Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 1997 Páx. 1.516

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 1996, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se ratifican os estatutos da Federación Galega de Fútbol.

Visto o estatuto da federación e a a acta de aprobación da súa asemblea xeral extraordinaria do 4-1-1996.

Visto o informe da Sección de Rexistro de Clubs e Asuntos Xurídicos, a Orde do 28 de xullo de 1995 de desenvolvemento do Decreto 228/1994, do 14 de xullo, regulador das federacións deportivas galegas, a Lei 10/1990, xeral do deporte, e demais normativa aplicable,

RESOLVO:

Ratificar con efectos desde a aprobación da súa asemblea os estatutos aprobados de conformidade co artigo 8 da Orde do 28 de xullo de 1995 e autoriza-la publicación dos estatutos no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 1996.

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

Estatutos da Federación Galega de Fútbol

Título I

Capítulo I

Denominación, obxecto, natureza, ámbito, competencia e enderezo

Artigo 1º

A Federación Galega de Fútbol (no sucesivo FGF), constituída o 14 de novembro do 1909, é unha asociación privada, con personalidade xurídica e capacidade de obrar, que integra: entidades deportivas, deportistas, adestradores, árbitros, auxiliares e dirixentes, co obxectivo de fomento, desenvolvemento e práctica continuada da actividade de fútbol, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

A FGF, ademais das competencias que lle son propias, exerce por delegación funcións públicas de carácter administrativo actuando como axente colaborador da Administración pública.

Artigo 2º

A FGF é unha asociación deportiva organizada, formada por persoas físicas e xurídicas que actúan sen afán de lucro. O réxime interno adecuarase ós principios de representatividade e ó de organización interna democrática, como así mesmo ós mandatos constitucionais. A FGF ten personalidade xurídica e patrimonio propio e independente dos seus asociados, e plena capacidade de obrar, coas limitacións sinaladas pola lei e disposicións vixentes, e pode adquirir para os seus propios fins, bens de toda clase, mobles e inmobles, contratar e obrigarse para o cumprimento das súas finalidades, e está suxeita ás súas propias responsabilidades.

A FGF atópase integrada na Federación Española de Fútbol ostentando de maneira exclusiva a representación desta dentro do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia no referente ó deporte do fútbol, conservando en tal integración a súa personalidade xurídica, o seu patrimonio propio e diferenciado, o seu orzamento e o seu réxime xurídico particular.

En materia competitiva e disciplinaria a Federación Galega de Fútbol, a nivel estatal e internacional, depende da Real federación Española de Fútbol (FEF), e dos órganos competentes da Unión Europea de Fútbol Asociación (UEFA) e da Federación Internacional de Fútbol Asociación (FIFA).

Artigo 3º

A FGF ten como obxecto social promocionar, dirixir e ordenar dentro de Galicia, sen prexuízo das competencias concorrentes das distintas administracións públicas, as actividades propias da súa modalidade deportiva, en coordinación cos organismos correspondentes da Xunta de Galicia.

A FGF é a única entidade competente dentro da Comunidade Autónoma de Galicia para promocionar, regular, organizar, xestionar e controla-las competicións oficiais de fútbol e calquera das súas modalidades deportivas (fútbol feminino e fútbol sete).

Artigo 4º

A FGF dentro da súa actividade dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, ademais das funcións propias de promoción, goberno, administración, xestión e organización do fútbol exercerá, baixo a organización e tutela da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, as seguintes funcións públicas de carácter administrativo:

a) A promoción e divulgación do fútbol en tódalas súas facetas.

b) Canaliza-los deportistas cara á práctica do fútbol mediante os oportunos cursos de iniciación, formación e perfeccionamento.

c) Apoiar técnica e administrativamente a práctica do fútbol velando ante os organismos competentes polo apoio desta modalidade deportiva dentro de Galicia.

d) Cualificar e organiza-las actividades e competicións deportivas oficiais de ámbito autonómico galego.

e) Exerce-la potestade disciplinaria sobre os integrantes da federación nos termos previstos pola lei.

f) Exerce-lo control das subvencións que asignen ás asociacións e entidades deportivas nas condicións que fixe o órgano competente.

g) Executar, se é o caso, as resolucións do comité galego de disciplina deportiva.

h) Calquera outra que lle sexan atribuída pola lexislación vixente ou que acorde no ámbito da súa competencia a asemblea xeral.

Os actos realizados pola FGF no exercicio das funcións públicas de carácter administrativo son susceptibles de recurso ante a Administración pública, e as súas resolucións esgotan a vía administrativa.

Artigo 5º

A FGF regúlase ó amparo do Decreto 228/1994, do 14 de xullo, da Xunta de Galicia, e de acordo coa Orde do 28 de xullo de 1995, que o desenvolve, segundo o disposto no Art. 27.2 do Estatuto de autonomía de Galicia, a Lei 10/1990, do 15 de outubro, Lei do deporte, o Real decreto 1835/1991, do 20 de decembro, regulador das federacións deportivas españolas, e o Real decreto 2434/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 6º

O domicilio social fíxase na Coruña, rúa Menéndez y Pelayo número 18, piso 2º, nos locais da súa propiedade.

A comisión delegada por maioría dos seus membros e cando as circunstancias o aconsellen poderán acorda-lo cambio do enderezo social dentro da mesma localidade. Para o traslado de enderezo a outra localidade, que deberá ser sempre dentro do territorio da Comunidade Autónoma galega, será necesario o acordo da asemblea xeral. O traslado do enderezo social deberá serlles notificado ós afiliados e á Secretaría Xeral para o Deporte en tódolos casos.

Por acordo da asemblea xeral e para efectos puramente de organización interna, poderanse establecer delegacións da federación nas localidades de Galicia que decida o presidente.

Artigo 7º

A FGF, rexerase polos presentes estatutos e polos regulamentos internos aprobados pola asemblea xeral, e polos estatutos da Federación Española de Fútbol, no que lle sexan aplicables, sendo de aplicación as normas reguladoras das federacións deportivas, emanadas da Xunta de Galicia e, supletoriamente da Administración do Estado.

Capítulo II

Requisitos para ser membro da federación. dereitos e deberes

Artigo 8º

As entidades deportivas poderán integrarse, a petición propia, na FGF, sempre que teñan o seu enderezo social e desempeñen a súa actividade en Galicia e se atopen constituídos conforme os requisitos esixidos para cada modalidade pola lexislacion vixente e inscritos no Rexistro de Clubs e Asuntos Xurídicos da Xunta de Galicia, debendo comprometerse a cumpri-los estatutos e regulamentos da Federación Galega de Fútbol e someterse á autoridade dos órganos federativos, en relación coas materias da súa competencia.

Os mesmos criterios e requisitos, no que sexa de aplicación, rexerán para a integración na federación dos deportistas, técnicos, adestradores, xuíces e árbitros, e outros colectivos interesados se os houbese.

Artigo 9º

A integración na federación levará consigo a integración automática e para tódolos efectos na federación española da mesma modalidade deportiva.

Artigo 10º

A integración na federación producirase mediante a expedición por parte desta da correspondente licencia federativa ou documento de afiliación ou inscrición. A dita expedición será acordada pola xunta directiva da federación galega.

Contra a denegación, que deberá ser motivada, caberá recurso ante a asemblea xeral.

En todo caso para a participación en actividades ou competicións deportivas oficiais de ámbito autonómico será preciso estar en posesión da licencia ou documento de afiliación expedido pola federación.

Artigo 11º

Tódolos membros da federación teñen dereito a recibi-la tutela dela con respecto ós seus intereses deportivos comúns e individuais, así como o de participar nas súas actividades e no funcionamento dos seus órganos, de acordo cos seus estatutos e cos regulamentos internos daquela. Os membros da federación teñen a súa vez o deber de acata-los acordos dos propios órganos, sen que esto obste o seu dereito de

recorrer, ante as instancias federativas competentes e, se é o caso, ante os tribunais de xustiza ou Secretaría Xeral para o Deporte, segundo proceda, aqueles que consideren contrarios a dereito, e sen prexuízo de acudir á conciliación extraxudicial ou á arbitraxe nos termos previstos nas leis.

TÍTULO II

Capítulo II

Órganos de representación, goberno e administración

Artigo 12º

Son órganos da Federación Galega de Fútbol:

A) De goberno e representación.

1. La asemblea xeral e súa comisión delegada.

2. O presidente.

B) Complementarios:

1. A xunta directiva.

2. Os delegados da FGF

C) Técnicos:

1. O comité técnico de árbitros.

2. O comité de adestradores.

D) De réxime interno:

1. A secretaría xeral.

2. O tesoureiro.

3. A asesoría xurídica.

E) De xustiza federativa:

1. O comité de competición.

2. O comité de apelación.

3. O comité xurisdiccional e de conciliación.

F) O comité galego de fútbol feminino e calquera outro órgano que se constitúa no futuro.

Artigo 13º

1º. Serán órganos electivos da FGF o presidente, a asemblea xeral e a comisión delegada no ámbito das súas respectivas competencias.

Os membros dos demais órganos e comités serán designados e revogados libremente polo presidente coas excepcións previstas nos presentes estatutos.

2º. O nomeamento ou a revogación dos membros dos órganos de goberno e representación, dos órganos complementarios e dos comités que puideran crearse dentro da federación, deberán ser comunicados a tódolos membros da asemblea xeral e da Secretaría Xeral para o Deporte nun prazo máximo de 15 días a partir da data do nomeamento.

3º. Os órganos de goberno e representación reuniranse na forma e termos establecidos por estes estatutos, os seus acordos salvo disposición expresa en contrario adoptaranse por maioría simple, tendo o presidente, no caso de empate, voto de calidade.

Os acordos poderán ser impugnados de acordo coa lexislación vixente e os presentes estatutos.

4º. A responsabilidade dos membros dos órganos da federación no exercicio dos seus cargos, será esixida no ámbito disciplinario de conformidade co Real

decreto 1591/1992, e nos ámbitos civil e penal de acordo coa lexislación vixente.

