Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 1997 Páx. 1.560

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO CARBALLIÑO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria do día 7 de febreiro de 1997, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias na zona do Cornuval.

No dito acordo indícase que se considera o terreo afectado como sistema xeral.

Así mesmo, indícase que xa entraron en vigor as NNSS da zona das Barcias e, polo tanto, os estándares urbanísticos de zonas verdes cúmprense.

De conformidade co disposto no artigo 8.d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, de delegación de competencias da Xunta de Galicia, procédese á publicación do presente acordo.

Así mesmo, a entrada en vigor da dita modificación supedítase á publicación deste acordo no DOG, á inserción do texto das ordenanzas no BOP e ó envío

dun exemplar do expediente e dous do documento urbanístico á Xunta de Galicia.

Recursos: contra o presente acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o seguinte ó da inserción deste anuncio no DOG, logo da comunicación ó concello, Art. 110 LRJPAC.

Pódese, así mesmo, empregar calquera outro medio ou recurso que se considere conveniente.

O Carballiño, 13 de febreiro de 1997.

O alcalde-presidente

Rubricado

1139