Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Martes, 25 de febreiro de 1997 Páx. 1.681

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (86/1996).

En providencia da data, dictada polo maxistrado-xuíz deste xulgado no xuízo verbal de faltas número 86/1996, que se segue por lesións por agresión, cítase a María Dolores Gil Rodríguez para que o vindeiro día 14 de marzo, ás 10.30 horas, compareza ante la sala de audiencias deste xulgado, situado na rúa Viena, s/n, polígono das Fontiñas desta cidade, co obxecto de asistir á celebración do dito xuízo en calidade de denunciante, baixo apercibimento de que, se non o verifica nin alega xusta causa para deixar de facelo, poderá ser multada consonte a lei e recaeren sobre ela os prexuízos ós que houber lugar en dereito, podendo, se é parte, ser asistida por avogado, e debe acudir ó xuízo coas probas de que tente valerse. E para que así conste e lle sirva de citación en forma a María Dolores Gil Rodríguez, en paradoiro descoñecido, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o tres de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

9063