689.726
Oficial primeira6.8589.2079.4929.849
Xefe de equipo6.9899.78710.10710.456
Xefe de quenda6.9919.85010.17410.531
Encargado de sección6.9939.91510.23310.588

Persoal mantemento
Aprendiz6.6758.3068.5458.902
Oficial de terceira6.8519.1119.3929.776
Oficial de segunda6.8909.3279.6279.983
Oficial de primeira6.9559.6199.93310.291
Xefe de equipo7.03310.08810.42110.777
Xefe de taller7.24111.11811.50511.861
Xefe de mantemento7.36011.65612.07512.432

Persoal subalterno
Dep. Econ./Pesad./Orden.6.8218.9649.2359.590
Porteiro/vixilante/gar-

da/listeiro/almace-

neiro/chofer turismo

6.8329.0749.3569.713
Conductor mecánico6.8779.2609.5589.915

Persoal administrativo
Aspirante6.729000
Auxil./Telfon./Mecang.6.818000
Oficial de segunda6.901000
Oficial de primeira6.962000
Xefe7.048000
Xefe administrativo7.235000

Persoal técnico
Analista6.822000
Delineante6.901000
Perito6.979000
Técnico proxectista6.980000
Licenciado/enxeñeiro7.235000

1692