Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 1997 Páx. 2.149

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo de industrias de carpintería e ebanistería.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo de industrias de carpintería e ebanistería que tivo entrada nesta delegación provincial da Con

sellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 12-2-1997, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Carpintería e Ebanistería, e da parte social por UGT e CC.OO., o día 23-1-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 14 de febreiro de 1997.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Na Coruña, ás trece horas do día 23 de xaneiro de 1997, nos locais da Asociación de Empresarios sitos en Federico Tapia, 11-1º D da Coruña.

Están presentes as dúas representacións das partes empresarial e social da comisión negociadora do convenio colectivo provincial de carpinteia e ebanistería da provincia da Coruña.

O motivo é o de darlle cumprimento ó artigo 4 do convenio colectivo provincial e á disposición adicional primeira do convenio colectivo estatal no referente á revisión salarial para o ano 1997.

Acordan incrementar tódolos conceptos económicos, con excepción da antigüidade, nun 3,2% ó ser este o IPC oficial dos últimos doce meses.

Este incremento terá carácter retroactivo desde o primeiro de xaneiro de 1997.

Nos seus termos queda aprobado por unanimidade o incremento do convenio colectivo referido ó sector de carpintería e ebanistería da Coruña que será presentado, por calquera das partes, coas sinaturas dos compoñentes desta comisión, para a súa entrega e posterior rexistro na delegación provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

Empresarios (Asociación Provincial de Empresarios de Carpintería e Ebanistería): Cándido Hermida Campos, Ramón Caramés Seoane, Antonio Castro Goyanes e Jesús Rey Barral.

Parte social: Jesús María Calvo Romero (UGT), Celestino Pérez Vázquez (UGT), Juan M. García Blanco (CC.OO.) e Santiago Huertas Pozorama (CC.OO.).

Táboas salariais 1997

DíaMes

Persoal obreiro
Encargado3.854117.215
Oficial primeira3.783115.063
Oficial segunda3.708112.786
Axudante3.631110.446
Especialista3.558108.232
Peón3.489106.121

DíaMes

Técnicos
E. proxectista119.523
Perito116.933
ATS116.933
Delineante112.485
Auxiliar analista110.122

Persoal subalterno
Ordenanza105.813
Garda e vixilante105.813

Persoal administrativo
Xefe de primeira119.523
Xefe de segunda116.933
Oficial de primeira116.933
Oficial de segunda112.485
Auxiliar110.122

Aprendices
Aprendices e menores de 18 anos1.563

Plus de asistencia 190

Plus de transporte 441

97-1353