Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Luns, 10 de marzo de 1997 Páx. 2.129

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN conxunta do 28 de febreiro de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, pola que ordena a publicación do pacto subscrito pola Administración sanitaria coas centrais sindicais CIG, CC.OO., UGT CSI-CSIF e SATSE, esta última central en condición de adherida, sobre vinculacións temporais do persoal estatutario nas institucións sanitarias xestionadas polo Servicio Galego de Saúde.

No marco da mesa sectorial de persoal sanitario, coa finalidade de establecer un sistema de vincu

lacións temporais para o persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, negociáronse e subscribíronse os pactos publicados no DOG do 13 de abril de 1993, do 12 de maio de 1994 e do 21 de decembro de 1995.

Concluída a vixencia prevista no último referenciado, dentro do marco aludido negociouse coas organizacións sindicais representadas na mesa sectorial un novo pacto, regulador así mesmo das vinculacións temporais para o persoal estatutario das institucións dependentes do Servicio Galego de Saúde.

Como consecuencia de tal proceso negociador resultou o pacto anexo, subscrito entre a Administración sanitaria e as centrais sindicais CIG, CC.OO., UGT, CSI-CSIF e SATSE, esta última central en condición de adherida, celebrado de conformidade co artigo 35 da Lei 9/1987, do 9 de xuño, pola que se regulan os órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas.

O contido do dito pacto é o que figura como anexo á presente resolución.

Para xeral coñecemento, de acordo co disposto no artigo 36 da citada Lei 9/1987, faise necesaria a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude,

RESOLVEN:

Acorda-la publicación do pacto sobre vinculacións temporais do persoal estatutario nas institucións sanitarias xestionadas polo Servicio Galego de Saúde que se inclúe como anexo á presente resolución.

Réxime transitorio:

En canto non se publiquen as listas que por cada categoría se establecen no presente pacto, para efectua-los chamamentos que resulten precisos aplicaranse as listas confeccionadas en desenvolvemento do pacto do 21 de decembro de 1995 (DOG do 19 de xaneiro de 1996).

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 1997.

Manuel Antonio Silva RomeroValeriano Martínez García

Secretario Xeral daDirector Xeral de

Consellería de Sanidade eRecursos Humanos do

Servicios SociaisServicio Galego de Saúde

ANEXO

En Santiago de Compostela, vinteoito de febreiro de mil novecentos noventa e sete, no marco da mesa sectorial de negociación do persoal sanitario, e de conformidade coas facultades conferidas no artigo 35 da Lei 9/1987, do 12 de xuño, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas, así como das competencias outorgadas á referida mesa sectorial polo acordo entre a Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e as organizacións sindicais, subscrito

o 7 de setembro de 1991. Os representantes da Administración sanitaria de Galicia e as centrais sindicais CIG, CC.OO., UGT, CSI-CSIF e SATSE, esta última central en condición de adherida, tralo proceso negociador mantido no seo das ponencias técnicas de traballo creados ad hoc pola mesa sectorial sanitaria, subscriben o presente pacto sobre vinculacións temporais do persoal que presta os seus servicios nas institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde, co contido que a continuación se expón:

Normas xerais

1. Ámbito de aplicación do pacto:

Territorial: será de aplicación en toda a Comunidade Autónoma.

Persoal: afectará ós nomeamentos e ás contratacións temporais do persoal estatutario (persoal facultativo-médicos xerais e odontólogos-, persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario).

2. Vixencia do pacto.

O presente pacto terá a vixencia dun ano con prórroga automática e por idéntico ou idénticos período/s, de non mediar denuncia expresa por ningunha das partes asinantes alomenos con tres meses de antelación ó seu termo.

3. Sistema de nomeamentos e contratacións.

No que respecta ó persoal sanitario non facultativo e non sanitario, efectuaranse os nomeamentos e contratacións, en tódolos casos, mediante a elaboración de listas por categoría profesional e ámbito de área de xestión sanitaria.

No concerniente ó persoal facultativo, para a cobertura de praza vacante ou nomeamentos dun ano ou máis de duración, utilizaranse listas de ámbito provincial. Para o resto dos nomeamentos e contratacións que se produzan respecto a este persoal, seguirase o sistema de listas de ámbito de área de xestión sanitaria.

4. Formalización das solicitudes.

Unha vez publicado o presente pacto no Diario Oficial de Galicia, convocaráse os aspirantes, mediante resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais do Sergas, dos centros hospitalarios e dos centros de xestión de atención primaria do devandito organismo, concedéndolles un prazo máximo de 15 días naturais a partir do seguinte á data da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, para que presenten a súa solicitude no modelo normalizado, en unión da documentación acreditativa dos méritos alegados. Igualmente daráselle a publicidade adecuada á convocatoria, a través da inserción na prensa dun anuncio dela.

Para poder formula-la súa solicitude, os aspirantes deberán ter cumpridos os 18 anos de idade, no momento da presentación desta; acredita-la nacio

nalidade española ou dun país da Unión Europea (en adiante UE) ou, se é o caso, dispoñer de autorización para poder residir e traballar legalmente en España; e posuí-la titulación que, segundo se fai constar no modelo de instancia anexo, habilita para o exercicio da profesión correspondente.

Non poderán presenta-la súa solicitude os aspirantes que foran excluídos das listas confeccionadas en aplicación dos pactos do 1 de abril de 1993 (DOG 13 de abril), do 27 de abril de 1994 (DOG do 12 de maio) e do 21 de decembro de 1995 (DOG 19 xaneiro), por non ter superado o período de proba previsto no contrato ou nomeamento sempre que a exclusión non fose excepcionada, ou tamén por acordo de exclusión firme fundado en incumprimento grave do aspirante.

As solicitudes poderanse presentar nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde e nos centros hospitalarios ou centros de xestión de atención primaria no prazo sinalado.

Os méritos admisibles e valorables serán unicamente os causados ata o día inmediato anterior á data de publicación da convocatoria.

A acreditación dos méritos alegados, que deberán inescusablemente achegarse dentro do prazo de presentación de solicitudes, requirirá a incorporación de documentos auténticos, sen prexuízo da posible compulsa que, sobre as copias fotoestáticas deles, sexa realizada polo persoal competente. Non será necesaria a aportación de documentos que figuran xa no expediente anterior.

Cada aspirante a nomeamentos ou contratacións, do carácter que sexa, relativos a persoal sanitario non facultativo e non sanitario, solicitará a súa inclusión nunha única lista e área de xestión sanitaria. No suposto en que se detecten duplicidades a través dos mecanismos de control, excluiranse inmediatamente ós aspirantes incursos nelas, indicándose para o efecto no modelo normalizado de solicitude, de modo claro e inequívoco, a aplicación de tal medida.

Cada aspirante ós nomeamentos de persoal facultativo para cobertura de praza vacante ou de duración dun ano ou superior, deberá solicita-la súa inclusión nunha única lista de ámbito provincial.

Os aspirantes ó resto dos nomeamentos de persoal facultativo solicitarán a súa inclusión nunha soa categoría e área de xestión sanitaria.

Respecto ó persoal facultativo aplicarase, así mesmo, o criterio corrector consistente na exclusión da lista, de solicitaren os aspirantes, no caso da cobertura de prazas vacantes ou nomeamentos dun ano ou máis de duración, a súa inclusión en máis dunha provincia, e no resto de nomeamentos, a súa inclusión en máis dunha área de xestión sanitaria.

5. Elaboración das listas.

A confección das listas será realizada pola Administración coa aplicación exclusivamente dos criterios de selección contidos neste pacto, establecéndose unha orde de puntuación. Sen embargo, darase oportuna información do proceso seguido para a confección delas ás comisións provinciais de seguimento, cando estas o soliciten.

Rematado o proceso, publicaranse nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais do Sergas e dos centros asistenciais dependentes delas as listas provisionais, que incluirán relación dos aspirantes admitidos, coas puntuacións obtidas, establecéndose deste xeito unha orde de prelación e onde, así mesmo, figurarán os aspirantes excluídos coas causas de exclusión correspondentes.

As listas provisionais publicaranse por categorías e áreas de xestión sanitaria, coa particularidade das de persoal facultativo que serán, para os nomeamentos de interinidade en praza vacante ou de duración igual ou superior a un ano, de ámbito provincial.

Os afectados poderán formular, no prazo máximo de 10 días, a partir do seguinte á data de publicación, reclamación perante a Dirección Provincial do Sergas correspondente.

Resoltas as reclamacións, publicaranse as listas definitivas nos mesmos lugares cás anteriores. Contra as listas definitivas, os aspirantes poderán deducir perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde recurso ordinario previo ó contencioso-administrativo, no prazo dun mes contados desde a data seguinte á da súa publicación.

Polo que respecta á formalización dos vínculos temporais e co fin de acredita-la situación de desemprego, os aspirantes deberán presenta-la tarxeta de emprego do Inem, no momento de realiza-la citada formalización.

No caso de que se esgote algunha lista farase unha nova oferta de acordo co procedemento regulado no presente pacto, provéndose, en tanto, as vinculacións urxentes a través da utilización das listas das áreas de xestión máis próximas.

Para tal efecto considéranse áreas de xestión máis próximas as que se determinan, respecto de cada área concreta, no anexo I deste pacto.

Non obstante a vixencia do presente pacto, farase unha nova oferta durante o primeiro trimestre do ano 1998 para tódalas categorías afectadas.

