Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 1997 Páx. 2.227

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación do acordo adoptado pola comisión negociadora do convenio colectivo para o sector da construcción de Ourense.

Visto o texto do acordo adoptado pola comisión negociadora do convenio colectivo para o sector da construcción (código nº 32000155) de Ourense, convenio publicado no BOP nº 155, do 6 de xullo de 1996 e DOG nº 200, do 11-11-1996, con entrada nesta delegación provincial o día 17-2-1997, subscrito o 5-2-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo R.D. 1/1995, do 24 de marzo, R.D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 21 de febreiro de 1997.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Asistentes:

FEMCA-UGT, Javier Carreiro Vázquez.

FECOMA-CC.OO., Rafael López de la Torre.

FCM-CIG, Anxo Pérez Carballo.

ACO, Carlos Fernández Alonso, Jorge Caride Luna, José Antonio Pérez Fernández e Cesáreo Fernández Ríos.

En Ourense a 5 de febreiro de 1997, reunidos os á marxe sinalados, previamente convocados para o efecto, partes lexistimadas para asinar convenios ou acordos sectoriais da construcción de ámbito provincial, acordan por unanimidade, e de conformidade co ASN da construcción sobre o concepto económico da antigüidade de 6 de novembro de 1996, publicado no BOE nº 281, do 21 de novembro de 1996, incorpora-las 10.000 ptas. correspondentes ó presente exercicio de 1997, do seguinte xeito:

Primeiro.-O dito aboamento terá efectos desde o 1 de xaneiro de 1997, e non influirá na negociación colectiva pendente, por canto está terá na conta a táboa de retribucións vixente a 31 de decembro de 1996.

Segundo.-O dito incremento de 10.000 ptas. ratearase mensualmente e incluirase dentro do plus de asistencia, tal e como se fixera por acordo do 26 de decembro de 1996, quedando a columna do dito plus de asistencia e mentres non existan as novas táboas de retribucións para o exercicio de 1997, da forma establecida no anexo I desta acta. O primeiro pagamento será aboado dentro dos 30 días seguintes á súa publicación no BOP ou DOG.

Terceiro.-Unha vez fixadas as táboas de retribucións para o período 1 de xaneiro de 1996 ó 31

de decembro de 1997, para o que se tivo en conta as vixentes o 31 de decembro de 1996, e como queira que de conformidade coa cláusula primeira do presente acordo se excluíu o dito incremento de 10.000 ptas., este adicionarase ó plus de asistencia das táboas que resulten da forma anteriormente establecida.

E para que conste e teña os efectos oportunos asínase por decaplicado, xuntamente coa táboa de retribucións recollida no anexo I; no lugar e data mencionados no encabezamento.

ANEXO I

Tabla de retribucións para o período 1-1-1997 ó 31-12-1997

MensualPagas extrasAnual

Nivel

Categorías

Soldo

base

Plus

asistencia

Plus

transporte

Total

mes

XulloNadalVacaciónsHoras

extras

IITitulado superior98.25625.0681.097124.421117.012117.012117.0121.047
IIITitulado medio, xefe 1ª Admtvo.97.82124.6371.087123.545116.671116.671116.6711.047
IVXefe de persoal, Axte. de obra,

encargado xeral

97.34524.1561.077122.578116.293116.293116.2931.047
VXefe Admtvo. de 2ª, delineante superior,

xefe de compras, encargado de taller

96.90423.7251.069121.698115.951115.951115.9511.047
VIOficial de 1ª Admtvo., delineante de 1ª,

encargado de obra

96.43123.2461.059120.736115.576115.576115.5761.047
VIIOficial de 2ª Admtvo., delineante de 2ª,

práctico topografía de 2ª, capataz

94.69421.5081.028117.230114.208114.208114.208996
VIIIAuxiliar Admtvo. ou técnico, oficial de 1ª

de oficio

93.38520.2011.002114.588113.209113.209113.209966
IXListeiro Axte. topografía, oficial de 2ª

de oficio, conserxe

92.03818.852981111.871112.118112.118112.118929
XVixilante, enfermeiro, almaceneiro, garda

xurado, axudantes de oficios

90.69217.056955109.153111.059111.059111.059877
XIPeóns especializados89.34816.160931106.439108.799108.799108.799843
XIIPeóns ordinarios87.95814.771912103.641107.709107.709107.709811
XIIITraballadores de 17 anos56.2426.77455263.56858.23258.23258.232
XIVTraballadores menores de 17 anos51.0874.75849056.33553.31953.31953.319

Axudas de custo:

Axuda de custo: 2.805Media axuda de custo: 1.193.

1572