Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 1997 Páx. 2.225

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector da carpintería, ebanistería e actividades afíns.

Vistos os acordos adoptados, pola comisión deliberadora do convenio colectivo de carpintería, ebanisterís e actividades afíns, da provincia de Pontevedra, en reunión celebrada o día 24 de xaneiro de 1997, na que se emendou erro de redacción no artigo 11 Ap. 2, 3 a) do covenio, déuselle nova redacción ó artigo 2 apartado 2º e ó artigo 16 deste, así mesmo, levouse a cabo revisión salarial para 1997, nos artigos 23 apartado 3º e 24 apartado 2º e nova táboa salarial. Esta Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra, ó abeiro do disposto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 17/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios

colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de revisión salarial de traballo que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 18 de febreiro de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de carpintería, ebanistería e actividades afíns da provincia de Pontevedra

Acordos adoptados pola comisión deliberadora, do convenio de carpintería, ebanistería e actividades afíns da provincia de Pontevedra, en reunión celebrada o día 24 de xaneiro, para aplica-las cláusulas relativas ó ano 1997.

Artigo 2.-Ámbito territorial, funcional e persoal.

Apartado 2. O derradeiro punto do dito apartado queda redactado da seguinte maneira. Onde puña: «E calquera outra actividade afín que se poida crear

no futuro», debe pór: «E calquera outra actividade afín xa creada ou que se poida crear no futuro, así como aquelas que se dediquen á instalación e colocación de productos e materiais de madeira».

Artigo 11.-Contrato de aprendizaxe.

Apartado 2.3ª a). Co obxecto de emendar erro na redacción deste artigo, onde puña: «O tempo dedicado á formación teórica deberase alternar co de traballo efectivo e será un 20% da xornada máxima do convenio: 5 horas semanais», debe pór: «O tempo dedicado á formación teórica deberase alternar co de traballo efectivo e será un 20% da xornada máxima do convenio: 8 horas semanais».

Artigo 16.-Días festivos.

Queda redactado da seguinte maneira:

1. Para efectos de distribución e adecuación da xornada anual, con vixencia para 1997, consideraranse como non laborables e retribuídos, os días: 24 de xullo, 14 de agosto, 24, 26 e 31 de decembro.

2. Se nalgún concello da provincia se sinalase como festividade local un día dos establecidos no apartado 1, fíxase, na súa substitución, o día laboral inmediatamente anterior.

3. Os días de descanso retribuído, establecidos no apartado 1, poderán ser modificados por acordo entre a empresa e os traballadores, ou os seus representantes legais, para axustalos ás necesidades das partes.

Artigo 23.-Salarios.

Apartado 3. Unha vez coñecida a previsión de inflación do Goberno para o ano 1997, o incremento para 1997 queda establecido no 3,9%.

Artigo 24.-Revisión salarial.

Apartado 2. A cláusula de revisión para 1997 queda establecida no exceso do 3,1%.

Táboa salarial ano 1997

Carpintería, ebanistería e actividades afíns

Persoal de taller

Encargado xeral, xefe de taller102.939

Encargado de sección, de producción102.400

Oficial preparador-trazador101.698

Oficial de 1ª100.518

Oficial de 2ª98.561

Axudante97.442

Peón95.107

Persoal administrativo e técnico

Xefe de oficina, de oficina técnica,

analista programador ou de sistemas.116.925

Oficial de 1ª, delineante técnico

especialista, programador.104.476

Oficial de 2ª, delineante técnico

auxiliar, operador.97.343

Auxiliar administrativo, telefonista.97.203

1484