Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 1997 Páx. 2.151

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do sector de limpeza de edificios e locais .

Visto o expediente da revisión salarial para o sector de limpeza de edificios e locais, que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 11-2-1997, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Limpeza de edificios e locais, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO. e CIG con data 30-1-1997. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de revisión salarial de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de revisión salarial de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás

representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 14 de febreiro de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Vigo (Pontevedra)

TÁBOAS DE SALARIOS 1997

LIMPEZA DE EDIFICIOS E LOCAIS

CATEGORÍAS

Grupo I. Persoal directivo e técnico.

-Subgrupo I. Persoal directivo.

Director212.050

Director comercial192.545

Director administrativo192.545

Xefe de persoal192.545

Xefe de compras192.545

Xefe de servicios192.545

-Subgrupo II. Persoal titulado.

Titulado grao superior152.679

Titulado grao medio135.633

Titulado laboral ou profesional115.350

Grupo II. Persoal administrativo.

Xefe administrativo de 1ª144.194

Xefe administrativo de 2ª134.865

Caixeiro122.142

Oficial de 1ª115.352

Oficial de 2ª102.635

Auxiliar89.906

Telefonista89.011

Cobrador89.011

Aspirante51.910

Grupo III. Mandos intermedios.

Encargado xeral134.889

Supervisor ou encargado de zona122.143

Supervisor ou encargado de sector111.973

Encargado de grupo ou edificio96.869

Responsable de equipo92.981

Grupo IV. Persoal subalterno.

Ordenanza89.012

Almaceneiro89.012

Listeiro89.012

Vixilantes89.012

Mozo48.217

Grupo V. Persoal obreiro.

Especialistas98.142

Peón especialista89.937

Limpador ou limpadora88.992

Conductor limpador105.716

Grupo VI. Persoal oficios varios.

Oficial98.135

Axudante89.937

Peón88.992

Aprendiz de 16 e 18 anos54.811

1521