Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Venres, 07 de marzo de 1997 Páx. 2.080

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do calendario laboral para o ano 1997 no sector da construcción.

Visto o expediente no que se aproba o calendario laboral para 1997 no sector da construcción, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 5-2-1997, subscrito en representación da parte económica pola APECCO e da parte social por UGT, CC.OO. e CIG o día 3-2-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 7 de febreiro de 1997.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta nº 1

Convenio construcción provincia da Coruña

Asistentes.

-Por APECCO:

Antón Arias Díaz-Eimil.

Benigno López Bueno.

Antonio Fernández Chao (asesor).

Miguel García Eiroa (secretario).

-Por UGT:

Jesús Calvo Romero.

-Por CC.OO.:

Santiago Huertas Pozurama.

-Por CIG:

Ezequiel Cancela Martínez.

Vicente Moreira Sobrido.

Na cidade da Coruña o 3 de febreiro de 1997, ás 17 horas, reúnense nos locais de APECCO, os señores que arriba se relacionan, para proceder a darlle cumprimento ós trámites de constitución de mesa para negocia-lo convenio colectivo provincial da Coruña, de construcción e obras públicas para 1997, e recoñecemento de lexitimidade, e en canto a representatividade se acreditará debidamente na seguinte reunión.

E en representación de cada unha das centrais, asistirán as seguintes persoas:

-Por CIG:

Domingo Besada Saavedra.

Ezequiel Cancela Martínez.

Vicente Moreira Sobrido.

-Por UGT:

Ramón Calvo Romero.

Jesús Calvo Romero.

Celestino Pérez Vázquez.

-Por CC.OO:

Santiago Huertas Pozurama.

José Luis Paz Pena.

-E en representación da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción da Coruña (APECCO):

Benigno López Bueno.

Antón Arias Díaz-Eimil.

Silviano Pizarro Gómez.

Antonio Torres Sánchez.

Antonio Fernández Chao (asesor).

Miguel García Eiroa (secretario).

Nos expresados termos queda constituída a mesa negociadora do convenio colectivo provincial da Coruña, de construcción e obras públicas.

Aberta a sesión e despois dunha ampla deliberación con relación ó calendario laboral que rexerá para o ano 1997, acórdase aprobar por unanimidade o que se xunta á presente acta, como anexo I e que entra en vigor na data da súa sinatura.

Do mesmo xeito, acórdase que para o ano 1998 se considerarán festivos de convenio o 2 e o 5 de xaneiro e o luns de Entroido, por conta dos festivos que por adaptación de xornada e polo vindeiro convenio se establezan.

Así mesmo, facúltase a Miguel García Eiroa, secretario para a presentación do calendario indicado perante a Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia, para efectos da súa homologación e posterior publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

En proba de conformidade, asínase a presente acta no lugar e data máis arriba indicados.

ANEXO I

Convenio de construcción provincia da Coruña

Horas de traballo correspondentes ó ano 1997

DíasXaneiroFebreiroMarzoAbrilMaioXuñoXulloAgostoSetembroOutubroNovembroDecembro

1FNSS8FND8888FN8

28DD8FC.888S88D8

38888S88D8888

4S888D8888S88

5D88S88S88D88

6FN88D88D8SFC.88FN

788888S88DFL8D

88SS88D8888SFN

98DD8888S88D8

108FC.888S88D8888

11SFL88D8888S88

12D88S88S88D88

13888D88D8S88S

1488888S88D88D

158SS88D8FN88S8

168DD8888S88D8

178888FN888D8888

18S888D8888S88

19D88S88S88D88

20888D88D8S88S

2188888S88D88D

228SS88D8888S8

238DD8888S88D8

248888S88D888FC.8

25S888D8FN88S8FN

26D88S88S88D8FC.8

2788FND88D8S88S

2888FN88S88D88D

298-S88D8888S8

308-D8888S88D8

318-FC.8-S-8D-8-FC.8

Horas168144144176160168176160176168160144
Días211818222021222022212018

Días do ano365

Sábados49

Domingos-52

Festas nacionais-12

Festas locais-2

-------------

Días de traballo anual250

Adaptación connvenio-8

-------------

242

Total horas traballo2.000

30 días naturais vacacións-168

-------------

1.832

Adaptación convenio-64

-------------

Total horas efectivas traballo1.768

Nota: as festas locais, 11 de febreiro e 7 de outubro, refírense ó Concello da Coruña. Para o resto dos concellos serán os que se determinan no calendario de festas publicado no BOP nº 257, do 8-11-1996. Os días sinalados FC.8 teñen tratamento de festivo, para o ano 1997, para darlle cumprimento ó artigo 71 do convenio xeral do sector da construcción, vixente ata o 31-12-1996. Os días que faltan para completa-las 64 horas de descanso por convenio serán desfrutadas polos traballadores durante o ano 1997, logo da comunicación á empresa por parte do traballador, con polo menos 48 horas de antelación, non perdendo polo tanto o seu carácter laboral para futuros convenios.

Cando un festivo local (FL) coincida con algún festivo convenio (FC.8), este pasarase ó seguinte día laboral. Así mesmo, cando coincida cun sábado.

1351