Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Luns, 24 de febreiro de 1997 Páx. 1.644

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 454/1996, do 26 de decembro, polo que se establece un réxime de axudas á internacionalización da empresa galega.

Advertidos erros no referido decreto, publicado no DOG nº 8, do 14 de xaneiro de 1997, procede face-las seguintes correccións:

Na páxina 379:

-No título do decreto, onde di: «... establécese un réxime de axudas á internacionalización da empresa galega.», debe dicir: «... establécese un réxime de axudas á expansión exterior da empresa galega».

Artigo 1º, onde di: «... á internacionalización da empresa galega...», debe dicir: «... á expansión exterior da empresa galega...».

Na páxina 380:

-Artigo 3º, apartado 2.a) última frase, onde di: «... xa sexa a través da constitución ou ampliación dos fondos propios de filiais estranxeiras participadas ó 100%,...», debe dicir: «... xa sexa a través da constitución ou ampliación dos fondos propios de filiais estranxeiras o capital dos cales pase a estar participado polo beneficiario en polo menos un 50%...».

1312