Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 07 de marzo de 1997 Páx. 2.082

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial para 1997 do convenio colectivo do comercio de alimentación.

Visto o expediente de revisión salarial para o ano 1997 do convenio colectivo do comercio de alimentación que tivo entrada nesta Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 5-2-1997, subscrito en representación da parte económica por ASAC e da parte social por UGT, CC.OO., CIG e USO o día 4-5-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 81/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de febreiro de 1997.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo comercio alimentación da Coruña 1997

Incremento sobre 1996 3,2%

Táboas salariais

Grupo profesionalNivel retributivoCategorías incluídasSalario baseSalario anualValor cuadrienio

I.A)Director116.0851.741.2754.643
B)Xefe de persoal108.7151.630.7254.461
Xefe de ventas108.7151.630.7254.461
Xefe de compras108.7151.630.7254.461
C)Xefe administrativo106.2941.594.4104.335
Xefe de almacén106.2941.594.4104.335
Coordinador xeral106.2941.594.4104.335

Grupo profesionalNivel retributivoCategorías incluídasSalario baseSalario anualValor cuadrienio

II.A)Xefe Sec. administrativa103.9721.559.5804.221
Xefe sección mercantil103.9721.559.5804.221
Xefe sección servicios103.9721.559.5804.221
Xefe de sucursal103.9721.559.5804.221
B)Encargado establecemento98.3381.475.0703.923
Viaxante98.3381.475.0703.923
Contable-caixeiro98.3381.475.0703.923
C)Oficial administrativo95.1891.427.8353.877
Programador95.1891.427.8353.877
Comprador95.1891.427.8353.877
III.A)Dependente94.4791.417.1853.836
Profesional oficio 1ª94.4791.417.1853.836
Capataz ou encargado94.4791.417.1853.836
B)Auxiliar de caixa89.9201.348.8003.836
Auxiliar administrativo89.9201.348.8003.836
Profesional de oficio 2ª89.9201.348.8003.836
Mozo especializado89.9201.348.8003.836
Operador89.9201.348.8003.836
C)Axudante de dependente88.0161.320.2403.836
Envasador, repoñedor, marcador88.0161.320.2403.836
Profesional de oficio 3ª88.0161.320.2403.836
Cobrador, conserxe, vixilante88.0161.320.2403.836
Mozo88.0161.320.2403.836

-Plus de transporte: 7.010

1615