6. Xestión das listas.

Xestionaranse nas direccións provinciais do Sergas excepto para o persoal facultativo en que a xestión se levará a cabo, se é o caso, nas xerencias de atención primaria verbo das distintas áreas de xestión sanitaria da súa competencia a través dun proceso informatizado, deseñado nos servicios centrais do organismo.

Os chamamentos ós aspirantes efectuaranse, para tódalas categorías, desde as direccións provinciais,

excepto para o persoal facultativo que serán efectuados, se é o caso, polas xerencias de atención primaria ou, nos casos que as circunstancias o requiran, desde os centros de xestión hospitalaria ou de atención primaria, á demanda da institución sanitaria correspondente. Para efectualos seguirase rigorosamente a orde de puntuación que acrediten os interesados, sen prexuízo das especialidades recollidas no presente pacto.

En todo caso, só se efectuarán as vinculacións temporais de duración igual ou superior a un ano a prol do aspirante que acredite maior puntuación na lista de que se trate, en correspondencia co ineludible respecto ó mérito acreditado, sen menoscabo do establecido no suposto especial segundo do presente pacto.

Para as vinculacións programadas, e sempre que exista prazo considerado suficiente, os aspirantes serán avisados mediante carta ou telegrama. No resto dos supostos nos que exista premura na vinculación avisarase telefonicamente.

En todo caso quedará constancia da data e hora na que cada aspirante sexa requirido, mediante dilixencia estendida para o efecto, levándose un libro de rexistro das chamadas efectuadas.

A determinación das necesidades de vinculación compételles ós directores xerentes dos respectivos centros sanitarios, de acordo coas súas competencias de xestión normativamente recoñecidas, sen prexuízo da preceptiva información sobre os nomeamentos efectuados, que periodicamente debe facilitarse ás xuntas de persoal de área, nos termos recoñecidos no artigo 9 da Lei 9/1987, do 12 de xuño, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas (BOE nº 145 do 18-6-1987), e así mesmo nos artigos concordantes da Lei 11/1986, orgánica de liberdade sindical.

A referida información tamén poderá ser requirida polas comisións provinciais de seguimento dos directores xerentes, que deberán facilitala nun prazo razoable.

7. Duración dos vínculos formalizados.

Os aspirantes que, por aplicación ou baixo a vixencia do pacto do 21 de decembro de 1995 (DOG 19 de xaneiro de 1996), acreditasen un período de vinculación de 12 meses ou superior, (efectuado o cómputo, xa que logo, desde o día 20 de xaneiro de 1996), e os que, sumado o período traballado desde esa data máis o que lles puidera corresponder por aplicación do presente pacto, acaden o aludido período de 12 ou máis meses, non serán chamados para subscribir novos vínculos de duración inferior a un ano, nun período de 4 meses, contado desde a data na que cumprisen os indicados 12 ou máis meses de vinculación. Esta medida aplicarase soamente no suposto de que exista dispoñibilidade suficiente de aspirantes na lista de que se trate.

Tal medida non será aplicable ás vinculacións en praza vacante ou de duración igual ou superior ó ano, respecto ós que se seguirá indefectiblemente o criterio de estricta prioridade por puntuación, con independencia do período de tempo que prestasen servicios.

Para o fin exposto, os meses contaranse por mes natural de vinculo ou, no seu defecto, por agrupación de días traballados, a razón de 1 mes por cada 30 días de prestación de servicios.

Sen prexuízo do reflectido nos parágrafos anteriores, coa finalidade de acadar unha maior mobilidade das listas en función das peculiaridades que concorran nalgunha área sanitaria ou provincia, as comisións provinciais poderán propoñer, mediante acordo adoptado de conformidade co previsto no apartado 9 do presente pacto, o establecemento do sistema que consideren conveniente para consegui-la aludida maior mobilidade das listas.

Tal proposta de sistema só poderá referirse ós vínculos de duración inferior ós 12 meses e requirirá para a súa efectividade a ratificación da comisión central de seguimento.

8. Promoción profesional.

Farase unha reserva do 50 % das necesidades para cubrir nos respectivos centros sanitarios, nos supostos de formalizacións de vínculos de interinidade en praza vacante e demais que se estimen, inicialmente, de duración igual ou superior a dous meses, para o persoal estatutario fixo con praza en propiedade de igual ou inferior grupo.

De concorre-la circunstancia, debidamente constatada, de que a categoría solicitada para promocionar non exista ou sexa obxecto de oferta reducida no centro de xestión do que depende o solicitante, a promoción abrirase á área sanitaria correspondente.

Para este persoal confeccionaranse unhas listas por centro sanitario ou área sanitaria, segundo corresponda, coa mesma vixencia das anteriores e coa aplicación dos criterios de selección e restantes prescricións establecidas neste pacto.

9. Seguimento do pacto.

Constituiranse unhas comisións paritarias para o seguimento do pacto, unha central e catro provinciais, integradas por 10 membros, 5 designados pola Administracion e 5 polas centrais sindicais asinantes deste pacto.

A comisión central, sen menoscabo das explicitamente recoñecidas ó longo do presente pacto, terá competencias para unifica-los criterios de actuación e interpretación das comisións provinciais. Así mesmo, coñecerá e tratará sobre os procesos de avaliación dos cursos de formación que o requiran, facendo as propostas correspondentes.

As comisións provinciais coñecerán, en única instancia, ademais das cuestións que teñen explicita

mente asignadas ó longo do presente pacto, tódalas incidencias e reclamacións que se produzan en aplicación deste, formulando as propostas de resolución con carácter vinculante que procedan ás direccións provinciais do Sergas para o seu traslado, se é o caso, ós interesados. Así mesmo, exercerán o control da execución dos chamamentos dos aspirantes en todo o seu ámbito.

Os acordos adoptaranse por maioría dos presentes, requiríndose un quórum de 7 membros e sendo decisorio, no caso de empate, o voto do presidente.

A presidencia das comisións corresponderalle a un dos membros designados pola Administración, actuando como secretario destas, con voz e voto, outro dos seus representantes.

As comisións reuniranse, ben con carácter ordinario, unha vez ó trimestre a central, e unha vez ó mes as provinciais; ou ben con carácter extraordinario, nas ocasións en que concorran as circunstancias que o fagan preciso.

A solicitude da convocatoria extraordinaria, na que necesariamente se fixará a orde do día, farase por instancia, polo menos de 2 dos membros da comisión, e cunha antelación mínima de 48 horas.

10. Penalizacións.

De non existir causas xustificadas de renuncia á oferta dun nomeamento ou contratación, ou ben a un xa formalizado, será penalizado o aspirante, no caso da primeira renuncia, pasándoo ó cabo da lista da súa categoría. De existir unha segunda renuncia inxustificada, excluirase ó aspirante incurso nela da lista correspondente.

A penalización acordada por un ou outro motivo terá unha duración dun ano contado desde que a medida se fai efectiva.

Admitirase renuncia á oferta sen penalización ningunha sempre que se xustifique de forma suficiente, nos seguintes supostos :

a) Servicio militar ou prestación social substitutoria.

b) Maternidade ou adopción legal.

c) Exercicio de representación sindical.

d) Matrimonio.

e) Falecemento de familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

f) Calquera outra de entidade suficiente que se considere oportuno a criterio da comisión central de seguimento.

Serán excluídos definitivamente da lista os aspirantes que incorresen en incumprimentos graves, tanto derivados da súa calidade de aspirante inscrito na lista, como do concreto desempeño do posto de traballo.

Considéranse como incumprimientos graves tódalas conductas cualificadas como faltas moi graves ou graves no correspondente estatuto de persoal.

Para facer efectivas as exclusións derivadas dos citados incumprimentos seguirase un procedemento perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Sergas, no que se garanta, en todo caso, a audiencia do interesado.

11. Supostos especiais.

1º. Cando un aspirante figure con dereito preferente, pola puntuación que acredite, para ocupar unha praza vacante con carácter interino ou para formalizar outro vínculo de duración igual ou superior ó ano, e se atope vinculado por un nomeamento ou contratación de duración inferior, será requirido para ocupar a citada praza vacante ou para formalizar outra vinculación de duración igual ou superior ó ano.

2º. Para a formalización de nomeamentos ou contratacións de duración igual ou superior ó ano terase en conta sempre a maior puntuación acreditada na lista que corresponda.

Non obstante, á vista dos recentes pronunciamentos do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e en cumprimento deles, nos casos de que un nomeamento derive, por calquera circunstancia, na cobertura de praza vacante ou reservada, permanecerá o mesmo aspirante xa nomeado para tal substitución.

3º. Cando un aspirante sexa cesado por non supera-lo período de proba que no nomeamento ou contrato se estipule quedará automaticamente excluído da lista.

Poderán ser excepcionados da aplicación da anterior medida aqueles casos que, excepcional e motivadamente, considere oportuno a comisión central de seguimento.

Para os fins indicados, deberá comunicarse con toda celeridade á citada comisión as exclusións que procedan por tal motivo e, de se-lo caso, as causas xustificativas para excepcionar algunha daquelas.

4º. Cando sexa preciso cubrir necesidades de vinculación de ATS/DUE que se produzan nas áreas de UCI-reanimación, quirófanos, hemodiálise, transplantes e prematuros-neonatos, e así mesmo no que respecta ás categorías de persoal adscrito ás unidades de saúde mental, os aspirantes que acrediten experiencia profesional nas citadas áreas farano constar no espacio reservado para o efecto nas solicitudes que formulen, achegando, en todo caso, certificación acreditativa da experiencia expedida polo centro sanitario correspondente.

