Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Mércores, 12 de marzo de 1997 Páx. 2.231

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 1997 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 96/025 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designado o presidente e vocal secretario por esta universidad e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que terá que resolve-lo concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 96/025, convocada por resolución rectoral con data do 7 de xuño de 1996 (BOE do 11 de xullo), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade

no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 20 de febreiro de 1997.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: construccións arquitectónicas.

Praza nº: 96/025.

Presidente: Ramos Galino, Fernando J. Catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Secretario: Monjo Carrio, Juan. Catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Vocais: Villanueva Domínguez, Luis de. Catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Roca Cladera, José Nicasio. Catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Fernández Pirla, Santiago. Catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Comisión suplente

Presidente: Sastre Sastre, Ramón. Catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Secretario: Rubio Requena, Pedro María. Catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Vocais: Arizmendi Barnes, Luis Jesús. Catedrático de universidade. Universidade do País Vasco.

Sendra Salas, Juan José. Catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.

Pérez Arroyo, Salvador. Catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

1489