5º. Son requisitos xerais para ser membro dos órganos da Federación Galega de Fútbol, sen prexuízo do establecido regulamentariamente, os seguintes:

a) Te-la condición de cidadán de Galicia, segundo o disposto no Art. 3 da Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía de Galicia.

b) Ser maior de idade e estar en pleno uso dos dereitos civís.

c) Non estar suxeito a correccións disciplinarias de carácter deportivo que o inhabilite.

d) Non ter sido condenado mediante sentencia penal firme que leve anexa pena principal ou accesoria de inhabilitación absoluta ou especial para o cargo público.

e) Non estar incurso en ningunha causa de incompatibilidade establecida legalmente ou nos presentes estatutos.

f) Reuni-los requisitos específicos propios da cada estamento deportivo.

Capítulo II

Da asemblea xeral

Sección primeira

Natureza, composición, nomeamento e cesamento

Artigo 14º

A asemblea xeral é o órgano supremo de goberno e representación da FGF; está integrada por tódolos seus afiliados con dereito a voto. O secretario xeral da federación, se é membro da asemblea xeral, terá, ademais de voz, dereito a voto. No caso contrario terá dereito a voz pero sen voto.

Artigo 15º

A asemblea xeral estará integrada polos seguintes membros:

a) O presidente da FGF

b) Os presidentes ou quen regulamentariamente os substitúan de cada un dos clubs con equipos na categoría nacional, domicialiados no seu territorio, nos que necesariamente estarán representados os clubs xuvenís das ligas nacionais, sempre que non formen parte da asemblea en representación doutras categorías.

c) Os presidentes ou quen regulamentariamentes os substitúan dos clubs da categoría preferente, elixíndose por eles mesmos dez representantes por grupo.

d) Os presidentes ou quen regulamentariamente os substitúan dos clubs de primeira categoría rexional, elixíndose por eles mesmos tres representantes por grupo.

e) Os presidentes ou quen regulamentariamente os substitúan dos clubs de segunda e terceira rexional, elixíndose por eles mesmos dous representantes por grupo, en segunda rexional, e un polos de terceira rexional.

f) Os presidentes ou quen regulamentariamente os substitúan dos clubs da categoría xuvenil, cadete, infantil, benxamín e alevín, elixíndose dentro de cada

categoría e por eles mesmos un representante de cada modalidade.

g) Catorce representantes dos xogadores elixidos de entre eles mesmos (dous en cada delegación: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela).

h) O presidente do comité galego de árbitros como membro nato e sete colexiados elixidos de entre eles mesmos (un en cada delegación: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela).

i) O presidente do comité galego de adestradores, como membro nato e sete adestradores titulados elixidos de entre eles mesmos (un en cada delegación: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Ferrol e Santiago de Compostela).

j) Será membro nato da asemblea o presidente do comité galego da modalidade deportiva que se poida constituír.

Cada un dos membros da asemblea terá un voto.

2. Os membros da xunta directiva e delegados da FGF que non o foran ó propio tempo da asemblea xeral terán dereito a asistir ás sesións desta con voz, pero sen voto.

Artigo 16º

A convocatoria de eleccións deberá indicar expresamente o número de membros da asemblea xeral e de cada un dos estamentos.

Artigo 17º

Os representantes que resulten elixidos serano polo período de catro anos, coincidindo cos anos de xogos olímpicos de inverno, excepto que concorran circunstancias extraordinarias que deberán ser autorizadas pola Secretaría Xeral para o Deporte a través da publicación no DOG da resolución correspondente.

A representación arbitral e de adestradores será elixida mediante sufraxio libre, igual, secreto e directo, por e entre os que desenvolvesen unha actividade vinculada ó seu colexio nas dúas últimas tempadas para os primeiros e por, e entre os que estean colexiados, para os adestradores.

Os representantes dos xogadores serán elixidos por, e entre os que obtivesen licencia federativa na tempada inmediata anterior, e en vigor no momento de convoca-las súas eleccións, mediante sufraxio libre, igual, secreto e directo.

Os xogadores deberán ser maiores de idade, e en pleno exercicio dos seus dereitos civís, que teñan licencia en vigor, expedida ata o momento da convocatoria das eleccións e a tiveran durante a tempada deportiva anterior, sempre que participen en competicións ou actividades da correspondente modalidade deportiva de carácter oficial. Naquelas modalidades onde non exista competición ou actividade do dito carácter, bastará estar en posesión da licencia federativa e os requisitos da capacidade mencionados.

Artigo 18º

Os membros da asemblea xeral e da comisión delegada cesarán polas seguintes causas:

a) Defunción.

b) Disolución da entidade á que representan.

c) Expiración do mandato para o que foi elixido.

d) Renuncia voluntaria ou demisión.

e) Estar incurso en causa de inelixibilidade ou incompatibilidade legal ou estatutaria.

f) Sanción disciplinaria imposta en forma regulamentaria que implique o cesamento no cargo que ostenta.

g) Perda dos requisitos polos que foron elixidos no seu respectivo estamento.

Artigo 19º

As vacantes que se produzan na asemblea xeral antes das seguintes eleccións xerais a ela, serán cubertas, dentro da cada estamento e de maneira sucesiva, polos candidatos que no proceso electoral obtivesen maior número de votos despois dos que resultaron electos e, a falta destes, mediante a realización de eleccións parciais sempre que, neste último caso, as vacantes superen o 20% dos membros da asemblea.

Os elixidos para ocuparen as vacantes ás que se refire o apartado anterior ostentarán o seu mandato polo tempo que falte para a celebración das seguintes eleccións xerais.

Sección segunda

Réxime de funcionamento

I. Competencias

Artigo 20º

A asemblea xeral, en canto a órgano máximo de goberno e representación da FGF, pode adoptar calquera acordo ou decisión sobre ela, con sometemento ás regras de competencia e procedemento.

Especialmente son competencias da asemblea xeral as seguintes:

1. Aprobación e modificación dos estatutos da FGF

2. A elección mediante sufraxio libre, igual, directo e secreto do presidente e da comisión delegada da FGF, así como o cesamento e a moción de censura ó presidente.

3. Aprobación e liquidación anual do orzamento da FGF

4. Aprobación do programa ou calendario deportivo anual que vai desenvolve-la FGF e das bases e regulamentos que rexerán a competición.

5. Aprobación da creación dos órganos territoriais da FGF

6. Aprobación do regulamento de eleccións á asemblea, presidente, e da comisión delegada da FGF

7. Aprobación do Regulamento sobre conciliación extraxudicial e arbitraxe.

8. Aprobación do Regulamento de disciplina deportiva.

9. Calquera outra competencia que non estea expresamente atribuída polos presentes estatutos a outro órgano.

II. Convocatoria

Artigo 21º

A asemblea xeral será convocada polo presidente da FGF, cun mínimo de 10 días naturais de antelación á data da súa celebración, farase pública no taboleiro de anuncios da federación e será exposta en cada unha das delegacións territoriais, debendo incluír necesariamente os puntos da orde do día que se tratarán, ademais da notificación individual a cada un dos seus membros á dirección que deberá constar na federación 30 días antes da convocatoria; a notificación remitirase por calquera medio que permita deixar constancia da recepción cunha antelación mínima de 48 horas. Os defectos formais non darán lugar á nulidade da asemblea sempre e cando os membros dela recibisen a convocatoria coa orde do día no prazo establecido e, en todo caso, a asemblea será válida, sen necesidade de ningún outro requisito, sempre que concorran a totalidade dos seus membros.

A orde do día poderá ser modificada, no sentido de incorporar novos puntos, a petición fundada dunha quinta parte dos membros da asemblea xeral, e sempre que esta incorporación se solicite cunha marxe de tempo suficiente para que poida ser notificada a tódolos membros da asemblea xeral mediante a notificación e a publicación no taboleiro de anuncios da F.G. F. cunha antelación mínima de 3 días á data da celebración.

Artigo 22º

A asemblea xeral pode ser ordinaria ou extraordinaria.

As asembleas xerais, tanto ordinarias como extraordinarias, estarán validamente constituídas en primeira convocatoria, cando concorran a maioría dos seus membros.

En segunda convocatoria serán válidas sexa cal sexa o número de asistentes. Deberá mediar entre unha e outra un mínimo de media hora.

Artigo 23º

A asemblea xeral ordinaria, convocada polo presidente, celebrarase anualmente antes do inicio da nova tempada para tratar asuntos propios da xestión ordinaria, e como mínimo, para a aprobación da memoria anual, novo orzamento, liquidación do anterior, aprobación do calendario deportivo e das regras que rexerán a competición e o exame e consideración das propostas que formulen os membros da asemblea, da comisión delegada, da xunta directiva ou o presidente.

As demais asembleas terán a consideración de extraordinarias e convocaranse para tratar e resolve-los asuntos non ordinarios, a iniciativa do presidente sempre que o estime oportuno, ou a petición dun número de membros da Asemblea non inferior ó 25%. Neste caso, os solicitantes deberán formular unha petición por escrito dirixida ó presidente da federación, indicando os puntos que comporán a orde do día. O presidente no prazo máximo de 10 días naturais

desde a entrada da petición no rexistro da FGF deberá convoca-la asemblea xeral con carácter extraordinario, cos requisitos de forma sinalados neste estatuto, e coa orde do día solicitada, sen incluír ningún outro punto, e celebrarase nun prazo non superior a 20 días naturais desde a convocatoria. En caso de negativa expresa do presidente a efectua-la convocatoria, e pasados 10 días desde que a solicitude fose efectuada sen ser respondida, os solicitantes deberán facer uso dos dereitos que a lexislación vixente establece, ante a Secretaría Xeral para o Deporte para a convocatoria dos órganos colexiados de goberno.

Cando o presidente da FGF aprecie a existencia dunha situación urxente que non permita demora na convocatoria da asemblea extraordinaria, poderá convocala sen suxección a prazo nin requisito de forma, salvo a citación persoal dos asambleístas que poidan ser localizados nos enderezos que consten na federación. En todo caso a asemblea requirirá a presencia física de 2/3 dos seus membros e, antes de analiza-la orde do día pronunciarase previamente por maioría de asistentes, sobre a urxencia da convocatoria e a necesidade ou non da súa celebración. En todo caso na asemblea convocada desta forma non poderán modificarse os estatutos.