O chamamento para tales áreas farase seguindo a orde de prelación das listas e a prol das persoas que acrediten a experiencia aludida, requiríndose un informe por escrito do centro sanitario solicitante no que se fará consta-la área especial da que se trate e maila necesidade de que para esta se designe persoa con experiencia acreditada. En todo caso excluiranse de tal sistema a cobertura das prazas

vacantes e as substitucións dunha duración previsible superior a 60 días, que se proverán sempre na forma ordinaria.

5º. Igualmente poderán propoñer os centros respectivos perante as comisións provinciais de seguimento, a cobertura especial das necesidades de vinculación doutras áreas de traballo do centro (sexan ou non de carácter sanitario), con independencia das reflectidas no apartado anterior. Para tal fin o centro correspondente achegará informe debidamente razoado e xustificativo da concreta necesidade da vinculación perante a citada comisión, que resolverá, trala súa análise, sobre a procedencia do chamamento dun aspirante cualificado na área ou servicio de que se trate, e acerca do sistema de efectua-la designación daquel, respectándose sempre a orde de prelación determinada pola puntuación obtida.

En correspondencia co previsto no apartado anterior quedarán excluídos de tal sistema a cobertura de prazas vacantes e as de previsible duración superior a 60 días, que se proverán sempre na forma ordinaria.

6º. Do sistema de vinculacións previsto, exceptuarase a cobertura das substitucións do persoal sanitario das zonas rurais nas que os titulares, por non existir consultorio do Sergas, deban propoñe-los substitutos ó verse obrigados a cedérlle-lo seu consultorio.

Así mesmo, o resto das substitucións de persoal sanitario de zonas rurais, sempre que estas non superen o mes de duración, poderá realizarse mediante a designación do substituto por parte dos profesionais sanitarios, quedando os substitutos propostos excluídos da cobertura de calquera outra substitución fóra das indicadas, con exclusión das que sexan de duración igual ou superior ó ano.

Tal posibilidade non poderá ser exercida durante o ano anterior á data na que se vaia produci-la xubilación do propoñente, por calquera causa. Igualmente tampouco se fará efectivo naqueles casos nos que se poida preve-la a secuencia, trala substitución formalizada, de declaración de praza vacante ou dunha situación de reserva de longa duración normativamente prevista.

Os substitutos nomeados adquiren inescusablemente o compromiso de asumir tódalas substitucións de tal teor que se produzan. No caso de incumprimento inxustificado da dita obriga quedarán automaticamente excluídos da posibilidade de seren propostos para esta clase de cobertura.

Facilitaranlle os centros de xestión de atención primaria ás comisións provinciais de seguimento, á maior brevidade posible, relación dos facultativos e persoal de enfermería aludidos nos parágrafos anteriores.

Para tal fin, no prazo de presentación de solicitudes, os profesionais sanitarios que desexen pro

poñe-lo seu substituto, comunicarán tal circunstancia ó centro de xestión de atención primaria do que dependen notificando o nome ou nomes dos substitutos coa aceptación expresa dos afectados.

7º. Por proposta dos centros de xestión correspondentes, coa necesaria ratificación da comisión central de seguimento, para a cobertura de determinadas substitucións das categorías de persoal estatutario que razoadamente se considere oportuno, consistentes fundamentalmente na cobertura de libranzas, fins de semana, traslados de enfermos en ambulancias, absentismo pendente de xustificación, días de permiso regulamentarios, procesos de IT de curta duración non superiores en todo caso ós 5 días e outras análogas, poderá confeccionarse unha lista especial dentro da lista correspondente, no que se inclúan voluntariamente os aspirantes interesados, que exercerán dita opción no apartado correspondente da solicitude

Os aspirantes que figuren na mencionada lista, que poderá limitarse a un número concreto deles en función das necesidades reais de vinculación determinadas polas comisións provinciais de seguimento segundo os datos facilitados polos diferentes centros, asumirán a cobertura deste tipo de situacións, pola orde de puntuación correspondente, e non se lles permitirá darse de baixa nel durante a vixencia do pacto. Tales aspirantes quedarán excluídos da formalización de vínculos inferiores a seis meses.

Criterios de selección:

Para a súa confección tívose en conta a necesidade de artellar un proceso áxil e eficaz, con respecto dos principios de igualdade, mérito e capacidade.

Así mismo é preciso salienta-la especial incidencia no presente pacto da fase de oposición do proceso selectivo vehiculado polo Servicio Galego de Saúde, que afecta ás categorías estatutarias incluídas na OPE formalizada polo Decreto 74/1995, do 10 de marzo.

A importancia e indefectible consideración do mencionado proceso selectivo xa foi recollida explicitamente nos anteriores pactos (parágrafo segundo da norma xeral dúas), se ben ata o presente non puido ser tida en conta, por mor da execución da súa primeira fase.

No presente pacto asígnaselles unha importante puntuación ós aspirantes que superasen a citada fase de oposición ou que aprobasen algún exercicio dela. Esta especial relevancia colíxese das características de tal fase, exponente claro dos principios publicidade, igualdade, mérito e capacidade que informan o sistema de selección de persoal estatutario recollidos na normativa básica do sistema nacional de saúde e que así mesmo se explicitan no artigo 103 da Carta Magna.

Coa imprescindible atención da anterior premisa, establécese o proceso de selección temporal contido

no presente pacto. Tal proceso, no que respecta ó persoal sanitario, en todo o seu ámbito, facultativo e sanitario non facultativo, consistirá exclusivamente na aplicación dos baremos de méritos que, para as distintas clases de persoal, se establezan neste pacto.

No relativo ó persoal non sanitario, tendo en conta a especificidade ou complexidade dalgunhas das funcións que van desempeñar determinados profesionais, resulta preciso, respecto de concretas categorías que o integran, realizar unha proba de coñecementos que garanta a idoneidade do profesional para o desempeño da praza ou posto de traballo.

Así é o caso dos aspirantes ó grupo técnico superior, técnico e de xestión da función administrativa, e do persoal informático, que, ademais de ser puntuados con carácter previo conforme o baremo de méritos, realizarán unha proba de carácter teórico-práctico, que determinará, segundo o perfil ou características da praza obxecto da cobertura, o director-xerente do centro sanitario coa colaboración da xunta do persoal de área. Tal proba será cualificada de 0 a 10 puntos. Esta proba soamente será executada cando as características e circunstancias da praza obxecto de cobertura o requiran.

Os aspirantes a prazas de carácter técnico ou de oficios, nas categorías de calefactores, electricistas, mecánicos, fontaneiros e cociñeiros realizarán unha proba de aptitude, de carácter práctico, que acredite o dominio necesario do seu oficio.

Tamén serán obxecto dunha proba de aptitude de carácter informático os aspirantes á categoría de persoal de servicios xerais.

Da realización das devanditas probas excluiranse os aspirantes que aprobasen a fase de oposición do proceso selectivo do Sergas á que se fixo mención. Emporiso poderán excepcionalmente acordarse para as categorías do grupo A e B (técnicos superiores, da función administrativa e persoal informático), respecto a prazas que polas súas características e deseño non pertenzan á rama xurídica nin económica, ou aínda que, incursas nelas, teñan un contido prestacional moi complexo.

Da execución das devanditas probas exceptuarase tamén aquel persoal técnico, de oficios, e de servicios xerais, que prestasen servicios nalgunha institución sanitaria dependente do Sergas, por un período superior a tres meses, ou superasen a proba de aptitude executada en aplicación dos pactos anteriores.

As características, contido e mailo modo de execución das probas será determinado pola comisión central de seguimento, coa excepción das correspondentes ós grupos técnico, xestión e persoal de informática, que é competencia, como xa se indicou, das xerencias dos centros en colaboración coas xuntas de persoal de área.

As probas de aptitude para o persoal técnico ou de oficios e de servicios xerais, de carácter elimi

natorio, terá unicamente a cualificación de apto ou non apto.

Para os aspirantes declarados aptos na proba, así como para o resto dos grupos profesionais e categorías, tanto de persoal sanitario como non sanitario, aplicaranse os baremos de méritos contidos neste pacto, resultantes da suma das puntuacións que por cada apartado de méritos se estableza.

A puntuación por méritos que acaden os aspirantes determinará a súa orde na lista.

Os empates dirimiranse a prol do aspirante que acredite maior tempo como desempregado total e non subsidiado. E de persisti-lo empate ou ben de tratarse de persoal de promoción profesional, resolverase a favor do aspirante de maior idade.

Entre os aspirantes que superasen a fase de oposición do proceso selectivo os empates resolveranse a prol do que acredite maior puntuación final nesa fase (excepto a valoración da proba da lingua galega).

Baremos

Os baremos confeccionados refírense a grupos e categorías de persoal de características, nalgún caso, notoriamente diversas.

Por iso, tanto na súa estructura, coma nas súas escalas de puntuación resultan diferentes, ó terse en conta circunstancias distintas para a súa elaboración.

Principiando polo baremo dos facultativos xeneralistas, hai que dicir que se seguiu a estructura e puntuacións máximas por apartado, previstas no R.D. 118/1991 sobre selección de persoal estatutario de área que, se ben se refiren á selección de persoal titular, parece oportuno telo en conta tamén para os nomeamentos temporais, aínda que, obviamente, reducindo o número de méritos para valorar, ou, o que é o mesmo, simplificando o baremo globalmente.

No caso dos profesionais psicólogos tívose en conta, de xeito moi importante, a titulación obtida mediante a formación polo programa PIR (psicólogo interno residente).

No resto dos baremos non se ten seguido a estructura e as escalas da puntuación aludidas, ó non existi-la formación especializada ou posgraduada que naqueles casos resulta, en cambio, moi relevante, e merecer outros aspectos unha puntuación máis elevada.

