Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 06 de marzo de 1997 Páx. 2.024

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 4 de marzo de 1997 pola que se modifica a do 26 de decembro de 1996 que regula o procedemento para a solicitude, tramitación e concesión das axudas ós productores de determinados cultivos herbáceos na campaña de comercialización 1997/1998 e das primas en beneficio dos productores de carne de ovino e caprino, dos productores de carne de vacún e dos que manteñan vacas nutrices para o ano 1997 na Comunidade Autónoma de Galicia.

As dificultades xurdidas na presentación das solicitudes de axudas superficies e primas gandeiras para o ano 1997 no marco da normativa europea, nacional e autonómica que as regulan, e relacionadas coa definición correcta dos plans de sementeira e a determinación dos animais que poder ser obxecto de solicitude de prima en cada explotación en función de tódolos seus condicionantes obrigan á ampliación do prazo de presentación de solicitudes e doutras datas depenendo del.

Polo tanto, de acordo co disposto no artigo 30.1º 3 do Estatuto de autonomía de Galicia e en uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, e no seu Decreto 205/1990, do 15 de marzo,

DISPOÑO:

Artigo 1º

O punto 1 do artigo 3 da Orde do 26 de decembro de 1996, queda redactado así:

«1. O prazo para a presentación de solicitudes de axuda e da declaración de superficies forraxeiras será o comprendido entre o 2 de xaneiro e o 31 de marzo de 1997».

Artigo 2º

A alínea b) do punto 1 do artigo 19 da Orde do 26 de decembro de 1996, queda redactado así:

«b) Que rematará o día 9 de xullo de 1997, no referente a ovino e caprino».

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de marzo de 1997.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

1573