III. Adopción de acordos

Artigo 24º

Non será admisible en modo ningún para a formación da vontade dos órganos colexiados da federación nen para o establecemento do seu quórum, o voto por correo nin a delegación do voto, sendo, polo tanto, necesaria a presencia física dos seus membros. Será admisible a delegación do voto correspondente ós clubs deportivos, que poderá exercelo o seu presidente ou a persoa na que el delegue, sempre que non sexa membro da asemblea da FGF, e sempre de acordo cos seus propios estatutos con carácter expreso e escrito para cada reunión. Exceptuarase tamén o caso da elección dos membros da asemblea xeral, se así se aprobase no Regulamento electoral.

Ninguén poderá ostentar na asemblea xeral máis dunha delegación de voto.

Artigo 25º

Os acordos para asuntos ordinarios adoptaranse por maioría simple, e para os extraordinarios por maioría cualificada, que establecerán os estatutos e será non inferior a dous tercios dos membros asistentes á asemblea extraordinaria.

Cando os acordos se refiran a cuestións de tipo competicional, serán adoptados de maneira independente pola categoría ou categorías regixionais ás que afecten.

Que, así mesmo, queda regulada a moción de censura, que por calquera caso se reducirá á presentación dunha por cada mandato presidencial.

Artigo 26º

Presidirá a asemblea e dirixirá os debates o presidente da FGF, ou, se é o caso, o que o substitúa regulamentariamente. O presidente poderá conceder ou retira-la palabra ós membros da asemblea; limita-la duración desta, amoestar e en caso grave expul

sa-los membros da asemblea que se comporten incorrectamente, comprobar e afecta-los dereitos de asistencia, impedi-la asistencia de persoas que non teñan dereito regulamentariamente a permanecer na mesma e interpretar normas e regulamentos; e, nos casos non previstos, levanta-la sesión e, de estimalo necesario, suspende-la reunión ata nova convocatoria.

O presidente establecerá a orde das votación, e decidirá se estas serán ordinarias, nominais ou secretas; se ó menos o 25% de los asistentes solicita unha modalidade determinada, a forma de votación decidirase por maioría simple dos membros da asemblea xeral.

En tódalas asembleas procederase en primeiro lugar a comproba-la identidade dos asistentes, resolvendo o presidente as impugnacións ou reclamacións que poidan formularse en canto á inclusión ou exclusión.

Para os efectos de cómputo de quórums e maiorías, cando estes se convoquen cun número inexacto de asembleístas computaranse sempre por exceso e con referencia ó número daqueles efectivamente existentes como membros da asemblea, descontadas as vacantes.

A continuación, procederase á designación pola mesa de tres membros asembleístas para que aproben a acta, se é o caso, e a asinen en representación de tódolos demais co presidente e secretario, a non ser que o 50% dos votos presentes, polo menos, solicitasen a súa designación pola asemblea.

Artigo 27º

De tódolos acordos adoptados na asemblea xeral e comisión delegada será levantada acta polo secretario, especificando o nome das persoas que interviron e as demais circunstancias que se consideren oportunas, contido dos acordos adoptados, o resultado da votación e, se é o caso, os votos particulares contrarios ó acordo adoptado.

Os votos contrarios ó acordo adoptado ou as abstencións motivadas eximirán a quen os emita de calquera responsabilidade derivada de tales acordos.

Unha copia tramitarase ó organismo competente do deporte da Xunta de Galicia e tamén á RFEF

Artigo 28º

Os acordos da asemblea xeral e da comisión delegada, serán vinculantes e de obrigatorio cumprimento para a totalidade dos órganos, persoas ou entidades que integran a federación e terán forza executiva a partir da data da súa adopción.

Artigo 29º

A asemblea xeral non poderá adoptar ningún acordo ou realizar ningún acto que poida comprometer de forma irreversible o seu patrimonio ou a actividade que constitúe o obxecto propio da federación.

No caso de dúbida ou a petición dun 5% dos membros de dereito da asemblea, será requisito imprescindible a emisión dun informe favorable, por parte dos organismos competentes da Xunta de Galicia.

Capítulo III

Da comisión delegada

Natureza, constitución e funcionamento

Artigo 30º

1. No seo da asemblea xeral deberá constituírse unha comisión delegada que terá carácter electivo e será un órgano de goberno e representación da federación.

2. A comisión delegada será elixida pola asemblea xeral na primeira reunión que esta celebre despois da súa constitución mediante sufraxio entre os membros dela. O seu mandato coincidirá co da asemblea xeral.

3. O número de membros da comisión delegada será o 15% dos membros da asemblea xeral. En ningún caso este número será inferior a 5 nin superior a 15. Se se producise algunha vacante cubrirase co seguinte candidato máis votado.

4. O presidente da federación convocará a comisión delegada que se reunirá, como mínimo, cada 4 meses para os fins da súa competencía e polo menos para realiza-lo seguimento da xestión deportiva e económica da federación.

5. Correspóndelle á comisión delegada da asemblea xeral:

a) A elaboración dun informe previo á aprobación dos orzamentos.

b) Informar previamente das actuacións económicas extraordinarias que se houbesen de someter á asemblea xeral.

c) A modificación do calendario deportivo.

d) A modificación dos orzamentos e dos regulamentos.

e) O seguimento da xestión deportiva e económica da federación.

As modificacións non poderán exceder dos límites e criterios que a propia asemblea xeral establezan.

A proposta sobre os temas que se van tratar da comisión delegada corresponden ó presidente ou a dous tercios dos membros da comisión delegada.

Capítulo IV

Do presidente

Artigo 31º

1º. O presidente da FGF, que é o órgano executivo dela e ostenta a súa representación legal, convoca e preside os órganos de goberno e representación, e executa os acordos destes. O presidente poderá, segundo se establece no artigo 49º, nomear delegados nas localidades establecidas nestes estatutos ou, se é o caso, nas establecidas pola asemblea xeral; estes delegados actuarán seguindo instruccións do presidente e por delegación as funcións que se lles encomenden. Os ditos delegados poderán ser cesados ou substituídos polo presidente segundo o seu criterio.

2º. O cargo de presidente da federación poderá ser remunerado sempre que tal acordo, así como a contía da remuneración, sexa aprobada pola metade máis

un dos membros presentes da asemblea xeral. A remuneración bruta, incluídos os gastos sociais legalmente establecidos, non poderá ser satisfeita con cargo ás subvencións públicas que reciba a federación.

Así mesmo, o presidente da federación desempeñará o seu cargo segundo o réxime de dedicación e incompatibilidades que fixarán os respectivos estatutos.

3º. Haberá de ser elíxido pola asemblea xeral, mediante sufraxio libre, igual, secreto e directo. A asemblea xeral terá carácter extraordinario e a provisión de cargos requirirá maioría de votos e a previa presentación e aceptación de candidaturas. Do proceso electoral encargarase unha xunta electoral, formada por tres membros titulares y tres suplentes, designados pola asemblea xeral convocada, de entre persoas que non sexan candidatos, de acordo cos estatutos da FGF, ratificados pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. Os designados elixirán, por votación entre eles, ó presidente dela, da que será Secretario, con voz pero sen voto, o que o sexa da FGF

Artigo 32º

O presidente será elixido cada catro anos, coincidindo cos Xogos Olímpicos de inverno, excepto que concorran causas extraordinarias que deberán ser autorizadas pola Secretaría Xeral para o Deporte a través da publicación no DOG da correspondente resolución.

No caso de que excepcionalmente quede vacante a presidencia antes de que transcorra o prazo para o que foi elixido, constituirase a xunta directiva como comisión gestora, presidida polo membro de maior idade. Convocará a asemblea xeral e esta acordará unha nova elección do presidente para cubri-la vacante polo tempo que falte ata a terminación do prazo correspondente ó mandato ordinario. Se a vacante se produce por prosperar unha moción de censura, haberá que aterse ó disposto no artigo 37º destes estatutos.

Artigo 33º

Para ser candidato a presidente da FGF, haberá de reunirse as condicións seguintes:

a) Te-la condición de cidadán de Galicia, segundo dispón o Estatuto de autonomía.

b) Ser maior de idade.

c) Estar en pleno uso dos dereitos civís.

d) Non ter incorrido en ningunha sanción deportiva que o inhabilite, dictada pola FGF, pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia ou polo órgano xurisdicional que se poida constituír.

e) Para o suposto de ser elixido, cesará nas actividades directivas no deporte e ámbito territorial da FGF

f) Non ocupar cargos directivos noutras federacións deportivas; exceptúase a Federación Española de Fútbol.

g) Non desenvolver actividades ou desempeñar cargos en asociacións deportivas, ou clubs integrados na FGF

Non existirá incompatibilidade, en ningún caso, coa práctica do deporte.

Artigo 34º

O procedemento electoral a presidente será o seguinte:

a) O procedemento electoral a presidente deberase cursar cunha antelación de trinta días naturais antes da súa celebración.

b) Daráselle publicidade no taboleiro de anuncios da federación e nas delegacións territoriais, e cando menos en dúas publicacións diarias de ámbito galego, dándose conta así mesmo á Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e á R.FEF

c) Calendrio electoral. (Censo de membros de pleno dereito da asemblea, período hábil de presentación de candidaturas, prazo de aceptación e rexeitamento por parte da xunta electoral, e recursos posibles no caso de non aceptación ou contra outros aspectos básicos do citado proceso).

d) Os candidatos a presidente, que poderán non ser membros da asemblea xeral, deberán avalia-la presentación da súa candidatura coa sinatura de alomenos un 15% dos membros de dereito da asemblea.

e) As candidaturas aceptadas definitivamente faranse públicas coa debida antelación, sinalándose data para elas.

f) Será elixido presidente o candidato que obteña a maioría aboluta dos votos emitidos. No caso de que ningún candidato alcance esta maioría procederase a unha segunda votación entre os dous candidatos máis votados, resultando elixido o que obteña maior número de votos. No caso de empate na votación, celebrarase unha nova entre as candidaturas empatadas, sete días despois, no mesmo lugar, hora e condicións.

g) As eleccións serán controladas pola xunta electoral e os interventores designados polos candidatos, que levantarán acta unha vez finalizada a votación e reconto.

h) No suposto dun só candidato, non se efectuará votación, proclamándose a súa elección polo secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia ou por persoa delegada, dándose conta delo á RFEF

Artigo 35º

O presidente cesará:

a) Transcorrido o prazo polo que foi elixido.

b) Demisión.

c) Incapacidade física ou psíquica para continuar no exercicio do seu cargo.

d) Aprobación dunha moción de censura pola asemblea xeral.

e) Por incorrer en causa de inelixibilidade, ou incompatibilidade. Neste último caso disporía dun prazo dun mes para cesar no posto que resulte incompatible co de presidente.

f) Por falecemento.

