Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 1997 Páx. 2.150

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do sector de maioristas de froitas e productos hortícolas.

Visto o expediente de revisión salarial para o sector de maioristas de froitas e productos hortícolas, que tivo entrada nesta Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 11-2-1997, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Mayoristas de Frutas y Productos Hortícolas, e da parte social, pola central sindical CIG, con data do 3-2-1997. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de revisión salarial de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Admnistración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta Delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de revisión salarial de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de febreiro de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Maioristas de froita e productos hortícolas

Táboas salariais ano 1997

Xefe administrativo105.720

Contable caixeiro102.016

Oficial administrativo102.016

Auxiliar administrativo de 18 anos86.603

Auxiliar administrativo de 22 anos en adiante90.883

Encargado de establecemento ou almacén105.720

Dependente90.883

Conductor de 1ª98.305

Conductor de 2ª92.737

Conductor repartidor93.557

Mozo especializado90.883

Mozo89.027

Cobrador, conserxe, vixilante85.320

Traballador de Form. 16 anosS.M.I.

Traballador de Formac. 17 anosS.M.I.

Traballador de Formac. 18 anos ou máis anosS.M.I.

1354