Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 1997 Páx. 2.226

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da corrección de erros no texto e nas táboas do convenio colectivo do sector de derivados do cemento.

Vista a acta de comisión deliberadora do convenio colectivo para o sector de derivados do cemento, da provincia de Pontevedra, con data do 14-2-1997, sobre erros cometidos na redacción do devandito convenio. Procede, ó abeiro do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, rectifica-los devanditos erros na forma acordada pola comisión deliberadora e, neste sentido, esta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, en uso das súas facultades de rectificación de erros, procede á subseguinte rectificación do devandito convenio colectivo que foi publicado no Diario Oficial de Galicia do 19-12-1996, nº 247, en uso das súas facultades legais,

ACORDA:

Proceder á publicación da rectificación-modificación do artigo 4 do devandito convenio colectivo,

segundo o texto que se achega, e igualmente a publicación das táboas salariais rectificadas, e táboa de referencia de antigüidade anual o 29-2-1996, así como táboa de referencia de antigüidades consolidades, que así mesmo se xuntan, coa presente resolución.

Vigo, 20 de febreiro de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Corrección de erros do texto do convenio colectivo do sector de derivados do cemento

Por entender que o parágrafo segundo do artigo 4 do convenio colectivo provincial non ofrece a suficiente claridade para a determinación dos seus efectos iniciais, acordouse introducir unha modificación na súa redacción do seguinte teor literal: «En todas aquelas materias de negociación non atribuídas en exclusividade ó convenio xeral, a duración do presente convenio será dun ano, iniciando os seus efectos económicos o día 1 de marzo de 1996 e finalizando os seus efectos o día 28 de febreiro de 1997, prorrogándose... que comprenda a revisión solicitada».

NivelCategoríaSalarioComplementosPagas extraodinariasRA (2)

AsistenciaXulloNadal

2Persoal titulado superior.205.910730197.917197.9172.866.754
3Persoal titulado medio-xefe administrativo.174.842623168.055168.0552.434.214
4Xefe persoal-Axud. de obra-Enc. xeral de fábrica.146.166549140.493140.4932.034.978
5Xefe Admtivo. 2ª-delineante superior-Enc. xeral obra-xefe sección-xefe obra.131.676488126.565126.5651.833.242
6Oficial Admtvo. 1ª-delineante 1ª-xefe Enc. taller ou labor.122.772458118.005118.0051.709.274
7Delineante2ª-viaxante-capataz-Esp. de oficio.116.080442111.574111.5741.616.108
8Oficial Admtvo. 2ª-oficial 1ª de oficio.109.371410105.125105.1251.522.702
9Auxiliar Admtvo.-oficial de 2ª de oficio.106.054398101.936101.9361.476.520
10Aux. laboratorio-vixilante almaceneiro-cobrador-Axud. de oficio-espacialista 1ª102.72238998.72898.7281.430.120
11Especialista 2ª-peón especializado.99.40737795.50995.5091.383.902
12Muller limpeza-peón corrente.97.64236093.85293.8521.359.408
13

(1)

Asp. Admtvo.-aprendiz 3º e 4º ano-pinche 17 e 18 anos.61.25928558.88058.880854.868
14

(1)

Pinche 16 anos.53.19426751.12651.126740.580

(1) Estes salarios serán de aplicación para os contratos de aprendizaxe.

(2) Na columna RA sumáronse os 12 meses de salario mailas 2 pagas extraordinarias. Para acha-la retribución total anual deberán sumarse tanto o plus de asistencia como a antigüidade consolidade, se é o caso.

ANEXO II

Táboa de referencia de antigüidade anual con data do 29-2-1996 (dous bienios máis dous quintos dun quinquenio) (artigo 58.2 e) C. xeral).

NivelCategoríaAntigüidade

2Persoal titulado superior287.730
3Persoal titulado medio-xefe administrativo.244.320
4Xefe persoal-Axud. de obra- Enc. xeral de fábrica.204.240
5Xefe Admtvo. 2ª-delineante superior-Enc. xeral obra-xefe sección-xefe obra.184.005
6Oficial administrativo 1º-delineante 1ª-xefe Enc. taller ou laboratorio171.600
7Delineante 2ª-viaxante-capataz -especialista de oficio.162.210
8Oficial administrativo 2ª-Oficial 1ª de oficio.152.850
9Auxiliar administrativo-oficial de 2ª de oficio.148.230
10Auxiliar laboratorio-vixilante almaceneiro-cobrador-Axud. de oficio-especialista 1ª.143.670
11Especialista 2ª-peón especializado.140.325
12Muller limpeza-peón corrente.136.455

Antigüidade consolidada con fecha do 6-11-1996 (14 pagas)

Nivel2 anos3 anos4 anos5 anosSumar a partir de 5 anos, por cada ano de antigüidade

II7.33911.00914.67917.6152.937
III6.2319.34712.46314.9572.494
IV5.2097.81410.41912.5042.085
V4.6947.0419.38811.2661.878
VI4.3786.5678.75610.5061.751
VII4.1386.2078.2769.9311.655
VIII3.8995.8497.7989.3581.560
IX3.7815.6727.5629.0751.513
X3.6645.4967.3298.7951.467
XI3.5465.3207.0938.5571.465
XII3.4815.2226.9628.3541.392

1568