Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Mércores, 05 de marzo de 1997 Páx. 1.973

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 37/1997, do 20 de febreiro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto: 128 P.O.L. 96.-Ribeira de Piquín.-E.P. Chao de Pousadoiro-Santalla, tramo entre Cangos e ponte sobre o río Eo.

A Deputación Provincial de Lugo, en sesión celebrada o día 30 de agosto de 1996, acordou aproba-lo proxecto de 128 P.O.L. 96.-Ribeira de Piquín.- E.P. Chao de Pousadoiro-Santalla, tramo entre Cangos e ponte sobre o río Eo e na sesión do día 30 de setembro de 1996, acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. A deputación remitiu a documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 15 de xaneiro de 1997 baixo o número 402.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 20 de xaneiro 1997, nº 619.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque as obras deberán quedar totalmente rematadas no ano 1997 ó estar cofinanciadas con fondos do FEDER e dos orzamentos xerais do Estado e figurar incluídas no Programa Operativo Local do ano 1996, circunstancia esta que fixo imprescindible acudir a este procedemento dado que para a execución das obras é preciso a ocupación dos bens de propiedade privada, que o procedemento urxente permite ocupar no momento do levantamento das actas prévias coa conseguinte axilización do expediente. Por outra banda, considérase a importancia que para as comunicacións comarcais supón esta vía provincial que enlaza con estradas xa construídas por esta deputación na zona oriental da provincia que ten unha orografía sumamente accidentada, polo que estas comunicacións melloran ostensiblemente a calidade de vida das poboacións alí asentadas facilitándolle-los

desprazamentos cara a Meira, así como á capital da provincia dunha banda, e da outra, cara á Fonsagrada e ó Principado de Asturias.

A competencia para a declaración da urxente ocupación corresponde ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2 e 28.2 do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de febreiro de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial de Lugo para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de 128 P.O.L. 96.-Ribeira de Piquín.- E.P. Chao de Pousadoiro-Santalla, tramo entre Cangos e ponte sobre o río Eo.

Santiago de Compostela, vinte de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

1506