Artigo 36º

O presidente da FGF exercerá entre outras as seguintes funcións:

a) Presidi-la asemblea xeral, a comisión delegada, a xunta directiva e demais órganos colexiados. Ten

ademais dereito a asistir a cantas reunións celebren calquera órgano e comisión federativa.

b) Voto de calidade no caso de empate cos órganos que presida.

c) Estimular e ordena-los distintos órganos federativos.

d) Ordenar pagamentos a nome da federación, asinado co tesoureiro os documentos para o efecto.

e) Confiar poderes especiais ou xerais a letrados, procuradores, ou calquera outra persoa mandataria para que ostente a súa representación legal tanto en xuízo como fóra del.

f) Nomea-lo secretario xeral, tesoureiro e demais cargos da federación.

g) Asinamento de contratos e convenios.

h) Realización de todo tipo de operacións, sen máis límites cós legais, e entre outros os seguintes: abrir, cancelar, dipor de contas correntes e contas de crédito, tanto en entidades bancarias públicas como privadas; subscribir no nome da FGF, todo tipo de préstamos, pólizas, con ou sen intervención de corredor de comercio colexiado, así como préstamos hipotecarios sobre os bens propiedade da FGF, alugueiro de caixas de seguridade, librar, aceptar, endosar e protestar letras de cambio e obrigas de pagamento.

i) O presidente ostentará a representación legal da FGF, e no caso de ausencia asignará tal función, de forma provisional, ó directivo que considere oportuno.

j) Convoca-la asemblea xeral tal e como se dispón no artigo 21º destes estatutos.

k) Nomea-las persoas que deben conforma-las diversas comisións de acordo cos presentes estatutos.

l) Coordina-las actuacións dos diversos órganos da FGF

O representante legal actuará no nome da FGF, asumirá a responsabilidade legal que corresponda ante terceiros e executará os acordos que validamente haberán de adopta-la asemblea xeral, ou se corresponde a xunta directiva.

Artigo 37º

A moción de censura ó presidente poderá ser presentada polos membros da asemblea xeral que constitúan alomenos un 25% dela, mediante escrito presentado no rexistro da federación. Na mencionada petición deberán solicitar do presidente a convocatoria dunha asemblea xeral extraordinaria coa dita moción como único punto da orde do día así como propor un candidato alternativo á presidencia.

En caso de prospera-la moción de censura, que se votará nun sistema de dobre volta, debendo alcanza-la maioría absoluta dos membros que compoñen a asemblea na primeira ou maioría simple de asistentes na segunda, celebradas cunha hora de diferencia, o candidato quedará investido, cun mandato polo prazo que falte para concluí-lo período ordinario.

Para a convocatoria da asemblea xeral extraordinaria á que se refire este artigo, haberá que aterse ó disposto no artigo 21º destes estatutos. A sesión da asemblea xeral na que se debata a moción de censura estará presidida polo membro de maior idade. Non será válido o voto por correo nin a asistencia por representación.

Se a moción de censura non prosperase, non poderá presentarse unha nova dentro do mesmo período de mandato, como tampouco poderá presentarse, en caso de prosperar, contra o candidato investido na dita elección polo tempo que falte para concluí-lo período ordinario.

TÍTULO III

Órganos complementarios e internos dos de goberno e representación

Artigo 38º

Son órganos complementarios e internos dos de goberno e representación da federación para asistir ó presidente:

a) A xunta directiva.

b) Os delegados da FGF

c) O secretario xeral.

d) O tesoureiro.

1. Da xunta directiva

Artigo 39º

A xunta directiva é o órgano colexiado complementario dos de goberno e representación, que asiste ó presidente, e é a quen compete a xestión da FGF, a execución da asemblea e os seus propios.

Artigo 40º

A xunta directiva estará composta polo número de membros que determine o presidente e non poderá ser inferior a 5 nin superior a 15. Os membros da xunta directiva serán designados e revogados libremente polo presidente, que a presidirá.

Artigo 41º

O presidente elixirá entre os membros da súa xunta directiva alomenos un vicepresidente, quen substituirá ó presidente por delegación, imposibilidade física ou ausencia temporal; o presidente elixirá tamén a un tesoureiro.

Tódolos cargos son honoríficos e, en caso de establecerse unha compensación económica a favor dalgún dos membros da xunta directiva, deberá ser expresamente acordada por maioría absoluta da asemblea xeral e constar dunha maneira diferenciada no orzamento. En ningún caso a compensación económica poderá ser satisfeita con cargo ás subvencións públicas que reciba a federación.

Artigo 42º

Os membros da xunta directiva que non o sexan da asemblea xeral, terán acceso ás sesións dela, con dereito a voz pero sen voto.

Artigo 43º

Os membros da xunta directiva cesarán polas seguintes causas:

a) Vacancia na presidencia, sen prexuízo da súa conversión en comisión xestora nos casos previstos nos estatutos.

b) Demisión.

c) Falecemento ou incapacidade física ou psíquica para continuar no exercicio do seu cargo.

d) Por incorrer en causa de ineligibilidade ou incompatibilidade.

e) Cesados directamente polo presidente, co cumprimento das comunicacións a que se refiren os presentes estatutos.

Artigo 44º

Correspóndelle á xunta directiva:

1. Mante-la orde e a disciplina na entidade, así como nas competicións que se organicen, sen prexuízo dos órganos disciplinarios da propia FGF

2. Nomea-las persoas que deben conforma-las diversas comisións de acordo cos presentes estatutos.

3. Formular inventario e balance anual, e, en xeral, aplicar tódalas medidas deportivas, económicas e administrativas necesarias para o fomento e desenvolvemento do fútbol.

4. Como órgano colaborador do presidente exercerá por delegación as que lle encomende o presidente que poderá avocar e revogar en calquera momento.

Artigo 45º

A xunta directiva será convocada polo presidente da FGF, con dous días de antelación como mínimo á data de celebración. Tamén poderá ser convocada a petición de tres dos membros da xunta directiva.

A negativa inxustificada a convocar á xunta directiva ou, incluso, á asemblea xeral, será suplida polo acordo cualificado dos 2/3 dos membros directivos. Este acordo deberá serlles notificado ós organismos deportivos e administrativos pertinentes.

Artigo 46º

A xunta directiva quedará validamente constituída en primeira convocatoria coa asistencia da maioría dos seus membros e, en segunda convocatoria, será suficiente a concorrencia polo menos de tres dos seus membros, e con eles a do presidente e secretario ou substitutos expresamente delegados.

Os asuntos ordinarios de trámite serán despachados polo presidente e o secretario.

Artigo 47º

1. A xunta directiva estará validamente constituída cando estean presentes tódolos seus membros, aínda que non se fixese por medio de convocatoria previa, e así acorden por unanimidade.

2. Nas reunións da xunta directiva cada membro terá un voto, a excepción do secretario que terá voz pero non voto.

Os acordos da xunta directiva adoptaranse por maioría simple dos membros asistentes, sen prexuízo dos quórums específicos que os presentes estatutos ou as disposición xerais poidan esixir.

2. Dos delegados da Federación Galega de Fútbol

Artigo 48º

A FGF poderá organizarse territorialmente para o seu mellor desenvolvemento e xestión, contituíndo para o efecto das delegacións que estimen oportunas, comprendidas no ámbito da súa xurisdicción, quedando sometidas no réxime económico ó orzamento que anualmente lles asigne a expresada xunta directiva.

Artigo 49º

Os titulares das delegacións serán nomeados e cesados polo presidente da FGF, de acordo co disposto no artigo 31º dos presentes estatutos.

Tódolos cargos son honoríficos e, en caso de establecerse unha compensación económica a favor dalgún dos membros da xunta directiva, deberá ser expresamente acordada por maioría absoluta da asemblea xeral e constar dunha maneira diferenciada no orzamento. En ningún caso a compensación económica poderá ser satisfeita con cargo ás subvencións públicas que reciba a federación.

A composición do equipo directivo da delegación e a competencia del será de libre facultade do titular de cada delegación, o que dará conta ó presidente da federación.

3. Do secretario xeral

Artigo 50º

O presidente da FGF nomeará un secretario xeral, que exercerá as funcións de fedatario e asesor.

O secretario xeral ostentará o dito cargo na asemblea xeral e xunta directiva, así como a xefatura de persoal.

O presidente, logo de informe do secretario xeral, nomeará un vicesecretario xeral, que asumirá as funcións do secretario, por ausencia ou enfermidade do titular.

O nomeamento do secretario xeral e do vicesecretario corresponderá ó presidente.

Ámbolos cargos serán remunerados.

Artigo 51º

Ademais das funcións e competencias que antes se sinalaron, o secretario xeral terá as seguintes:

1. Levantar actas das sesións dos órganos de goberno e representación da FGF, con indicación dos asistentes, temas tratados, o resultado das votacións e, se é o caso, os votos particulares contrarios ó acordo adoptado.

2. Expedi-las certificacións oportunas das actas dos órganos de goberno e representación.

3. Remitir á Secretría Xeral para o Deporte as actas das reunións da asemblea xeral e da comisión delegada no prazo de 15 días desde a súa celebración, así como as súas convocatorias das mesmas.

4. Prepara-la resolución e despacho de tódolos asuntos.

5. Velar polo cumprimento de tódalas normas xurídico-deportivas, tendo debidamente informados sobre o contido delas ós órganos da FGF, advertindo en todo caso da súa ilegalidade.

6. Coidar da boa orde nas dependencias federativas.

7. Prepara-las reunións dos órganos de goberno e comisións, actuando nelas con voz pero sen voto. Levantar acta das súas reunións e selo responsable dos libros de actas.