Valorouse notablemente a experiencia profesional en tódolos baremos por ser indubidable a súa trascendencia.

Tamén, como se explicitou no anterior apartado, valorouse de xeito notable ter superada a fase de oposición do proceso selectivo do Sergas ou algún exercicio dela, co outorgamento da puntuación máxima susceptible de acadar pola aludida experiencia profesional.

Déuselle certa importancia ó período acreditado de desemprego, ó implicar unha incidencia grande na xeneralidade das categorías obxecto de cobertura de persoal sanitario non facultativo e non sanitario. A puntuación neste apartado ponderouse con relación á asignada nos dous apartados anteriores sinalados.

Respecto o persoal sanitario non facultativo e non sanitario, tivéronse moi en conta os cursos de formación e perfeccionamento, pola importancia real da formación continuada para as categorías de persoal que comprenden; e considerando igualmente a trascendencia que tradicionalmente se lle ten dado a tales cursos, co establecemento, iso si, dun sistema rigoroso de control que permita garanti-la entidade e maila calidade destes cursos, e a preterición, no posible, dos que sexan pouco relevantes ou, incluso, inexistentes nalgún caso.

Ademais, para o persoal non sanitario valoráronse aspectos de formación que parecen importantes, como é o caso da titulación específica pensada sobre todo para o persoal de oficios.

Finalmente, no que respecta ó persoal de promoción profesional, con independencia da valoración do proceso selectivo, substitúese obviamente a do tempo de desemprego, pola de servicios prestados na súa praza en propiedade nos centros sanitarios onde estean actualmente destinados.

Baremo de persoal facultativo: médicos xerais

I. Formación académica.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos neste apartado será de 3 puntos.

1) Estudios de licenciatura:

Cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

Cada sobresaliente: 1 punto.

Cada notable: 0,5 puntos.

* A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

* Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política, e educación física.

2) Posgrao:

Exame de grao (licenciatura): 0,25 puntos.

Premio extraordinario: 0,75 puntos.

Pola realización dos cursos monográficos de doutouramento ou do 3º ciclo: 0,25 puntos en total.

A puntuación máxima polos 3 epígrafes anteriores é de 1 punto.

3) Grao de doutor: 1,5 puntos.

A puntuación máxima acadada polos coñecementos de posgrao e doutoramento reflectidos nos apartados 2 e 3, será de 1,5 puntos.

Soamente se valorarán para efectos deste apartado, os expedientes académicos e titulacións obtidos en España ou noutro país da Unión Europea.

II. Formación continuada.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 3 puntos.

Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica e universidades, Real Academia de Medicina e colexios oficiais de médicos, ou avalados en debida forma polo Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da atención primaria de saúde, a razón de:

* Duración de 40-100 horas: 0,10 puntos.

* Duración de 101-250 horas : 0,20 puntos.

* Duración de 251-450 horas : 0,40 puntos.

* Duración de 451 en adiante: 1,20 puntos.

Formación continua das administracións públicas:

Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións, organizacións acreditadas, ou no Plan de Formación Continua do Sergas, terán a seguinte valoración:

* Duración de 20-40 horas: 0,20 puntos.

* Duración de 41-60 horas: 0,40 puntos.

* Duración de 61 en adiante: 1.

Acreditación dos cursos: deberá conte-la sinatura do responsable do órgano convocante e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo, deberá constar claramente o número de horas, as datas de comezo e finalización, o contido, e maila localidade onde foi impartido.

Cando a convocatoria e desenvolvemento dos cursos estea feita conforme unha disposición normativa que regule as características xerais, será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documentos suficientes a certificación de asistencia a el (con expresión, se é o caso, da cualificación de aptitude).

III. Formación especializada.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 7 puntos.

* Formación na especialidade de medicina familiar e comunitaria:

1) Aspirantes que se encontren en posesión do título de especialista en medicina familiar e comunitaria expedido polo Ministerio de Educación e Ciencia: 2 puntos.

2) Aspirantes que cumprisen o período completo de formación como residentes do programa MIR, ou

que cumprisen o período completo de formación como residentes nun centro estranxeiro con programa recoñecido de docencia para posgraduados na especialidade e coa titulación de especialistas convalidada polo Ministerio de Educación e Ciencia: 5 puntos.

3) Aspirantes que superasen a convocatoria nacional para optar á praza do programa MIR e non cumprisen o período completo de formación na especialidade: por cada ano completo de residente e ata un máximo de 3 puntos: 1 punto.

Os apartados 2) e 3) son excluíntes entre si.

* Formación noutras especialidades:

1) Por acredita-la especialidade de medicina interna: 3 puntos.

2) Por acreditar calquera outra especialidade: 1,50 puntos.

Só poderá ser valorada unha especialidade por aspirante.

IV. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 7 puntos.

1) Aspirantes que desempeñasen praza de médico titular, médico de medicina xeral ou médico de servicios de urxencia hospitalaria e extrahospitalaria:

-Por cada mes de servicios en institucións sanitarias da Seguridade Social dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias da Seguridade Social integrantes do sistema nacional de saúde: 0,08 puntos.

-Por cada mes de servicios noutras institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da UE: 0,04 puntos.

-Por cada mes de servicios en institucións sanitarias privadas españolas ou dun país da UE: 0,02 puntos.

2) Aspirantes que desempeñasen praza noutras especialidades:

-Por cada mes de servicios prestados en institucións sanitarias da Seguridade Social dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias da Seguridade Social integrantes do sistema nacional de saúde: 0,04 puntos.

-Por cada mes de servicios noutras institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da UE: 0,02 puntos.

-Por cada mes de servicios prestados en institucións sanitarias privadas españolas ou dun país da UE: 0,01 puntos.

3) Médicos axudantes de cotas cirúrxicos.

-Por cada mes de servicios prestados: 0,04 puntos.

4) Pola permanencia na lista especial (suposto 7 do pacto) durante a totalidade da vixencia de cada

pacto en que tivese virtualidade e sempre que se prestasen servicios continuados como consecuencia del: 2 puntos por cada pacto.

A acreditación dos servicios prestados en institucións sanitarias públicas españolas farase a través de certificación expedida polo responsable do servicio de persoal ou servicio equiparable do centro público que corresponda.

A prestación de servicios en institucións sanitarias privadas deberá acreditarse con aportación de certificación da empresa na que se faga constar categoría, duración e xornada do facultativo, así e igualmente achegarase informe do órgano correspondente da Seguridade Social de cotizacións como facultativo.

Os servicios prestados en institucións sanitarias tanto públicas como privadas, dalgún país integrante da UE, acreditaranse por medio da certificación oficial expedida polo órgano que proceda do país en cuestión e, de ser necesario, esixirase a súa homologación por parte da oficina diplomática española do país de que se trate.

V. Coñecementos de lingua galega.

1. Pola realización do curso de iniciación de lingua galega: 0,5 puntos.

2. Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega: 1 punto.

A puntuación máxima deste apartado V é de 1 punto.

Baremo de odontólogos

I. Formación académica.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos deste apartado será de 5 puntos.

1) Estudios de licenciatura:

Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

Por cada sobresaliente: 1 punto.

Por cada notable: 0,5 puntos.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

No caso de odontólogos, realizarase este cómputo coas notas da licenciatura de odontoloxía. No caso de médicos-odontólogos, realizarase coas materias de licenciatura de medicina e as de odontoloxía; e no caso de médicos-estomatólogos coas de medicina e estomatoloxía.

En calquera caso non se valorarán as materias de relixión, idiomas, educación física e formación política.

2) posgrao:

Exame de grao (licenciatura): 0,25 puntos.

Premio extraordinario: 0,75 puntos.

Pola realización dos cursos monográficos de doutoramento do 3º ciclo: 0,25 puntos en total.

3) Grao de doutor: 1,5 puntos.

A puntuación máxima polos apartados 2) e 3) será de 1,5 puntos.

Soamente se valorarán para efectos deste apartado os expedientes académicos e titulacións obtidos en España ou noutro país da Unión Europea.

II. Formación continuada.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 5 puntos.

Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica e universidades, Real Academia de Medicina e colexios oficiais de odontólogos ou de médicos, ou avalados en debida forma polo Sergas, sempre que teñan un contido relacionado cos aspectos preventivos da patoloxía bucodental ou con programas de intervención comunitaria, a razón de:

* Duración de 40-100 horas: 1 punto.

* Duración de 101-250 horas: 2 puntos.

* Duración de 251-450 horas: 3 puntos.

* Duración de 451-en diante: 5 puntos.

A acreditación dos cursos: deberá conte-la sinatura do responsable do órgano convocante e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo deberá constar claramente o número de horas do curso, as datas de comezo e finalización, o seu contido e maila localidade onde foi impartido.

Cando a convocatoria e desenvolvemento dos cursos estea feita conforme unha disposición normativa que regule as súas características xerais será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documentos suficientes a certificación de asistencia (con expresión, se é o caso, da cualificaicón de aptitude).

III. Experiencia profesional.

A puntuación máxima neste apartado será de 18 puntos.

1) Por cada mes completo de servicios prestados como odontólogo ou estomatólogo, en institucións sanitarias xestionadas polo Sergas ou dependentes do servicio nacional de saúde: 0,08 puntos.

2) Por cada mes completo de servicios prestados como odontólogo ou estomatólogo noutras institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da Unión Europea: 0,02 puntos.

3) Pola permanencia na lista especial (suposto 7 do pacto) durante a totalidade da vixencia de cada pacto en que tivera virtualidade e sempre que se

prestasen servicios continuados como consecuencia del: 2 puntos por cada pacto.

