Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Xoves, 06 de marzo de 1997 Páx. 2.025

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 1997 pola que se convoca un seminario sobre política ambiental.

A Escola Galega de Administración Pública, en colaboración coa Escola de Ludwigburg (Alemaña), organiza un seminario sobre política ambiental, conforme as seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Establecer un foro de debate que aborde a situación medioambiental de Alemaña e España (con especial referencia a Galicia), dos seus problemas e carencias das posibles solucións que se poden adoptar en materia de política ambiental.

Segunda.-Contido.

Abordaranse algúns aspectos do medio ambiente de especial relevancia e interese, sempre desde unha perspectiva global e integradora, así como a utilización dos instrumentos de xestión ambiental e plans de actuación que se están levando a cabo nas políticas ambientais de ámbolos dous países.

Terceira.-Destinatarios.

Persoal ó servicio de calquera das administracións públicas galegas e interesados en xeral.

Cuarta.-Desenvolvemento e duración.

O seminario abrirase o martes, día 18 de marzo, ás 10 horas, e rematará ás 14 horas do mércores día 19.

Quinta.-Inscrición.

-Prazo: remata o venres día 14 de marzo de 1997.

-Lugar de presentación: no rexistro xeral da EGAP (Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15703, Santiago de Compostela). Tfno. 57 08 00. Telefax 57 15 40.

-Forma: as solicitudes de inscrición faranse por escrito, no modelo oficial que figura ó final destas bases. Serán rexeitadas todas aquelas peticións que non reúnan o dito requisito.

As peticións de admisión poderanse enviar por correo ordinario ou por telefax ó número consignado.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión chamando por teléfono de 10.30 a 14.45 horas, ó seguinte número: (981) 57 08 00 (Ext. 229).

Sexta.-Certificación de asistencia.

Entregaráselles ó remate deste seminario a aqueles asistentes que concorresen asiduamente e expresarase neste documento a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Sétima.-Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de cancela-lo seminario se o escaso número de solicitudes non xustificasen a súa realización.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 1997.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

1336