8. Recibir e expedi-la correspondencia oficial da FGF

9. Organizar e custodia-lo arquivo da FGF

10. Aportar documentación e informar ós órganos de goberno e ás comisión da FGF

11. Prepara-la memoria anual da FGF, para a súa presentación á asemblea xeral.

12. Cantas funcións lles encomenden os regulamentos da federación, ou lle sexan delegadas polo presidente.

4. Do tesoureiro

Artigo 52º

O tesoureiro da FGF é o órgano administrativo dela, colaborará co presidente na xestión económico-administrativa e compartirá con el a sinatura, tal como dispón o artigo seguinte, examinará os efectos que se presenten ó cobramento, aprobaraos se procede e coidará que se leven debidamente as operacións de pagamentos e cobramentos.

Artigo 53º

O tesoureiro exercerá como funcións propias:

a) Leva-la contabilidade da federación.

b) Exerce-la inspección económica de tódolos órganos da federación.

c) Elaborar e presentar informes á comisión delegada do estado contable da federación.

Os actos de disposición de fondos, precisarán de dúas firmas, sendo estas a do presidente, tesoureiro e secretario xeral.

TÍTULO IV

Capítulo I

Comité de fútbol afeccionado

Artigo 54º.

O comité de fútbol aficionado é o órgano colaborador da xunta directiva, que con supeditación as súas direc

trices e por delegación dela asume a función de promover, organizar e dirixi-lo fútbol afeccionado, xuvenil, cadete infantil, cría, benxamín, feminino e fútbol sete.

Artigo 55º.

Presidirá este comité o presidente da FGF ou persoa en quen deleque.

Os seus membros serán de libre designación polo presidente da FGF.

Actuará de secetario deste comité o vicesecretario xeral da FGF.

Capítulo II

Comité galego de árbitros

Artigo 56º

O comité galego de árbitros é un órgano técnico subordinado á FGF; correspóndelle o goberno, administración e representación da organización arbitral.

Este comité poderá adopta-la estructura territorial que adopte a FGF

Artigo 57º

A presidencia do comité galego de árbitros recaerá en quen designe o que ostenta a da FGF

Artigo 58º

O comité galego de árbitros, como órgano técnico, desenvolverá as seguintes funcións:

a) Establece-los niveis de formación arbitral.

b) Clasificar tecnicamente os árbitros, en función de criterios prefixados pola asemblea xeral e propor á xunta directiva a adscrición ás categorías correspondentes. Estas clasificacións comunicaranse á asemblea xeral.

c) Propo-los candidatos a xuíces ou árbitros nacionais.

d) Proporlle á xunta directiva as normas administrativas polas que se regule a arbitraxe, para a súa posterior aprobación pola asemblea xeral.

e) Coordinar coas delegacións comarcais, provinciais ou de ámbito inferior, integradas na FGF, os niveis de formación.

f) Designa-los colexiados nas competicións oficiais de ámbito galego.

g) Colaborar cos órganos competentes da FGF

h) Calquera outra delegada pola FGF

Artigo 59º

Serán tamén funcións deste comité galego de árbitros:

a) Desenvolver programas de actualización e homoxeneización dos criterios técnicos durante as competicións, en concordancia coa política de formación e capacitación establecidas polos comités téc

nicos de árbitros e os organismos estatais e internacionais.

b) Exercerá facultades disciplinarias, se ben limitadas exclusivamente ós aspectos técnicos da actución dos colexiados.

Artigo 60º

A composición e réxime de funcionamento do comité determinarase regulamentariamente.

Capítulo III

Comité galego de adestradores

Artigo 61º

O comité de adestradores, como órgano de carácter técnico, atende directamente o funcionamento do colectivo daqueles, e correspóndelle, con subordinación ó presidente da FGF, o goberno e representación dos adestradores.

As propostas que, nos aspectos que correspondan ó comité, formule.

A presidencia do comité recaerá en quen designe o que ostenta a da FGF, e a súa composición, réxime de funcionamento e competencias determinaranse regulamentariamente.

Capítulo IV

Da escola territorial de adestradores

Artigo 62º

A escola territorial de adestradores é un órgano técnico, subordinado á FGF, que supervisará os cursos e ensino que programe e imparta e terá como misión primordial, a formación, capacitación e actualización dos adestradores de fútbol dentro do ámbito de Galicia.

Artigo 63º

A presidencia da Escola territorial de adestradores recaerá en quen determine o que ostente a da FGF, quen designará, así mesmo, os seus membros.

A súa composición e réxime de funcionamento determinarase regulamentariamente.

TÍTULO V

Capítulo I

Órganos de xustiza deportiva

Artigo 64º

Son órganos de administración da xustiza deportiva:

1. Da FGF:

a) O comité territorial de competición e disciplina e subcomités de competición.

b) O comité territorial de apelación.

c) O comité territorial xurisdiccional.

2. Outras instancias superiores:

a) Comité Galego de Disciplina Deportiva da Xunta de Galicia.

b) Comité Superior de Disciplina do CSD.

c) A vía xurisdiccional, unha vez esgotada a deportiva.

Artigo 65º

A asemblea xeral da FGF poderá acorda-la creación de calquera outro órgano de xustiza que considere necesario.

Artigo 66º

Corresponde á FGF o exercicio da potestade disciplinaria e xurisdiccional sobre tódalas persoas que formen parte da súa estructura orgánica, deportistas, clubs, directivos, árbitros, adestradores, técnicos e, en xeral, todas aquelas persoas e entidades que, estando federadas, desenvolvan no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia a práctica, promoción, organización e dirección do fútbol.

Capítulo II

Do réxime disciplinario e competicional

Disposicións xerais

Artigo 67º

1. O ámbito de disciplina deportiva esténdese ás infraccións das regras de xogo e das normas xerais deportivas, tipificadas na Lei xeral do deporte, do 15 de outubro de 1990, no Real decreto 1591/1992, do 23 de decembro, sobre disciplina deportiva e demais disposición de desenvolvemento daquela, e nos presentes estatutos e o propio ordenamento xurídico da Federación Galega de Fútbol.

2. Son infraccións ás regras do xogo as accións ou omisións que durante o curso del vulneren, impidan ou perturben o seu normal desenvolvemento.

3. Non poderá imporse máis dunha sanción por un mesmo feito, salvo as que este ordenamento establece como accesorias e só nos casos que así o determine.

4. As disposicións disciplinarias teñen efecto retroactivo en canto favorezan o infractor, aínda que ó publicarse aquelas recaese resolución firme.

Artigo 68º

1. O réxime disciplinario deportivo é independente da responsabilidade civil ou penal, así como do réxime derivado das relacións laborais, que se rexerá pola lexislación que en cada caso corresponda.

2. O órgano disciplinario competente, de oficio ou por instancia do instructor do expediente, deberá comunicar ó Ministerio Fiscal aquelas infraccións que puideran revestir caracteres de delicto ou falta penal.

En tal caso, acordará a suspensión do procedemento, segundo as circunstancias concorrentes, ata que recaia a correspondente resolución xudicial.

No suposto de que se acordara a suspensión do procedemento, poderán adoptarse medidas cautelares mediante providencia notificada a tódalas partes interesadas.

3. A imposición de sancións en vía administrativa, conforme o previsto na Lei do deporte e disposicións de desenvolvemento para a prevención da violencia nos espectáculos deportivos, non impedirá, se é o caso, e atendendo ó seu distinto fundamento, a depuración de responsabilidades de índole deportiva, sen que poidan recaer sancións de idéntica natureza.

No suposto de que un mesmo feito puidese dar lugar a aquela responsabilidade administrativa e á de índole deportiva, o órgano disciplinario federativo comunicará á autoridade correspondente os antecedentes de que dispuxese, con independencia da tramitación do procedemento disciplinario deportivo.

Cando o órgano disciplinario deportivo tivese coñecemento de feitos que puidesen dar lugar, exclusivamente, a responsabilidade administrativa, dará traslado sen máis dos antecedentes de que dispoña á autoridade competente.

Artigo 69º

Na secretaría dos órganos disciplinarios da FGF deberá levarse escrupulosamente ó día, un rexistro das sancións impostas, para os efectos, da posible apreciación de circunstancias modificativas da responsabilidade e do cómputo dos termos de prescrición, tanto de infraccións como de sancións.

Artigo 70º

As resolucións deberán expresa-la tipificación do feito que se sanciona, con cita do precepto violado e expresión do recurso que cabe interpor, ilustrando acerca do órgano a quen corresponda dirixilo e do prazo establecido para iso.

Artigo 71º

As cuestións que non teñan carácter disciplinario e que se susciten entre persoas ou entidades adscritas á FGF serán resoltas por un comité xurisdiccional.

Artigo 72º

Os membros ou titulares dos órganos de xustiza federativa, sexan ou non disciplinarios, deberán reuni-lo requisito específico de te-la titulación de doutores ou licenciados en dereito.

Artigo 73º

As faltas poden ser moi graves, graves ou leves, determinación que se fará de acordo cos principios e criterios establecidos regulamentariamente.

Artigo 74º

1. Consideraranse, en todo caso, como infraccións moi graves ás regras de xogo ou competición ou ás normas deportivas xerais, as seguintes:

a) Os abusos de autoridade.

b) Os quebrantamentos de sancións impostas.

c) As actuacións dirixidas a predeterminar, mediante prezo, intimidación ou simples acordos, o resultado dun partido.

d) A promoción, incitación, consumo ou utilización de prácticas prohibidas a que se refire o artigo 56 da Lei do deporte, así como a negativa a someterse ós controis esixidos por órganos e persoas competentes, ou calquera acción ou omisión que impida ou perturbe a correcta realización dos ditos controis.

e) Os comportamentos, actitudes e xestos agresivos e antideportivos de futbolistas, cando se dirixan ó árbitro, a outros xogadores ou ó público, así como as declaracións públicas de directivos, técnicos, árbitros e deportistas ou socios que incitan ós seus equipos ou ós espectadores á violencia.

f) A falta de asistencia non xustificada ás convocatorias das seleccións galegas.

g) A participación en competicións organizadas por países que promoven a discriminación racial, ou con deportistas que os representen.