IV. Coñecementos de lingua galega.

1) Pola realización do curso de iniciación de lingua galega: 0,5 puntos.

2) Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega: 1 punto.

A puntuación máxima deste apartado é de 1 punto.

Baremo de ATS-DUE

I. Oferta pública de emprego do Servicio Galego de Saúde. Fase de oposición. (Decreto 74/1995, do 10 de marzo):

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos deste apartado será de 18 puntos.

Por cada exercicio aprobado da citada fase, excepto o de lingua galega: 6 puntos.

II. Formación académica.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 2 puntos.

1) Estudios de diplomatura de ATS/DUE.

Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

Por cada sobresaliente: 1 punto.

Por cada notable: 0,5 puntos.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

Non se valorarán as materias de idiomas, relixión, formación política e educación física.

2) Por premio fin de carreira: 0,5 puntos.

Soamente se valorarán para efectos deste apartado, os expedientes académicos e titulacións obtidos en España ou noutro país da Unión Europea.

III. Formación continuada:

A puntuación máxima deste apartado será de 5 puntos.

Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Inem, Cruz Vermella e colexios oficiais de enfermería, ou avalados en debida forma polo Sergas, sempre que estes teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta, a razón de:

* Duración de 40-100 horas: 0,30 puntos.

* Duración de 101-200 horas: 0,75 puntos.

* Duración de 201-500 horas: 1,25 puntos.

* Duración de 501 en adiante: 2,5 puntos.

Formación continua das administracións públicas:

Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións ou organizacións acreditadas, ou no Plan de Formación Continua do Sergas, terán a seguinte valoración:

* Duración de 20-40 horas: 0,20 puntos.

* Duración de 41-60 horas: 0,40 puntos.

* Duración de 61 en adiante: 1.

Acreditación dos cursos: deberá conte-la sinatura do responsable do órgano convocante, e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo deberá constar claramente o número de horas do curso, as datas de comezo e finalización, o seu contido, e maila localidade onde foi impartido.

Cando a convocatoria e desenvolvemento dos cursos estea feita conforme unha disposición normativa que regule as características xerais, será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documento suficientemente acreditativo a certificación de asistencia ó mesmo (con expresión, se é o caso, da cualificación de aptitude).

IV. Formación especializada.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 2 puntos.

1) Polo título ou diploma de especialidades de ATS/DUE que recoñeza a normativa vixente, expedido polo Ministerio de Educación e Ciencia: 1 punto.

V. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 18 puntos.

1) Por cada mes de servicios prestados en institucións sanitarias da Seguridade Social dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias da Seguridade Social integrantes do sistema nacional de saúde como ATS/DUE: 0,25 puntos.

2) Por cada mes de servicios prestados como ATS/DUE noutras institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da UE: 0,10 puntos.

3) Por cada mes de servicios prestados como ATS/DUE en institucións sanitarias privadas españolas ou dun país da UE: 0,05 puntos.

4) Pola permanencia na lista especial (suposto 7º do pacto) durante a totalidade da vixencia de cada pacto en que tivera virtualidade e sempre que se prestasen servicios continuados como consecuencia del: 2 puntos por cada pacto.

A acreditación dos servicios prestados en institucións sanitarias públicas españolas farase a través de certificación expedida polo responsable do servicio de persoal ou servicio equiparable do centro público que corresponda.

A prestación de servicios en institucións sanitarias privadas deberá acreditarse con aportación de certificación da empresa na que se faga constar categoría, duración e xornada do ATS/DUE, e igualmente, aportarase informe do órgano correspondente da Seguridade Social de cotizacións como ATS/DUE.

Os servicios prestados en institucións sanitarias tanto públicas como privadas, dalgún país integrante da UE, acreditaranse por medio da certificación oficial expedida polo órgano que proceda do país en cuestión e, de seren necesario, esixirase a súa homologación por parte da oficina diplomática española do país de que se trate.

VI. Desemprego.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 6 puntos.

Por cada ano, fraccionable en meses, en situación de desempregado total e non subsidiado dentro dos últimos 3 anos: 2 puntos (máximo 6 puntos).

O tempo de desemprego deberá acreditarse necesariamente coa achega do certificado de vida laboral expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social.

VII. Coñecementos de lingua galega.

1. Pola realización do curso de iniciación da lingua galega: 0,50 puntos.

2. Pola realización do curso de perfeccionamento da lingua galega: 1 punto.

* A puntuación máxima deste apartado VII é de 1 punto.

Baremo de matronas

I. Formación académica.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 2 puntos.

1. Estudios da diplomatura de ATS-DUE, asistencia obstétrica xinecolóxica (matrona):

Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

Por cada sobresaliente: 1 punto.

Por cada notable: 0,5 puntos.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

Non se valorarán as materias de relixión, formación política, educación física, e idioma.

2. Por premio fin de carreira: 0,5 puntos.

Soamente se valorarán para efectos deste apartado, os expedientes académicos e titulacións obtidos en España ou noutro país da Unión Europea.

II. Formación continuada.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 5 puntos

1. Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Inem, Cruz Vermella, e colexios oficiais de enfermería, ou avalados en debida forma polo Sergas, sempre que estes mesmos teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta a razón de:

* Duración de 40-100 horas: 0,30 puntos.

* Duración de 101-200 horas: 0,75 puntos.

* Duración de 201-500 horas: 1,25 puntos.

* Duración de 501 en adiante : 2,5 puntos.

Formación continua das administracións públicas:

Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións ou organizacións acreditadas, ou no Plan de Formación Continua do Sergas, terán a seguinte valoración:

* Duración de 20-40 horas: 0,20 puntos.

* Duración de 41-60 horas: 0,40 puntos.

* Duración de 61 en adiante: 1 punto.

Acreditación dos cursos: deberán conte-la sinatura do responsable do órgano convocante, e/ou profesional responsable da súa impartición. Así mesmo deberá constar claramente o número de horas do curso, as datas de comezo e finalización, o contido seu, e maila localidade onde foi impartido.

Cando a convocatoria e desenvolvemento dos cursos estea feita conforme súas unha disposición normativa que regule as características xerais será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documentos suficientemente acreditativos a certificación de asistencia (con expresión, se é o caso, da cualificación de aptitude).

III. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 18 puntos.

1. Por cada mes de servicios prestados en institucións sanitarias da Seguridade Social dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias da Seguridade Social integrantes do sistema nacional de saúde como matrona: 0,25 puntos.

2. Por cada mes como matrona noutras institucións sanitarias públicas españolas ou dalgún país da UE: 0,10 puntos.

3. Por cada mes como matrona en institucións sanitarias privadas españolas ou dun país da UE: 0,05 puntos.

4. Pola permanencia na lista especial (suposto 7 do pacto) durante a totalidade da vixencia de cada pacto en que tivera virtualidade e sempre que se prestasen servicios continuados como consecuencia del: 2 puntos por cada pacto.

5) A acreditación dos servicios prestados en institucións sanitarias públicas españolas farase a través de certificación expedida polo responsable do servicio de persoal ou servicio equiparable do centro público que corresponda.

A prestación de servicios en institucións sanitarias privadas deberá acreditarse con aportación de certificación da empresa na que se faga constar categoría, duración e xornada da matrona, e igualmente, achegarase informe do órgano correspondente da Seguridade Social de cotizacións como matrona.

Os servicios prestados en institucións sanitarias tanto públicas como privadas, dalgún país integrante da UE, acreditaranse por medio de certificación expedida ou homologada pola oficina diplomática española do país de que se trate.

IV. Desemprego.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 6 puntos.

Por cada ano, fraccionable en meses, en situación de desempregado total e non subsidiado dentro dos últimos 3 anos: 2 puntos. (máximo 6 puntos).

O tempo de desemprego deberá acreditarse necesariamente coa achega de certificado de vida laboral expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social.

V. Coñecementos de lingua galega.

1. Pola realización do curso de iniciación de lingua galega: 0,50 puntos.

2. Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega: 1 punto.

* A puntuación máxima deste apartado V é de 1 punto.

Baremo de fisioterapeutas

I. Oferta pública de emprego do Servicio Galego de Saúde. Fase de oposición. (Decreto 74/1995, do 10 de marzo):

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 18 puntos.

Por cada exercicio aprobado dos tres primeiros da fase, excepto o de lingua galega: 6 puntos

II. Formación académica.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 2 puntos.

1. Estudios de fisioterapeuta ou diplomados en fisioterapia:

Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

Por cada sobresaliente: 1 punto.

Por cada notable: 0,5 puntos.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

Non se valorarán as materias de relixión, formación política, educación física e idiomas.

2. Por premio fin de carreira: 0,5 puntos.

Soamente se valorarán para efectos deste apartado, os expedientes académicos e titulacións obtidos en España ou noutro país da Unión Europea.

III. Formación continuada.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 5 puntos.

1. Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades,Inem e Cruz Vermella, ou avalados en debida forma polo Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta a razón de:

* Duración de 40-100 horas: 0,30 puntos.

* Duración de 101-200 horas: 0,75 puntos.

* Duración de 201-500 horas: 1,25 puntos.

* Duración de 501 en adiante: 2,5 puntos.

Formación continua das administracións públicas:

Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións ou organizacións acreditadas, ou no Plan de Formación Continua do Sergas, terán a seguinte valoración:

* Duración de 20-40 horas: 0,20 puntos.

* Duración de 41-60 horas: 0,40 puntos.

* Duración de 61 en adiante: 1 punto.

