Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 1997 Páx. 1.560

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CARBALLIÑO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria do día 7 de febreiro de 1997, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias na zona do polígono industrial da Uceira.

No dito acordo suprímese o apartado 1 do artigo 37 da ordenanza e indícase que os dereitos de tanteo e retracto inclúen as parcelas, soares ou non, sen edificación ou con edificación que non esgoten o aproveitamento urbanístico permitido, ou ben ruinosas.

De conformidade co disposto no artigo 8.d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación de competencias da Xunta de Galicia, procédese á publicación do presente acordo.

Así mesmo, a entrada en vigor da dita modificación supedítase á publicación deste acordo no DOG, á inserción do texto das ordenanzas no BOP e ó envío dun exemplar do expediente e dous do documento urbanístico á Xunta de Galicia.

Recursos: contra o presente acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o seguinte ó da inserción deste anuncio no DOG, logo da comunicación ó concello, Art. 110 LRJPAC.

Pódese, así mesmo, empregar calquera outro medio ou recurso que se considere conveniente.

O Carballiño, 13 de febreiro de 1997.

O alcalde-presidente

Rubricado

1155