2. Así mesmo, consideranse especificamente infraccións moi graves do presidente e demais membros directivos dos órganos da FGF, as seguintes:

a) O incumprimento dos acordos da asemblea xeral, así como do Regulamento electoral e demais disposicións estatutarias ou regulamentarias.

b) A non convocatoria, nos prazos ou condicións legais, de forma sistemática e reiterada, dos órganos colexiados federativos.

c) A inexecución das resolucións do comité galego de disciplina deportiva.

d) A incorrecta utilización dos fondos privados ou das subvencións, créditos, avais e demais axudas do Estado, dos seus organismos autónomos ou doutro modo concedidos con cargo ós orzamentos xerais do Estado ou axudas das administracións públicas.

e) O compromiso de gastos de carácter plurianual do orzamento da FGF, sen a regulamentaria autorización.

f) A organización de actividades ou competicións oficiais de carácter nacional e internacional, sen a regulamentaria autorización.

3. Serán, en todo caso, infraccións graves:

a) O incumprimento reiterado de ordes e instruccións emanadas dos órganos deportivos competentes.

b) Os actos notorios e públicos que atenten á dignidade ou decoro deportivo.

c) O exercicio de actividades públicas ou privadas declaradas incompatibles coa actividade ou función deportiva desempeñada.

4. Consideraranse infraccións de carácter leve as conductas claramente contrarias ás normas deportivas, que non estean incursas na cualificación de moi graves ou graves.

Artigo 75º

1. As sancións susceptibles de aplicación pola comisión de infraccións deportivas correspondentes serán as seguintes.

a) A inhabilitación, suspensión ou privación de licencia federativa, con carácter temporal ou definitivo, en adecuada proporción ás infraccións cometidas.

b) A facultade, para os correspondentes órganos disciplinarios de altera-lo resultado de encontros, probas ou competicións por causa de predeterminación mediante prezo, intimidación ou simples acordos, do resultado dun partido.

c) As de clausura de recintos deportivos, con posible suspensión provisional, a petición de parte, da execución da sanción, ata que se produza a resolución definitiva do expediente disciplinario.

d) As de prohibición de acceso ó estadio, perda da condición de socio e celebración da competición deportiva a porta pechada no campo neutral.

e) O descenso de categoría dun club.

2. Pola comisión das infraccións enumeradas no artigo 74.2º, poderán imporse as seguintes sancións:

a) Amoestación pública.

b) Inhabilitación temporal de dous meses a un ano.

c) Destitución do cargo.

Artigo 76º

1. As infraccións prescribirán ós tres anos, ó ano ou ó mes, segundo se trate de moi graves, graves ou leves, comezándose a contar o prazo de prescrición ó día seguinte á comisión da infracción.

O prazo de prescrición interromperase por iniciación de procedemento sancionador, pero se este permanecese paralizado durante un mes, por causa non imputable á persoa ou entidade suxeita ó dito procedemento, volverá a corre-lo prazo correspondente.

2. Las sancións prescribirán ós tres anos, ó ano ou ó mes, segundo se trate das que correspondan a infraccións moi graves, graves ou leves, comezándose a conta-lo prazo de prescrición desde o día seguinte a aquel no que adquira firmeza a resolución pola que se impuxo a sanción, ou desde que se quebrantase o seu cumprimento se éste tivese comezado.

Artigo 77º

Con independencia do exercicio das facultades disciplinarias que son propias dos órganos federativos desta natureza, correspóndelle á Federación Galega de Fútbol, por si ou a través do órgano en quen delegue, as seguintes competencias:

a) Suspender, adiantar ou atrasar partidos e determina-la data e, se é o caso, lugar dos que, por causa regulamentaria, razóns de forza maior ou disposición da autoridade competente, non poden celebrarse o día establecido no calendario oficial ou nas instalacións deportivas propias.

b) Decidir sobre dar un encontro por concluído, interrompido ou non celebrado, cando calquera circunstancia impedise a súa normal terminación e, en caso de acorda-la súa continuación ou nova celebración, se o será ou non no seu terreo neutral e en

calquera dos dous casos, a porta pechada ou con posible acceso de público.

c) Resolver sobre a continuación ou non dun encontro suspendido por quedar un dos equipos con menos de sete xogadores, segundo aquela circunstancia se deba a causas fortuítas ou á comisión de feitos antideportivos podendo, no segundo caso, declarar gañador ó club inocente.

d) Pronunciarse, en tódolos supostos de repetición de encontros ou repetición deles, sobe o aboamento dos gastos que iso determine, declarando a quen corresponda tal responsabilidade pecuniaria.

e) Fixar unha hora uniforme para o comezo dos partidos correspondentes a unha mesma xornada, cando os seus resultados poidan ter influencia para a clasificación xeral ou definitiva.

f) Designar, de oficio ou a solicitude de parte interesada, delegados federativos para os encontros.

g) Resolver, tamén de oficio ou por denuncia ou reclamación, calquera cuestión que afecte á clasificación final e ás situacións derivadas dela, como ascensos, descensos, promocións e dereitos a participar noutras competicións.

h) Resolver acerca de quén debe ocupa-las vacantes que se produzan nas distintas divisións por razóns alleas á clasificación final, nos casos e forma que se prevé neste regulamento xeral.

i) Canto en xeral afecte á competición suxeita á súa xurisdicción.

Artigo 78º

1. Contra os acordos ou resolucións dictados polo comité ou xuíces unipersonais de competición caberá interpor recurso ante o comité de apelación, composto por catro membros que nomeará o presidente da FGF

2. As resolucións dos órganos tanto colexiados como unipersonais de apelación será susceptibles de recurso ante o comité galego de disciplina deportiva.

Artigo 79º

1. Son punibles a falta consumada e a tentativa.

2. Hai tentativa cando é culpable de principio á execución de feito que constitúe a infracción e non se produce o resultado por causa do accidente que non sexa propio e voluntario desestimado.

3. A tentativa castigarase coa sanción inferior á prevista para a falta consumada.

Artigo 80º

1. É circunstancia agravante da responsabilidade a de ser reincidente.

2. Hai reincidencia cando o autor da falta fose sancionado anteriormente, por resolución firme, por calquera infracción de igual ou maior gravidade ou por dous ou máis que o foran de menor.

3. A reincidencia entenderase producida no transcurso dun ano, contanto a partir do momento en que se cometese a infracción.

4. As normas contidas no presente artigo non serán de aplicación respecto das faltas que se sancionen con amoestación, nas que as eventuais reincidencias deveñen por acumulación, na suspensión dun partido; este incumprimento implicará a automática cancelación das que a motivaron e o inicio dun novo cómputo.

Tampouco se aplicará a reincidencia nos supostos de suspensión durante un partido por dobre amoestación arbitral determinante de expulsión.

Artigo 81º

Son circunstancias atenuantes da responsbilidade:

a) A de arrepentimento espontáneo.

b) A de ter procedido, inmediatamente á infracción, unha provocación suficiente.

c) A de non ter sido sancionado con anterioridade no transcurso da vida deportiva.

Artigo 82º

1. A apreciación de circunstancias atenuantes ou agravantes obrigará á congruente graduación da sanción, dentro da escala xeral que establece o artigo 89, aplicada segundo se trate, a natureza moi grave, grave ou leve da falta.

Se concorrese algunha circunstancia atenuante que o órgano disciplinario apreciase como cualificada, poderá reducirse a sanción ós límites que aquela escala xeral prevexa para faltas de menor gravidade á cometida.

2. Con independencia do disposto no apartado anterior, os órganos disciplinarios poderán, para a determinación que resulte aplicable, valora-lo resto de circunstancias que concorran na falta, tales como as consecuencias da infracción, a natureza dos feitos ou a concorrencia, no inculpado, de singulares responsabilidades na orde deportiva, aplicando, en virtude de todo iso, as regras contidas no punto 1 deste precepto.

Artigo 83º

As sancións disciplinarias só poderán imporse en virtude de expediente, en todo caso con audiencia dos interesados, os que se garantirá a asistencia da persoa que designen e a través de resolución fundada.

Artigo 84º

Son causas da extinción da responsabilidade disciplinaria:

a) O falecemento do inculpado.

b) A disolución do club.

c) O cumprimento da sanción.

d) A prescripción daquela ou da falta.

e) A pérdida da condición de deportista ou membro da organización.

Artigo 85º

1. Toda providencia ou resolución que afecte ós interesados no procedimiento disciplinario deportivo, será notificada a aqueles no prazo máis breve posible, co límite máximo de dez días hábiles, a partir da data na que o acto fose dictado e deberá conte-lo texto íntegro do acordo.

2. As notificación practicaranse por calquera medio que permita ter constancia da recepción polo interesado ou o seu representante, así como da data, a identidade e o contido do acto notificado, salvo o disposto no artigo 131º do presente regulamento.

Artigo 86º

1. Con independencia da notificción persoal, os órganos e xustiza federativa poderán acorda-la comunicación pública das resolucións sancionadoras, respectando o dereito ó honor e a intimidade das persoas, conforme á legalidade vixente.

2. Non obstante, ditas resolucións non producirán efectos para os interesados ata a súa notificación persoal, salvo cando se trate de suspensións, acordadas polo órgano de instancia, que sexan consecuencia automática de acumulación de amoestacións, ben sexa por totalizar cinco en partidos diversos, ben por soamente dous nun mesmo encontro, así como o disposto no artigo 131º, neste suposto bastará a súa pública comunicación para que a sanción sexa executiva, iso dende logo, sen perxuizo da obriga de efectuala persoalmente.

Artigo 87º

A petición fundada e expresa do interesado, deducida en vía de recurso e formando parte do corpo deste, os órganos de apelación poderán acordar motivadamente, a suspensión da execución das sancións impostas en instancia, sen que a mera interposición do recurso paralice ou suspenda o cumprimento daquelas.

Aquela facultade de suspensión, con idéntico carácter potestativo, caberá tamén exercer tratándose de sancións consistentes na clausura de instalacións deportivas.

Para o outorgamento da suspensión da executividade dos actos contra os que se recorren valorarase o cumprimento da sanción pode producir prexuízos de difícil ou imposible reparación.

Artigo 88º

As peticións ou reclamacións presentadas ante os órganos disciplinarios deportivos deberán resolverse de maneira expresa nun prazo non superior a quince días hábiles. Transcorrido o dito termo entenderanse desestimadas.