Acreditación dos cursos: deberán conte-la sinatura do responsable do órgano convocante, e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo deberá constar, claramente, o número de horas do curso, as datas de comezo e finalización, o seu contido, e maila localidade onde foi impartido.

Cando a convocatoria e desenvolvemento dos cursos esté feita conforme a unha disposición normativa que regule as características xerais súas será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documento suficientemente acreditativo a certificación de asistencia ó mesmo (con expresión, se é o caso, da cualificación de aptitude).

IV. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 18 puntos.

1) Por cada mes de servicios prestados en institucións sanitarias da Seguridade Social dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias da Seguridade Social integrantes do sistema nacional de saúde coma fisioterapeuta: 0,25 puntos.

2) Por cada mes de servicios prestados como fisioterapeuta, noutras institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da UE: 0,10 puntos.

3) Por cada mes de servicios prestados como fisioterapeuta en institucións sanitarias privadas españolas ou dun país da UE: 0,05 puntos.

4) Pola permanencia na lista especial (suposto 7 do pacto) durante a totalidade da vixencia de cada pacto en que tivera virtualidade e sempre que se prestasen servicios continuados como consecuencia del: 2 puntos por cada pacto.

5) A acreditación dos servicios prestados en institucións sanitarias públicas españolas farase a través de certificación expedida polo responsable do servicio de persoal ou servicio equiparable do centro público que corresponda.

A prestación de servicios en institucións sanitarias privadas deberá acreditarse con achega de certificación da empresa na que se faga constar categoría, duración e xornada do fisioterapeuta, e igualmente, achegarase informe do órgano correspondente da Seguridade Social de cotizacións como fisioterapeuta.

Os servicios prestados en institucións sanitarias tanto públicas como privadas, dalgún país integrante da UE, acreditaranse por medio de certificación expedida ou homologada pola oficina diplomática do país de que se trate.

V. Desemprego.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado sera de 6 puntos.

Por cada ano, fraccionable en meses, en situación de desempregado total e non subsidiado dentro dos últimos 3 anos: 2 puntos (máximo 6 puntos).

O tempo de desemprego deberá acreditarse necesariamente coa achega de certificado de vida laboral expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social.

VI. Coñecementos de língua galega.

1. Pola realización do curso de iniciación de lingua galega: 0,50 puntos.

2. Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega: 1 punto.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 1 punto

Baremo de técnicos especialistas

I. Oferta pública de emprego do Servicio Galego de Saúde. Fase de oposición. (Decreto 74/1995, do 10 de marzo):

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 18 puntos.

Por cada exercicio aprobado na citada fase, excepto o de lingua galega: 9 puntos

II. Formación académica.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 1,5 puntos.

Estudios de técnico especialista de formación profesional de 2º grao, rama sanitaria da especialidade de que se trate, no caso de que o expediente académico teña cualificacións individualizadas por cada disciplina (non se consideran como materias valorables: relixión, formación política, formación física e idiomas),

Por cada sobresaliente: 1,5 puntos.

Por cada notable: 1 punto.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

Para a avaliación das materias utilizarase a seguinte táboa de equivalencias:

Sobresaliente: 9 puntos

Notable: 7 puntos

Ben: 6 puntos

Suficiente: 5 puntos

Soamente se valorarán para efectos deste apartado, os expedientes académicos e titulacións obtidos en España ou noutro país da Unión Europea.

III. Formación continuada.

A puntuación máxima posible para cada aspirante, polo conxunto dos méritos previstos neste apartado, será de 5 puntos.

Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades,Inem e Cruz Vermella, ou avalados en debida forma polo Servicio Galego de Saúde, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta a razón de:

* Duración de 30-60 horas: 0,30 puntos.

* Duración de 61-100 horas: 0,75 puntos.

* Duración de 101-200 horas: 1,25 puntos.

* Duración de 201 en adiante: 2,5 puntos.

Formación continua das administracións públicas:

Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas,

que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións ou organizacións acreditadas, ou no Plan de Formación Continua do Sergas, terán a seguinte valoración:

* Duración de 20-40 horas: 0,20 puntos.

* Duración de 41-60 horas: 0,40 puntos.

* Duración de 61 en adiante: 1 punto.

Acreditación dos cursos : deberán conte-la sinatura do responsable do órgano convocante, e/ou do profesional que, se é o caso, o imparta. Así mesmo deberá constar claramente o número de horas do curso, as datas de comezo e finalización, o seu contido, e maila localidade onde foi impartido.

Cando a convocatoria e desenvolvemento dos cursos estea feita conforme unha disposición normativa que regule as características xerais súas será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documento suficientemente acreditativo a certificación de asistencia (con expresión, se é o caso, da cualificación de aptitude)

IV. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 18 puntos.

1) Por cada mes de servicios prestados como técnico especialista en institucións sanitarias da Seguridade Social dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias da Seguridade Social integrantes do sistema nacional de saúde: 0,25 puntos.

2) Por cada mes de servicios prestados como técnico especialista noutras institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da UE: 0,10 puntos.

3) Por cada mes de servicios prestados como técnico especialista en institucións sanitarias privadas españolas ou dun país da UE: 0,05 puntos.

4) Pola permanencia na lista especial (suposto 7 do pacto) durante a totalidade da vixencia de cada pacto en que tivera virtualidade e sempre que se prestasen servicios continuados como consecuencia del: 2 puntos por cada pacto.

5) A acreditación dos servicios prestados en institucións sanitarias públicas españolas farase a través de certificación expedida polo responsable do servicio de persoal ou servicio equiparable do centro público que corresponda.

A prestación de servicios en institucións sanitarias privadas deberá acreditarse con achega de certificación da empresa na que se faga constar categoría, duración e xornada do técnico especialista, así, e igualmente, achegarase informe do órgano correspondente da Seguridade social de cotizacións como técnico especialista.

Os servicios prestados en institucións sanitarias tanto públicas como privadas, dalgún país integrante da UE, acreditaranse por medio de certificación

expedida ou homologada pola oficina diplomática española do país de que se trate.

V. Desemprego.

A puntuación máxima será de 6 puntos.

Por cada ano fraccionable en meses en situación de desempregado total e non subsidiado dentro dos últimos 3 anos: 2 puntos (máximo 6 puntos).

O tempo de desemprego deberá acreditarse necesariamente coa aportación de certificado de vida laboral expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social.

VI. Coñecementos de lingua galega.

1) Pola realización do curso de iniciación de lingua galega: 0,5 puntos.

2) Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega: 1 punto.

A puntuación máxima posible cada aspirantes polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 1 punto.

Baremo de auxiliares de enfermería

I. Oferta pública de emprego do Servicio Galego de Saúde. Fase de oposición. (Decreto 74/1995, do 10 de marzo):

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 18 puntos.

Por cada exercicio aprobado na citada fase, excepto o de lingua galega: 9 puntos

II. Formación académica.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 1,5 puntos.

Estudios de formación profesional de primeiro grao, rama sanitaria:

Cada curso con cualificación de sobresaliente na área de coñecementos tecnolóxicos e prácticos: 1,5 puntos.

Cada curso con cualificación de notable, na área de coñecementos tecnolóxicos e prácticos: 1 punto.

No suposto de que as cualificacións non veñan especificadas por áreas de coñecemento, as disciplinas que se avaliarán serán as seguintes:

Por cada sobresaliente: 9 puntos

Por cada notable: 7 puntos

Neste suposto, as asignaturas que se avaliarán serán:

Tecnoloxía

Prácticas

Técnicas de expresión gráfica

Non se computarán aquelas materias que poidan estar convalidadas.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas.

Para a avaliación das materias utilizarase a seguinte táboa de equivalencias:

Sobresaliente: 9 puntos

Notable: 7 puntos

Ben: 6 puntos

Suficiente: 5 puntos

Soamente se valorarán para efectos deste apartado, os expedientes académicos e titulacións obtidos en España ou noutro país da Unión Europea.

III. Formación continuada.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 5 puntos.

Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades,Inem e Cruz Vermella, ou avalados en debida forma polo Sergas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta, a razón de:

* Duración de 30-60 horas: 0,30 puntos.

* Duración de 61-100 horas: 0,75 puntos.

* Duración de 101-200 horas: 1,25 puntos.

* Duración de 201 en adiante: 2,5 puntos.

Formación continua das administracións públicas:

Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións ou organizacións acreditadas, ou no Plan de Formacón Continua do Sergas, terán a seguinte valoración:

* Duración de 20-40 horas: 0,20 puntos.

* Duración de 41-60 horas: 0,40 puntos.

* Duración de 61 en adiante: 1 punto.

Acreditación dos cursos: deberán conte-la sinatura do responsable do órgano convocante, e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo deberá constar claramente o número de horas do curso, as datas de comezo e finalización, o seu contido, e maila localidade onde foi impartido.

Cando a convocatoria e desenvolvemento dos cursos estea feita conforme unha disposición normativa que regule as características xerais súas será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documento suficientemente acreditativo a certificación de asistencia (con expresión, se é o caso, da cualificación de aptitude).

IV. Experiencia profesional.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previsto neste apartado será de 18 puntos.

1) Por cada mes de servicios prestados en institucións sanitarias da Seguridade Social dependentes do Sergas ou noutras institucions sanitarias integrantes do Sistema Nacional de Saúde como auxiliar de clínica ou auxiliar de enfermería: 0,25 puntos.

2) Por cada mes de servicios prestados como auxiliares de clínica ou auxiliares de enfermería noutras institucións sanitarias públicas españolas ou dun país da UE: 0,10 puntos.

