Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 1997 Páx. 2.166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

APROBACIÓN definitiva de modificación das normas subsidiarias.

En cumprimento do disposto no artigo 8 d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, fáise público que a corporación municipal, na sesión do 23 de decembro de 1996, adoptou o seguinte acordo:

«Dáse conta da seguinte proposta da alcaldía:

O Pleno Municipal, na sesión do día 9 de setembro último, acordou por unanimidade a aprobación inicial da modificación das normas subsidiarias municipais no SAPU-C (artigo 125), na SU-UE-6 (artigo 112) e en parte da banda de edificación de execución directa pegada á UE-6 pola baixada a Vilaescusa.

O expediente foi sometido á información pública durante o prazo de 1 mes, segundo anuncio publicado no xornal La Región de Ourense do día 13 de setembro, BOP do día 17 do mesmo mes, e Diario Oficial de Galicia do día 20, sen que se formulase ningunha observación ou reclamación.

En cumprimento do disposto no artigo 7 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, da Xunta de Galicia, remitiuse a pertinente modificación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, para o preceptivo informe previo á aprobación definitiva.

O subdirector xeral de Urbanismo e Arquitectura da mencionada consellería comunícalle a este concello, en escrito do 11 do actual mes, o seguinte:

Expediente: OU96009.AD.

Asunto: informe sobre o proxecto de modificación das normas subsidiarias de planeamento municipais, no Sapu-C na SU-UE-6 e en parte da banda de edificación de execución directa pegada á UE-6, concello de Barbadás (Ourense).

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, con data do 11 de decembro de 1996, emitiu o seguinte informe:

Vista a documentación que consta no expediente remitido polo concello de Barbadás, en virtude do disposto no artigo 7 da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, emítese os eguinte informe:

I. Antecedentes:

1º. O expediente de referencia foi aprobado inicialmente polo Pleno do Concello con data do 9-9-1996; sometido a información pública polo prazo dun mes, non se presentaron alegacións.

2º. A documentación remitida polo concello de Barbadás neste trámite é a seguinte:

-Exemplar do proxecto de modificación puntual no que figura dilixencia de aprobación inicial, así como dous anexos redactados en contestación ó anterior informe desta consellería.

-Expediente administrativo.

3º. En virtude do disposto no artigo 8 a) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, esta consellería emitiu informe sobre o proxecto de referencia con data do 15-7-1996.

II. Observacións:

1º. A Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, no seu artigo 7 prevé o informe preceptivo e vinculante desta consellería como requisito previo á aprobación definitiva dos instrumentos de planeamento urbanístico.

2º. Constan no expediente remitido informes técnicos que cumpren as observacións do anterior informe desta consellería.

Logo da aprobación definitiva do proxecto de modificación polo concello, deberá cumpri-lo disposto no artigo 8 d) da Lei 7/1995.

Comuníqueselle ó concello e déase traslado ó delegado provincial desta consellería.

O que lle comunico a V.I. para o seu coñecemento e efectos oportunos».

Por todo isto, e en cumprimento do disposto nos artigos 7 e 8 da mencionada lei, proponse a aprobación definitiva das expresadas modificacións, de acordo co informe preceptivo e vinculante da consellería, debendo facerse pública a aprobación definitiva no DOG e comunicarllo á consellería en unión de copia do expediente tramitado.

O Pleno acorda por unanimidade dos presentes, maioría absoluta legal, a aprobación da proposta que antecede, que queda convertida en acordo.

Barbadás, 15 de xaneiro de 1997.

O alcalde

Rubricado

1678