Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 1997 Páx. 1.559

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 1997 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, para a contratación da obra: reparacións no edificio de 8 vivendas na rúa Concepción Arenal en Lugo. (Expediente LU-96/REP-03).

Obxecto: execución de obras de reparación das patoloxías observadas nun edificio de 8 vivendas na rúa Concepción Arenal en Lugo.

Orzamento: seis millóns duascentas setenta e cinco mil trescentas setenta e seis (6.275.376) pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: tres (3) meses.

Clasificación: grupo C; subgrupos 2 e 4; categoría e.

Garantía provisional: dispensada.

Garantía definitiva: duascentas cincuenta e unha mil quince (251.015) pesetas.

Documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán nesta contratación estarán de manifesto e a disposición dos interesados para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, no rexistro da sede dos servicios centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela)

Presentación de proposicións: as proposicións, que se axustarán ó modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no antedito rexistro, antes das 14 horas do vixésimo sexto (26) día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidi-lo dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación de propostas rematará o primeiro día hábil seguinte.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da sede dos servicios centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, ás dez (10) horas do décimo primeiro día hábil contado a partir do seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama ou telefax no mesmo día.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 1997.

José A. Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

1154