Capítulo III

Da clasificación e efecto das sancións

Artigo 89º

As sancións que se poden impor de acordo cos presentes estatutos e as súas diferentes clases con as que comprende a seguinte,

Escala xeral

A) Por infraccións moi graves:

a) Multa de 25.000 a 50.000 pesetas.

b) Perda do partido ou deducción de puntos na clasificación.

c) Descenso de categoría.

d) Celebración de partidos en terreo neutral ou a porta pechada.

e) Prohibición de acceso ás instalacións deportivas por tempo de ata cinco anos.

f) Perda definitiva dos dereitos de socio, con exclusión, tratándose de sociedades anónimas deportivas, dos inherentes á condición de accionista.

g) Clausura do recinto deportivo de catro partidos a unha tempada, suspensión ou privación de licencia, por tempo de dous a cinco anos.

h) Inhabilitación para ocupar cargo na organización federativa ou privación de licencia, a perpetuidade; tal clase de sanción só poderá imporse de modo excepcional pola reincidencia en infraccións de extraordinaria gravidade.

B) Por infraccións moi graves de directivos:

a) Amoestación pública.

b) Inhabilitación por tempo de dous meses a un ano.

C) Por infraccións graves:

a) Amoestación pública.

b) Multa de 10.000 a 25.000 pesetas, salvo os supostos específicos nos que se prevexa de contía superior.

c) Deducción de puntos na clasificación.

d) Clausura das instalacións deportivas dun a tres partidos ou ata dous meses.

e) Privación dos dereitos de socio por tempo dun mes a dous anos, con idéntica salvidade que prevé o apartado A), f, do presente artigo.

f) Inhabilitación para ocupar cargos na organización federativa, suspensión ou privación de licencia, por tempo dun mes a dous anos, ou durante catro ou máis partidos.

D) Por infraccións leves:

a) Apercibimento ou amoestación.

b) Multa de ata 10.000 pesetas, salvo os específicos en que se prevexa de contía superior.

c) Inhabilitación para ocupar cargos na organización federativa ou suspensión de ata un mes ou dun a tres partidos.

Artigo 90º

A multa, ademais de sanción principal, poderá te-lo carácter de accesoria nos supostos que prevé o presente título.

Tratándose de futbolistas, técnicos ou auxiliares, as multas impostas cargaranse, en todo caso, ó club de que se trate.

O non pagamento de multas impostas terá a consideración de quebrantamento de sanción.

Artigo 91º

Tratándose de supostos consistentes na predeterminación do resultado dun partido mediante prezo, intimidación ou simples acordos, en aliñacións inde

bidas e, en xeral, en todos aqueles en que a infracción supoña unha grave alteración da orde do encontro, os órganos disciplinarios estarán facultados, con independencia das sancións que, en cada caso, correspondan para modifica-lo resultado do partido de que se trate, iso na forma e límites que establece o presente título.

Artigo 92º

A inhabilitación será para toda clase de actividades na organización deportiva do fútbol e a privación de licencia, para as específicas ás que a esta correspondan.

Artigo 93º

A suspensión por tempo determinado entenderase absoluta para toda clase de partidos, e deben cumprirse salvo que fose imposta por un período non inferior a un ano, dentro dos meses da tempada en xogo.

Artigo 94º

1. A suspensión de partidos implicará a prohibición de aliñarse ou actuar en tantos daqueles oficiais como abarque a sanción pola orde en que teñan lugar, aínda que por alteración de calendario, aprazamento, repetición, suspensión ou outra calquera circunstancia que variase o preestablecido ó comezo da competición, salvo a excepción que consagra o artigo seguinte.

2. Se a suspensión fora como consecuencia dun acto de agresión a árbitros ou a autoridades deportivas, inhabilitará tamén para intervir en partidos non oficiais, se ben non se computará para efectos de cumprimento.

3. Se concluísen as competicións e o culpable tivese algún ou algúns partidos pendentes de cumprimento, este proseguirá cando aquelas se reinicien.

Artigo 95º

Cando un xogador puidese ser aliñado validamente en competicións diversas e fora sancionado nunha delas con suspensión, non serán computables para o seu cumprimento os encontros que o seu club dispute noutra distinta daquela na que se cometeu a falta, se o culpable non interviñese polo menos en tres partidos correspondentes a ela, e actuando en cada un deles, por tempo non inferior a corenta e cinco minutos.

A disposición contida no apartado anterior non será de aplicación tratándose de partidos de liga e copa, que serán computables entre si para efectos do cumprimento da sanción, excepto o prescrito nos artigos 128º e 129º do presente ordenamento.

Artigo 96º

1. A amoestación de directivos, futbolistas, adestradores e auxiliares levará consigo, para o club de que se trate, multa accesoria en contía de ata 1.000 pesetas.

2. Nos supostos de suspensión, tal accesoria pecuniaria serao por importe de 1.500 a 5.000 pesetas, respectivmente, por cada partido ou mes que abarque.

3. Tratándose de xogadores, adestradores ou auxiliares profesionais, imporáselles con independencia da sanción pecuniaria que corresponda ó club a teor do que prevé o apartado anterior, unha multa equivalente as súas retribucións, por tódolos conceptos correspondentes ó período de inactividade, computándose para tal efecto, cada partido de suspensión como una semana.

Artigo 97º

O club sancionado con expulsión da competición terase por non participante nela, e non puntuará en favor nin en contra dos demais para efectos xerais de clasificación final de todos eles.

En tal suposto, o club excluído entenderase, para efectos do cómputo das prazas de descenso previstas, que ocupa o último lugar na clasificación, con cero puntos.

Capítulo IV

Das infraccións e as súas sancións

Disposición xeral

Artigo 98º

As infraccións deportivas clasifícanse en moi graves, graves e leves.

Sección primeira

Das infraccións moi graves

Artigo 99º

1. Incorrerán, como responsables dunha falta moi grave, nas sancións que prevé o artigo 89 apatado A) e B), do presente título, quen resultase autor das seguintes infraccións:

a) Abuso de autoridade.

b) Quebrantamento de sanción imposta que resulte executiva, ou de medidas cautelares.

c) Actos de agresión que orixinen consecuencias de notoria gravidade.

d) Declaracións públicas de directivos, futbolistas, árbitros, adestradores ou socios, que inciten ós seus equipos ou ós espectadores á violencia.

e) Inasistencia non xustificada ás convocatorias das seleccións galegas, entendéndose aquelas referidas a adestramentos, concentracións ou celebración efectiva de partidos ou competicións.

f) Actos notorios e públicos que afecten á dignidade ou decoro deportivos, cando revistan unha especial gravidade ou reincidencia en infraccións graves desta natureza.

g) Manipulación ou alteración do material ou equipamento deportivo que conculque as regras técnicas do fútbol, cando iso altere a seguridade da competición ou supoña risco para a integridade das persoas.

h) Inexecución das resolucións do comité galego de disciplina deportiva.

i) En xeral, as conductas contrarias á boa orde deportiva, cando se reputan como moi graves.

2. Considerarase infracción moi grave da FGF, a expedición inxustificada dunha licencia conforme o previsto no artigo 7.1º do Real decreto sobre federacións deportivas españolas e disposicións de desenvolvemento.

3. Para a determinación, tanto da clase de sanción como do grao en que deba imporse, os órganos disciplinarios aplicarán as regras que para tal fin prevé o presente ordenamento.

Artigo 100º

1. Os que con dádivas, presentes, ofrecementos ou promesas ós árbitros, obtiveran ou intentasen obter unha actuación parcial e quen os aceptase ou recibise, será sancionado como autor dunha acción moi grave, con inhabilitación por tempo de dous a cinco anos, ademais reduciranse tres puntos na súa clasificación ós clubs implicados, anulándose o partido, a súa repetición procederá no suposto que prevé o punto 1 do artigo seguinte.

2. Quen sen ser responsable directo de feitos de tal natureza, interveña dalgún modo neles, será sancionado con inhabilitación ou privación de licencia por tempo de dous anos.

3. En todo caso, procederá ó comiso das cantidades se estas se fixesen efectivas.

Artigo 101º

1. Os que interveñan en acordos conducentes á obtención dun resultado irregular no encontro, xa sexa pola anómala actuación dun ou dos dous equipos contendentes, ou dalgún dos xogadores, xa utilizando como medio indirecto a indebida aliñación de calquera destes, a presentación dun equipo notoriamente inferior ó habitual ou outro procedemento conducente ó mesmo propósito, serán sancionados como autores dunha infracción moi grave, con inhabilitación por tempo de dous a cinco anos, e reduciranse tres puntos da súa clasificación ós clubs implicados, declarándose nulo o partido; a súa repetición só procederá no suposto de que un dos dous opoñentes non fose culpable e se derivase prexuízo para este ou para terceiros tampouco responsables.

2. Os que participen en feitos desta clase sen te-la responsabilidade material e directa serán sancionados con inhabilitación ou privación de licencia por tempo de dous anos.

3. Se nesta clase de ilícitos acordos mediara entrega ou promesa de cantidade, procederá ó comiso da que, se é o caso, se fixese efectiva.

Artigo 102º

1. Cando un futbolista fose aliñado indebidamente, por non cumpri-los requisitos regulamentarios ou estar suxeito a sanción que llo impida, a infracción será considerada sempre como de carácter formal, sen distingos acerca da concorrencia de mala fe ou neglixencia, ou da suposta ausencia de ambas, e o club cul

pable será sancionado en todo caso, tratándose dunha competición por puntos, coa perda do encontro ó infractor co resultado de cero goles a tres -salvo que o opoñente obtivese un resultado superior-; e sendo por eliminatorias, declarando gañador da que se trate ó club inocente. En ámbolos casos coas multas accesorias estatutariamente previstas.

Se a aliñación indebida do futbolista fose motivada por estar este, suxeito á suspensión federativa, o partido en cuestión declarado como perdido para o club infractor computarase para o cumprimento da sanción imposta ó xogador que interviu indebidamente.

2. Se como consecuencia da indebida aliñación, se resolvera a eliminatoria en favor do inocente, e se faltase por celebra-lo segundo dos encontros no seu campo, este deberá ser indemnizado polo culpable na contía que en función á media das recadacións de competicións de clase análoga no período dos cinco últimos anos se determine.

Artigo 103º.

