Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 06 de marzo de 1997 Páx. 2.024

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a publicación no Diario Oficial de Galicia da acta da revisión salarial do convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais.

Vista a resolución desta delegación provincial, con data 14-2-1997, sobre publicación da revisión salarial do convenio colectivo do sector limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra, e advertida a omisión da publicación da propia acta da comisión deliberadora do devandito convenio que, con independencia da nova táboa salarial, contén modificación substancial na contía do plus de transporte e de asistencia para o ano 1997, que debeu ser igualmente publicada por afectarlle ó propio contido normativo-económico do convenio colectivo en cuestión. Procede, ó abeiro do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, rectifica-la devandita omisión-erro material e, consecuentemente, en uso das súa facultades legais, esta delegación provincial,

ACORDA:

Proceder á publicación no Diario Oficial de Galicia da acta da comisión deliberadora do citado convenio colectivo para o sector de limpeza de edificios e locais, da provincia de Pontevedra, por conter acordos substantivos con incidencia en determinados artigos do texto pactado.

Vigo, 24 de febreiro de 1997.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra

Asistentes:

CIG:

José Manuel Fontaíña Doval.

Mª del Tránsito Fernández.

CC.OO.:

Carmen Segurana Bedrina.

Representación empresarial:

Paula Díaz Lamela.

Alonso Rodríguez Galego.

Miguel Ángel Vila Davila.

Adolfo González González.

Alfonso Regueiro Costas.

Secretaria de actas:

Ana Mª Martín Herrero.

En Vigo, nos locais da Confederación de Empresarios de Pontevedra, sendo as dezasete horas do

día trinta de xaneiro de mil novecentos noventa e seis, reúnese a comisión deliberadora do convenio colectivo de limpeza de edificios e locais da provincia de Pontevedra, co obxecto de darlle cumprimento ó acordado na disposición adicional do dito convenio referente ó incremento retributivo para o ano mil novecentos noventa e sete.

O dito incremento estableceuse no IPC real rexistrado o trinta e un de decembro de mil novecentos noventa e seis, mailo 0,5%, e acordouse que se aplicase sobre os seguintes conceptos: táboas salariais, plus de transporte e plus de asistencia.

O plus de transporte para 1997 queda establecido na seguinte contía: 9.494 ptas. mensuais. Por cada día de ausencia ó traballo descontarase a cantidade de 432 ptas.

O plus de asistencia para 1997 queda establecido na seguinte contía: 6.756 ptas. mensuais. Por cada día de ausencia ó traballo descontarase a cantidade de 307 ptas.

Unha vez examinada a táboa salarial elaborada para o efecto, os asistentes danlle a súa aprobación e asinan esta acta en proba de conformidad, acordando a súa remisión á autoridade laboral para efectos do seu rexistro e posterior publicación no BOP.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as dezaoito horas do día arriba indicado.

1704