Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 1997 Páx. 2.165

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DAS ARTES ESCÉNICAS E MUSICAIS

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 1997 pola que se fai público o acordo do Consello Rector do IGAEM do 18 de decembro de 1996 que aproba as bases que rexerán na convocatoria de convenios de distribución de espectáculos teatrais con empresas de teatro profesionais.

Obxecto: convenio con compañías ou empresas de teatro galegas de carácter profesional para a distribución de espectáculos teatrais.

Orzamento: vinteseis millóns de pesetas (26.000.000 de ptas.).

Prazo de execución: ata o 31 de decembro de 1997.

As bases da convocatoria e as condicións técnicas particulares, así como o modelo de proposición, poderán ser examinadas e solicitado o seu envío por correo, na sede administrativa do Igaem (Pavillón de Galicia. San Lázaro. Apartado de Correos 150. Santiago de Compostela).

Presentación de proposicións: efectuarase no rexistro xeral do Igaem (Pavillón de Galicia. San Lázaro. Santiago de Compostela), en sobre pechado e axustándose ó modelo de proposición, por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Aperura de proposicións: dentro dos 10 días seguintes á terminación do prazo de presentación a Comisión de Teatro do Consello Rector levará a cabo a valoración dos proxectos presentados e elevará ó Consello Rector do Igaem, a relación de compañías coas que de acordo cos criterios de selección, este instituto establecerá convenios de distribución. Trala ratificación do Consello Rector a Xerencia do Igaem procederá a asinar coas compañías seleccionadas, os convenios de distribución pertinentes.

Santiago de Compostela, 24 de febreiro de 1997.

Aníbal Otero Fernández

Xerente do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais

594