Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 1997 Páx. 1.681

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (197/1991).

Eu, Juan Manuel Regal Menéndez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido, fago saber que neste xulgado do meu cargo se seguen autos de declarativo menor contía número 197/1991, nos que recaeu sentencia con encabezamento e parte dispositiva que din así:

«En Padrón, 5 de febreiro de 1992. Vistos por Raimundo San Adrián Otero, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón e o seu partido, os presentes autos de declarativo menor contía seguidos neste xulgado co número 197/1991, nos que son parte, como demandante, Marcial Bouzas Sorribas, representado pola procuradora Soledad Sánchez Silva, e asistido do letrado José Santiago Pérez, e como demanada, Induro, S.L., con domicilio social no lugar de Antequeira, parroquia de Oín, municipio de Rois e contra a comunidade hereditaria de Tito Bouzas Sorribas, integrada por Mª del Carmen Bentín Calvo, Tito Bouzas Bentín, Antonio Bouzas Bentín, Javier Bouzas Bentín, Mª del Carmen Bouzas Bentín, Fernando Bouzas Bentín, Carlos Bouzas Bentín e contra os herdeiros descoñecidos de Tito Bouzas Sorribas e demais persoas que puidesen ter interese no preito, sendo representada a entidade Induro, S.L., polo procurador Manuel Alfonsín Somoza.

Decido que desestimando a demanda interposta pola procuradora Mª Soledad Sánchez Silva en representación de Marcial Bouzas Sorribas e sen entrar no fondo do asunto, debo absolver e absolvo na instancia os demanados Induro, S.L., Mª del Carmen Bentín Calvo, Tito Bouzas Bentín, Antonio Bouzas Bentín, Javier Bouzas Bentín, Mª del Carmen Bouzas Bentín, Fernando Bouzas Bentín e Carlos Bouzas Bentín sen facer especial pronunciamento en custas.

E para a súa publicidade e que lle sirva de notificación ó demandado, non comparecido, herdeiros descoñecidos e incertos de Tito Bouzas Sorribas e demais persoas que puidesen ter interese no preito, expido o presente edicto en Padrón, dezaseis de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco».

O xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

1078