Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 1997 Páx. 2.231

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 4 de marzo de 1997 pola que se nomean letrados do corpo de letrados do Consello Consultivo de Galicia.

Convocado concurso para o acceso ó corpo de letrados do Consello Consultivo de Galicia pola Resolución do 24 de outubro de 1996 do presidente do dito organismo (DOG nº 233, do 28 de novembro), unha vez resolto e elevada a definitiva a proposta do tribunal avaliador do concurso pola Resolución do 21 de febreiro de 1997 (DOG nº 41, do 28 de febreiro) cómpre proceder ó nomeamento dos seleccionados de acordo coa base IV da convocatoria do

concurso, polo que esta consellería, en virtude das competencias outorgadas no artigo 13 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e demais normas concordantes:

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear letrados do corpo de letrados do Consello Consultivo de Galicia as persoas que a continuación se sinalan relacionadas pola súa orde de puntuación na resolución do concurso para o acceso ó dito corpo:

José Luis Rodríguez Fernández

Juan José Gallego Fouz

Constantino Alvarellos Galve

Segundo.-A toma de posesión dos nomeados efectuarase nos prazos establecidos na base V da convocatoria do concurso publicada pola Resolución do 24 de outubro de 1996 (DOG nº 233, do 28 de novembro).

Terceiro.-O réxime estatutario dos letrados do Consello Consultivo de Galicia será o establecido para os funcionarios na lexislación de función pública de Galicia.

Cuarto.-Contra a presente orde poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

1480