3) Por cada mes de servicios prestados en institucións sanitarias privadas españolas ou dun país da UE como auxiliar de clínica ou auxiliar de enfermería: 0,05 puntos.

4) Pola permanencia na lista especial (suposto 7 do pacto) durante a totalidade da vixencia de cada pacto en que tivera virtualidade e sempre que se prestasen servicios continuados como consecuencia del: 2 puntos por cada pacto.

A acreditación dos servicios prestados en institucións sanitarias públicas españolas farase a través de certificación expedida polo responsable do servicio de persoal ou servicio equiparable do centro público que corresponda.

A prestación de servicios en institucións sanitarias privadas deberá acreditarse coa achega de certificación da empresa na que se faga constar categoría, duración e xornada do auxiliar de enfermería, e igualmente, achegarase informe do órgano correspondente da Seguridade Social de cotizacións como auxiliar de enfermería.

Os servicios prestados en institucións sanitarias tanto públicas como privadas, dalgún país integrante da UE, acreditaranse por medio de certificación expedida ou homologada pola oficina diplomática española do país de que se trate.

V. Desemprego.

A puntuación máxima posible para cada aspirante neste apartado será de 6 puntos.

Por cada ano fraccionable en meses en situación de desempregado total e non subsidiado dentro dos últimos 3 anos: 2 puntos. (máximo 6 puntos).

O tempo de desemprego deberá acreditarse necesariamente coa achega de certificado de vida laboral expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social.

VI. Coñecementos de lingua galega.

1) Pola realización do curso de iniciación de lingua galega: 0,50 puntos.

2) Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega: 1 puntos.

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 1 punto.

Baremo de persoal non sanitario

I. Oferta pública de emprego do Servicio Galego de Saúde. Fase de oposición (Decreto 74/1995, do 10 de marzo):

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos deste apartado será de 18 puntos.

Por cada exercicio aprobado da citada fase, excepto o correspondente ó de lingua galega:

Grupos A e B: 6 puntos. (Máximo 3 exercicios)

Grupos C,D,E: 9 puntos. (Máximo 2 exercicios)

II. Formación continuada:

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 7 puntos.

1. Pola titulación específica relacionada coa praza á que se opta, sexa ou non título habilitador para o seu desempeño: 4 puntos.

Idéntica puntuación asignarase no caso dos aspirantes á categoría de psicólogo, por ter seguido a rama ou especialidade académica de psicoloxía clínica evolutiva ou a de psicopatoloxía e psicoterapéutica nos estudios da licenciatura.

2. Para as categorías integrantes dos grupos A e B, incluídas no ámbito de aplicación do estatuto de persoal non sanitario, valorarase o expediente académico relativo ó título ou diplomatura que se acredite para acceder á praza solicitada, cun máximo de 3 puntos a razón de:

Grupos A e B :

Por cada matrícula de honra: 1,5 puntos.

Por cada sobresaliente: 1 punto.

Por cada notable: 0,5 puntos.

A suma das puntuacións dividirase polo número total das materias avaliadas, expresando o cociente cos dous primeiros decimais obtidos.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

Grupo A:

Grao de doutor: 1,5 puntos.

Grupo B:

Por premio fin de carreira: 1,5 puntos.

Soamente se valorarán para efectos deste apartado, os expedientes académicos e titulacións obtidos en España ou noutro país da Unión Europea.

3. Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades,Inem, Cruz Vermella e colexios profesionais ou avalados en debida forma polo Sergas,

sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría á que se opta, unha puntuación máxima de 5 puntos, a razón de:

* Duración de 20-40 horas: 0,30 puntos.

* Duración de 41-60 horas: 0,75 puntos.

* Duración de 61-200 horas: 1,25 puntos.

* Duración de 201 en adiante: 2,5 puntos.

Formación continua das administración públicas:

Os cursos realizados en aplicación do acordo de formación continua das administracións públicas, que tiveron a súa virtualidade, entre outros, en organismos, institucións ou organizacións acreditadas, ou no Plan de Formación Continua do Sergas, terán a seguinte valoración:

* Duración de 20-40 horas: 0,40 puntos.

* Duración de 41-60 horas: 1 punto.

* Duración de 61 en adiante: 1,5 punto.

Acreditación dos cursos: deberán conte-la sinatura do responsable do órgano convocante, e/ou do profesional responsable da súa impartición. Así mesmo deberá constar claramente o número de horas do curso, as datas de comezo e finalización, o seu contido, e maila localidade onde foi impartido.

Cando a convocatoria e desenvolvemento dos cursos estea feita conforme unha disposición normativa que regule as súas características xerais será innecesario acreditalos consonte se esixe no parágrafo anterior, sendo documento

suficiente a certificación de asistencia (con expresión, se é o caso, da cualificación de aptitude).

III. Experiencia profesional:

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 18 puntos.

1) Por cada mes de servicios prestados na mesma categoría á que se opte, en institucións sanitarias da Seguridade Social dependentes do Sergas ou noutras institucións sanitarias da Seguridade Social integrantes do sistema nacional de saúde: 0,25 puntos.

2) Por cada mes de servicios prestados na mesma categoría á que se opte, noutras institucions sanitarias públicas españolas ou dun país da UE: 0,10 puntos.

3) Por cada mes de servicios prestados, na mesma categoría a que se opte, en institucións sanitarias privadas ou en institucións públicas que non sexan de carácter sanitario españolas ou dun país da UE: 0,05 puntos.

4) Por cada mes de servicios prestados na mesma categoría á que se opta, en empresas de carácter privado españolas ou dun país da UE: 0,025 puntos.

Para a categoría de personal de servicios xerais, valoraranse ademais dos desenvoltos nesta concreta categoría, os desempeñados na de auxiliar da función administrativa e celador ou telefonista. As referidas

puntuacións serán as seguintes, en cada un dos apartados anteriores:

Apartado 1) Auxiliar administrativo: 0,20 puntos

Celador e telefonista: 0,15 puntos

Apartado 2) Auxiliar administrativo: 0,08 puntos

Celador e telefonista: 0,06 puntos

Apartado 3) Auxiliar administrativo: 0,04 puntos

Celador e telefonista: 0,03 puntos

Apartado 4) Auxiliar administrativo: 0,020 puntos

Celador e telefonista: 0,015 puntos

5) Pola permanencia na lista especial (suposto 7 do pacto) durante a totalidade da vixencia de cada pacto en que tivera virtualidade e sempre que se prestasen servicios continuados como consecuencia del: 2 puntos por cada pacto.

A acreditación dos servicios prestados en institucións públicas españolas farase a través de certificación expedida polo responsable do servicio de persoal ou servicio equiparable do centro público que corresponda.

A prestación de servicios en institucións sanitarias e empresas privadas deberá acreditarse con aportación de certificación da empresa na que se faga constar categoría, duración e xornada do persoal non sanitario de que se trate; así, e igualmente, aportarase informe do órgano correspondente da Seguridade Social de cotizacións como tal persoal.

Os servicios prestados en institucións sanitarias tanto públicas como privadas, dalgún país integrante da UE, acreditaranse por medio da certificación oficial expedida polo órgano que proceda do país en cuestión e, de seren necesario, esixirase a súa homologación por parte da oficina diplomática española do país de que se trate.

IV. Desemprego.

A puntuación máxima posible para cada aspirante neste apartado será de 6 puntos.

Por cada ano, fraccionable en meses, en situación de desempregado total e non subsidiado dentro dos últimos tres anos: 2 puntos. (máximo 6 puntos)

O tempo de desemprego deberá acreditarse necesariamente coa achega de certificado de vida laboral expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social.

V. Formación posgraduada: (psicólogos)

A) Pola acreditación do titulo de psicólogo clínico a través do programa de formación posgraduada PIR (psicólogo interno residente): 15 puntos.

B) Pola acreditación do título anteriormente mencionado, a través doutro medio ou vía distinta do reflectido no parágrafo anterior: 4,00 puntos.

Os apartados A ) e B) son excluíntes.

VI. Coñecementos de língua galega:

1. Pola realización do curso de iniciación de lingua galega: 0,5 puntos.

2. Pola realización do curso de perfeccionamento de lingua galega: 1 punto

A puntuación máxima posible para cada aspirante polo conxunto dos méritos previstos neste apartado será de 1 punto

Cuestións especificas que hai que ter en conta na baremación

Desemprego e formación continuada.

A situación de desemprego, así como a formación continuada valoraranse a partir da obtención da titulación habilitadora para o desempeño de praza á que se opte (licenciatura ou especialidade, diplomatura, formación profesional ou equivalente).

Promoción profesional.

Ó persoal de promoción profesional aplicaráselle a totalidade dos méritos contidos nos baremos correspondentes á categoría que opten, bardante o referente a tempo de desemprego, que será substituído pola antigüidade acreditada na categoría que obstenta en propiedade no centro sanitario onde presta servicios.

As puntuacións serán idénticas ás asignadas, no apartado correspondente de cadanseu baremo, ó tempo acreditado por desemprego total non subsidiado.

Réxime de homologación dos coñecementos

de lingua galega

O grao de iniciación á lingua galega ten o seguinte réxime de homologación:

-En bacharelato (incluído COU):

Un ano cursado e aprobado da materia de língua galega.

-En formación profesional:

Un ano cursado e aprobado da materia de lingua galega.

-Na universidade:

Un ano cursado e aprobado de lingua galega.

O grao de perfeccionamento de lingua galega ten o seguinte réxime de homologación:

-En bacharelato:

Dous anos cursados e aprobados da materia de lingua galega (incluído COU).

