Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 1997 Páx. 2.166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CORISTANCO

ANUNCIO de licitación.

Resolución do concello de Coristanco (A Coruña) polo que se anuncia concurso para a adxudicación de concesión da xestión e explotación do servicio municipal de auga potable.

Obxecto do contrato: a concesión da xestión e explotación do servicio municipal de auga potable do municipio de Coristanco.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

Duración do contrato: a concesión terá unha duración de 15 anos, podendo prorrogarse por un ou varios períodos iguais ata o máximo legal establecido no artigo 158 da Lei 13/1995.

Tipo de licitación: dada a natureza do contrato non se determina o seu prezo global, que quedou fixado en función dun estudio xustificativo dos costes que lle comporte ó que resulte adxudicatario, a xestión do servicio e do seu beneficio industrial durante o primeiro ano da súa xestión.

Garantías: provisional de 400.000 pesetas e definitiva do 4 por 100 do importe de adxudicación.

Exame do expediente, obtención de documentación e información: na secretaría municipal, de 9 a 14 horas, durante o prazo de presentación de proposicións.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse na secretaría do concello, de 9 a 14 horas, durante o prazo de vinteseis días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, Diario Oficial de Galicia e Boletín Oficial del Estado, último en que apareza publicado. Se o último día para a presentación de proposicións fose sábado, poderán presentarse ata as 14 horas do primeiro día hábil seguinte.

Os licitadores presentarán as proposicións en catro sobres, sinalados coas letras A, B, C e D.

* O sobre A: documentación administrativa.

* O sobre B: referencias.

* O sobre C: iniciativas.

* O sobre D: proposición.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público, no salón de sesións da Casa do Concello, ás doce horas do día seguinte hábil ó do remate do prazo de presentación de proposicións. Se o día da apertura fose sábado trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

Documentación que deben presenta-los licitadores: os indicados na base novena do prego de condicións técnicas e económico-administrativas que lle serve de base ó concurso.

Coristanco, 26 de febreiro de 1997.

Antonio Pensado Plágaro

Alcalde

658