Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 1997 Páx. 1.644

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 14 de xaneiro de 1997 pola que se declara a alienabilidade de varios bens inmobles procedentes do patrimonio das extintas cámaras agrarias locais de Moaña e Crecente.

A disposición adicional sétima da Lei 11/1995, do 30 de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1996, no seu apartado tres, establece que o Consello da Xunta de Galicia, na forma prevista na Lei 3/1985, do 12 de abril, poderá desafectar e cedérlle-lo uso dos bens inmobles das extintas cámaras agrarias ós concellos, organizacións profesionais agrarias ou outras entidades públicas ou privadas sen fin de lucro, sempre que quede garantida a conservación e aplicación deles ós fins e servicios de interese xeral agrario.

Os concellos de Moaña e Crecente solicitaron a cesión de uso dos inmobles sitos nos seus respectivos termos municipais, pertencentes ás extintas cámaras agrarias locais.

Mediante Decreto 328/1996, do 26 de xullo (DOG nº 157, do 12 de agosto), desafectáronse, entre outros, varios inmobles que integraban o patrimonio das extintas cámaras agrarias locais de Moaña e Crecente.

Unha vez obtida a inscrición nos correspondentes rexistros da propiedade dos ditos bens inmobles a

nome da Comunidade Autónoma de Galicia, procede declara-la súa alienabilidade conforme o disposto nos artigos 24 da citada Lei 3/1985 e 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilita-la cesión do dereito de uso destes.

En virtude do anteriormente exposto, por proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio, logo do informe da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a alienabilidade dos bens inmobles que se describen a continuación:

1) Predio urbano sito no barrio da Seara, termo municipal de Moaña (Pontevedra), edificado nun soar de 250 m. Linda ó norte, estrada de carro e despois de Esperanza Villaverde; ó sur e ó leste, con terreo comunal; ó oeste, estrada de Cangas a Vilavoa, ramal ó peirao.

O dito inmoble atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Pontevedra, no tomo 407 do arquivo, libro 33 de Moaña, folio 172, predio 2.449, inscrición 4ª.

2) Casa número 6 da rúa Solís Ruíz, na vila de Crecente (Pontevedra), cunha superficie construída de 385 m e que se compón de semisoto, planta baixa, planta alta e terraza. O semisoto ten 120 m de superficie e está destinado a almacén; a planta baixa de 120 m componse de salón de actos, arquivo, despacho do presidente e oficina do secretario; a planta alta de 120 m destínase a vivenda e componse de sala de estar, comedor, baño, cociña e catro habitacións e unha terraza de 25 m. Linda ó norte e ó noroeste, resaídos e casa chamada "do casino" de Sara Valeije; ó sur, Guillermina Estévez; ó leste, rúa de Solís Ruíz e ó oeste, rúa de Mon e Landa e estrada da Cañiza a Pousa.

O dito inmoble atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Ponteareas no tomo 298, libro 82 de Crecente, folio 19, predio 7373, inscrición 4ª.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 1997.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

97-1313