-En formación profesional:

Tres anos cursados e aprobados da materia de lingua galega.

-Na universidade:

Dous anos cursados e aprobados da materia de lingua galega.

Os certificados de homologación serán expedidos, no caso do bacharelato e da formación profesional, polos propios servicios administrativos dos centros onde se cursaron os estudios, logo de solicitude dos interesados.

No caso dos estudios universitarios o certificado será solicitado polos interesados á Dirección Xeral de Política Lingüística, órgano competente para tal acreditación.

Normativa aplicable:

-Orde do 25 de abril de 1989 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 101, do 29/5/1989).

-Orde do 19 de xaneiro de 1989 da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG nº 27, do 8/2/1989).

ANEXO I

A) Provincia da Coruña:

-Área sanitaria da Coruña.

Áreas máis próximas:

* Ferrol

* Santiago de Compostela

-Área sanitaria de Ferrol.

Áreas máis próximas:

* A Coruña

* Burela

-Área sanitaria de Santiago de Compostela.

Áreas máis próximas:

* A Coruña

* Pontevedra (Norte)

B) Provincia de Lugo:

-Área sanitaria de Burela.

Áreas máis próximas:

* Lugo

* Ferrol

-Área sanitaria de Lugo.

Áreas máis próximas:

* Burela

* Monforte de Lemos

-Área sanitaria de Monforte de Lemos.

Áreas máis próximas:

* Lugo

* O Barco de Valdeorras

C) Provincia de Ourense:

-Área sanitaria de Ourense.

Áreas máis próximas:

* O Barco de Valdeorras

-Área sanitaria do Barco de Valdeorras.

Áreas máis próximas:

* Ourense

* Monforte de Lemos

D) Provincia de Pontevedra:

-Área sanitaria de Pontevedra.

Áreas máis próximas:

* Santiago de Compostela

* Vigo (Pontevedra Sur)

-Área sanitaria de Vigo.

Área máis próxima:

* Pontevedra (Norte)

Para os médicos xerais as áreas deben coincidir coas xerencias de atención primaria, tendo en conta que os seus servicios soamente se prestan en centros de atención primaria e nunca nun centro de atención especializada. Polo tanto as ditas áreas son as seguintes:

A) Provincia da Coruña:

-Área de A Coruña

Área máis próxima:

* Ferrol

* Santiago de Compostela

-Área de Ferrol.

Área máis próxima:

* A Coruña

* Lugo

-Área de Santiago de Compostela.

Áreas máis próximas:

* A Coruña

* Pontevedra (Norte)

B) Provincia de Lugo

-Área de Lugo.

Áreas máis próximas:

* Ferrol

C) Provincia de Ourense

-Área de Ourense.

Áreas máis próxima:

* Pontevedra Sur

D) Provincia de Pontevedra

-Área de Pontevedra Norte.

Áreas máis próximas:

* Santiago de Compostela

* Pontevedra Sur

-Área de Pontevedra Sur.

Área máis próxima:

* Pontevedra Norte

Solicitude de inscrición na lista previa a nomeamentos ou contratacións temporais de persoal estatutario do Sergas.

D./Dna

DNIData de nacemento

Enderezo

ConcelloProvincia

Teléfono/s

Titulación académica

EXPÓN:

Que publicado o pacto para contratacións temporais de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde (Sergas), subscrito entre a Administración sanitaria e as centrais sindicais e estando interesado na prestación de servicios como contratado temporal nas institucións sanitarias do Sergas, nas condicións que se establecen no devandito pacto, crendo reuni-los requisitos necesarios,

SOLICITA:

Que sexa admitida a presente solicitude (á que se achegan os documentos sinalados con X) para a categoría, área de xestión e demais condicións sinaladas nesta solicitude.

............................, ........... de .......................... de 19..

Sinatura:

-Exercicios superados na fase de oposición do Sergas

(excluído o de galego). Sinale con asterisco:

1º o 2º o 3º o

-Se figura nas listas do pacto anterior,

Sinale: Categoría

Área

CATEGORÍA SOLICITADA (Véxase ó dorso):

ÁREA DE XESTIÓN SOLICITADA (Véxase ó dorso):

PROVINCIA SOLICITADA (Unicamente para o persoal facultativo):

(cubrirase cun asterisco nos supostos que proceda)

* SE OPTA POR PROMOCIÓN PROFESIONAL (Norma xeral 8): o

* SE OPTA Á LISTA ESPECIAL(Norma xeral 11, suposto especial 7º): o

* SE ACHEGA ACREDITACIÓN DE EXPERIENCIA NA ÁREA SINALADA PARA OS EFECTOS DO

ESTABLECIDO NA NORMA XERAL 11, supostos especiais 4º e 5º (Sinalar un só):

UCI-ReanimaciónQuirófanosHemodiáliseTrasplantesPrematuros-Neonatos

ooooo

Unidades de saúde mentalOutro servicio (citar nome)

o..........................................

Documentos que xuntarán obrigatoriamente a esta solicitude:

o Copia do DNI ou documento que legalmente o substitúa (ou carta identificativa e permiso de traballo e residencia no suposto de cidadáns da UE)

o Copia compulsada da titulación académica que corresponda á praza solicitada.

o Orixinais ou copias compulsadas dos xustificantes de méritos aportados. De non achegalos non se valorarán os ditos méritos.

o Certificados da experiencia do servicio sinalado. De non achegala, non se considerará a citada experiencia.

NOTA.-A presentación de solicitudes en máis dunha categoría e área de xestión, ou dúas provincias no caso dos facultativos, suporá a exclusión automática das listas (apartado 4 do pacto).

DIRECTOR PROVINCIAL DO SERGAS

(Provincia:)

D./Dna

DNI

Categoría solicitada

Área de xestión sanitaria

ÁREAS DE XESTIÓN:

-Para médicos xerais: (substitucións)

A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol.

Lugo.

Ourense.

Pontevedra (Á. norte), Vigo (Á. sur)

-Para o resto do persoal:

A Coruña, Santiago de Compostela, Ferrol.

Lugo, Burela, Monforte.

Ourense, O Barco de, Valdeorras.

Pontevedra (Á. norte), Vigo (Á. sur)

Relación de categorías que poden solicitarse coa indicación da titulación mínima esixida para cada grupo de titulación:

Nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais do SERGAS e dos centros de xestión de atención primaria e especializada, figura a relación de categorías que poden solicitarse para cada área sanitaria.

Categorías do grupo A:

*Médico xeral (título de licenciatura en medicina). Para os licenciados de medicina posteriores a 1-1-1995, esixirase a especialidade de medicina familiar e comunitaria.

*Grupo técnico da función administrativa (título de doutor, licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente).

*Psicólogo (título de licenciatura en psicoloxía).

*Odontoestomatólogo (título en odontología, ou de licenciado en medicina coa especialista en estomatoloxía)

Categorías do grupo B:

*Matrona (título de diplomado en enfermería, coa especialidade de matrona)

*Fisioterapeuta (título de diplomado en fisioterapia)

*ATS/DUE (título de diplomado en enfermería)

*Terapeuta ocupacional (título de diplomado en terapia ocupacional)

*Logopeda (título de diplomado en logopedia)

*Grupo de xestión da función administrativa (enxeñeiro técnico, diplomado universitario, arquitecto técnico, formación profesional de 3º grao ou equivalente).

*Asistente social (titulo de diplomatura de A.social)

Categorías do grupo C:

*Cociñeiro (bacharelato superior, formación profesional de 2º grao ou equivalente)

*Técnico especialista en laboratorio, radioloxía, anatomía patolóxica ou técnico hixienista dental (formación profesional de 2º grao rama sanitaria)

Categorías do grupo D:

*Auxiliar de enfermería (formación profesional 1º grao rama sanitaria)

*Grupo auxiliar da función administrativa (graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente)

*Albanel (graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente)

*Electricista (graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente)

*Fontaneiro (graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente)

*Calefactor (graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente)

*Mecánico (graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente)

*Carpinteiro (graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente)

*Perruqueiro (graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente)

*Conductor (graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente)

*Pintor (graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente)

*Costureiro (graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente)

*Telefonista (graduado escolar, formación profesional de 1º grao ou equivalente)

*Persoal de servicios xerais (P.S.X.) (1)

Categorías do grupo E:

*Celador (certificado de escolaridade ou equivalente)

*Pinche (certificado de escolaridade ou equivalente)

*Lavandeiro (certificado de escolaridade ou equivalente)

*Pranchador (certificado de escolaridade ou equivalente)

*Limpador (certificado de escolaridade ou equivalente)

Categorías con algún requisito especial:

Conductor (carné de conducir B2)

Cociñeiros e pinches (carné de manipulador de alimentos)

Calefactores (carné de operador industrial de caldeiras)

Os tres documentos citados deberán ser achegados coa solicitude.

TAXAS:

Tal como establece a Lei 13/1991, do 4 de decembro, de taxas, deberanse aboa-los seguintes importes:

Por expedición de certificados: 375 ptas.

Compulsa de documentos:-Primeiro folio ou folio único: 200 ptas.-Por cada un dos folios seguintes do mesmo documento: 50 ptas.

IDADE MÍNIMA: A idade mínima esixida será de 18 anos cumpridos, alomenos, o derradeiro día do prazo de presentación de solicitudes.

(1) Categoría constituída por Decreto 160/1996, do 25 de abril (DOG nº 94, do 14-5-1996). Ver tamén Orde do 8-11-1996 (DOG nº 224, do 15-11-1996).

1352