1. A incomparecencia dun equipo a un partido oficial producirá as seguintes consecuencias:

a) Tratándose dunha competición por puntos, computarase o partido por perdido ó infractor, declarando vencedor ó opoñente, polo tanteo de tres goles a cero, e descontaranse, ó primeiro, dous daqueles da súa clasificación.

Cando a incomparecencia se produza por segunda vez na mesma competición e dentro da tempada, o club quedará apartado dela, e quedará situado con cero puntos no último posto da clasificación final e a súa praza computarase entre o número de descensos previstos, así mesmo quedará sen posibilidade de ascenso nas dúas sucesivas tempadas, se o culpable participara na última categoría ou categoría única, quedará inhabilitado para participar na tempada seguinte.

Así mesmo, se un club se retira da competición, unha vez confeccionado o calendario, será sancionado a non poder participar na tempada seguinte na competición onde se produce a renuncia.

b) Sendo a competición por eliminatorias, considerarase perdida para o incomparecido a fase de que se trate, e se se producise no partido final, este disputarase entre o finalista e o que foi eliminado polo infractor.

En calquera caso, o incomparecido non poderá participar na vindeira edición do torneo.

c) Se o incomparecente fose o equipo visitante, deberá indemnizar ó opoñente na forma en que se estableza.

d) A incomparecencia inxustificada determinará, como sanción pecuniaria accesoria, multa na contía de 5.000 a 20.000 pesetas.

2. Considérase como incomparecencia para o efecto que prevé o presente artigo, o feito de non acudir a un compromiso deportivo na data sinalada no calendario oficial ou fixada polo órgano competente, xa

sexa por vontade dolosa, xa por notoria neglixencia; e así mesmo, aínda comparecendo o equipo, incluso celebrándose o partido, se non son suficientes os xogadores nos que concorran as condicións ou requisitos regulamentariamente establecidos con carácter xeral ou específico, salvo neste último suposto, que exista causa ou razón que non puidera preverse ou que, prevista, fora inevitable sen que poida entenderse como tal que mediase algunha circunstancia imputable ó club de que se trate, que constitúa causa mediata de que non participen os futbolistas obrigados a iso, sen prexuízo, da responsabilidade en que puidesen incorrer.

Artigo 104º

Se un equipo non comparece coa antelación necesaria para que o partido comece á hora fixada por causas imputables á neglixencia, e iso determina a súa suspensión, daráselle por perdido o partido, declarándose vencedor ó opoñente polo tanteo de tres goles a cero.

Artigo 105º

A retirada dun equipo do terreo de xogo, unha vez comezado o partido, ou a negativa a inicialo, cualificarase como incomparecencia, sendo aplicable a tales eventos as disposicións contidas no artigo 103 dos presentes estatutos.

O club que por cuarta vez nunha mesma tempada incumpra a obrigación á que fai méritos o artigo 104 dos presentes estatutos será excluído da competición, coas consecuencias que prevé o artigo 103º. 1. a).

Artigo 106º

1. Cando con ocasión dun partido se produzan incidentes de público de natureza moi grave, imporase ó club titular do recinto deportivo a sanción de clausura deste por un período de catro encontros a unha tempada, con multa accesoria en contía de 10.000 a 25.000 pesetas.

2. Para determina-la gravidade dos incidentes terase en conta a trascendencia dos feitos, a existencia ou ausencia de antecedentes, a adopción ou non de medidas conducentes á prevención da violencia, o maior ou menor número de persoas intervenientes e as demais circunstancias que o órgano disciplinario racionalmente pondere, entendéndose sempre como bens de especial protección xurídica a integridade física dos árbitros e o normal desenvolvemento do xogo, cualificándose ademais como factores específicos determinantes da gravidade, a contumacia na actitude violenta e a de que esta non sexa individualizada, senón colectiva ou tumultuaria, salvo, no primeiro suposto, que aínda tratándose dun incidente illado orixine un resultado obxectivamente grave, aínda que non sexa o árbitro da víctima.

Naqueles supostos en que resulte agredido algún árbitro, precisando asistencia médica, aquél deberá remiti-lo correspondente parte facultativo.

3. A identificación, detención e adopción de medidas disciplinarias que na orde interna puideran adopta-los clubs con respecto ós autores de calquera tipo de incidentes de público, poderá terse en conta polos órganos disciplinarios competentes para a atenuación das sancións que proceda impor.

Artigo 107º

Cando, con ocasión dun partido, se produzan incidentes de público de natureza leve e se acredite de forma indubitada que os protagonistas deles fosen seguidores do club visitante, imporase a este multa en contía de 10.000 a 25.000 pesetas.

Artigo 108º

Sancionarase con suspensión de dous a tres anos ó que agredise a outro levando a cabo a acción con inequívoco propósito de causar dano e orixinando o feito lesión de especial gravidade, tanto pola súa propia natureza como polo tempo de baixa que supoña.

Se os ofendidos fosen o árbitro ou os árbitros asistentes, a sanción será por tempo de tres a cinco anos.

Sección Segunda

Das infraccións graves

Artigo 109º

1. A promesa ou entega de cantidades en efectivo ou compensacións avaliables en diñeiro por parte dun terceiro club como estímulo para acadar un resultado positivo, así como a súa aceptación ou recepción, sancionaranse con suspensión por tempo dun a seis meses ás persoas que foran resposables, e imporase ós clubs implicados e ós receptores multa en contía de 50.000 pesetas, procedéndose ademais ó comiso das cantidades feitas, se é o caso, efectivas.

2. Os que interveñan en feitos desta clase como meros intermediarios serán suspendidos ou inhabilitados por tempo dun a tres meses.

Artigo 110º

Os directivos e técnicos responsables dos feitos que define o artigo 102º do presente título serán inhabilitados ou suspendidos por tempo de dous meses a un ano, ou dun a dous meses, segundo concorran respectivamente, mala fe ou neglixencia.

Idénticos correctivos aplicaranse ó xogador que interveña antirregulamentariamente, salvo que se probase de maneira indubitada que actuou cumprindo ordes de persoas responsables do club ou do equipo, ou descoñecendo a responsabilidade en que incorría.

Artigo 111º

As persoas que foran directamente responsables da situación que prevé o artigo 103º serán sancionadas con suspensión de dous a seis meses.

Artigo 112º

Cando un equipo se presente nas instalacións deportivas con notorio atraso non xustificando pero, a pesar

da demora, esta circunstancia non impida a celebración do partido, imporase ó club multa en contía de 5.000 a 10.000 pesetas, e suspenderase por tempo de ata dous meses ós directamente responsables.

Artigo 113º

Os clubs que incumpran os deberes propios da organización dos partidos e os que son necesarios para o seu normal desenvolvemento serán sancionados con multa en contía de 5.000 a 10.000 pesetas, ou, segundo trascendencia do feito, con clausura das súas instalacións deportivas dun a tres encontros.

Artigo 114º

Cando se alteren maliciosamente as condicións do terreo de xogo, ou non se reparen, por voluntariedade ou neglixencia, as deficiencias motivadas por forza maior ou accidente fortuíto, determinando iso a suspensión do partido, este celebrarase, na data en que o órgano disciplinario determine, en campo neutral e o club de que se trate será sancionado con multa de 10.000 a 25.000 pesetas, incorrendo ademais as persoas directamente responsbles do feito en inhabilitación ou suspensión por tempo dun a tres meses.

Se o encontro puidese celebrarse imporase multa de 5.000 pesetas e amoestarase publicamente os responsables directos.

Artigo 115º

1. Cando con ocasión dun partido se produzan incidentes de público cualificados como graves imporase ó club titular do recinto deportivo a sanción de clausura deste durante un ou tres partidos, con multa accesoria de 10.000 a 25.000 pesetas, salvo o disposto no artigo 107º.

2. Para a determinación da gravidade do acaecido haberá que aterse ás reglas que se conteñen no artigo 106º.2 do presente título.

3. Cando esta clase de incidencias sexan protagonizadas por persoas indubitadamente identificadas como seguidores do club visitante, imporase a este multa en contía de 10.000 a 25.000 pesetas e clausura do seu terreo de xogo dun a tres partidos.

Artigo 116º

Se nos partidos que se xoguen en campo neutral se producen incidentes cualificados como moi graves imporase ós participantes ou, se é o caso, a un deles cando de modo indubitado se acredita que os protagonizaron os seus seguidores, multa en contía de 25.000 a 50.000 pesetas e clausura do seu terreo de xogo polo prazo de catro encontros a unha tempada.

Artigo 117º

Imporase a sanción, segundo determine o órgano disciplinario competente, conforme as regras que se conteñen no presente título, de multa en contía de 10.000 a 25.000 pesetas, inhabilitación ou suspensión por tempo dun mes a dous anos ou de alomenos catro

encontros ou clausura de ata tres partidos ou dos meses, pola comisión das siguintes infraccións:

a) Incumprimento, consciente e reiterado de ordes, instruccións, acordos ou obrigacións regulamentarias emanadas dos órganos federativos competentes.

b) Actos notorios e públicos que atenten á dignidade ou decoro deportivo.

Artigo 118º

Sancionarase con suspensión de catro a doce partidos:

a) Provoca-la animosidade do público, obtendo tal propósito, salvo que, por producirse, como consecuencia diso, incidentes graves, a infracción fose constitutiva de maior entidade.

b) Insultar ou ofende-lo árbitro, árbitros asistentes, directivos ou autoridades deportivas, se fora de forma reiterada e especialmente ostensible, salvo que constitúa falta máis grave.

c) Ameazar ou coaccionar de maneira ou en termos que revelen a intención de levar a cabo tal propósito, ás mesmas persoas que enumera o apartado anterior, salvo, así mesmo, se se considera infracción de entidade maior.

d) Agarrar, empuxar ou zarandear, ou producirse en xeral outras actitudes cara ós árbitros ou árbitros asistentes que por só ser levemente violentas non acrediten ánimo agresivo por parte do axente.

e) Producirse de maneira violenta, con ocasión do xogo cara a un adversario orixinando consecuencias danosas ou lesivas que sexan consideradas como graves pola súa propia natureza ou pola inactividade que puideran determinar, sempre que non constitúan falta de maior entidade.

f) Agredir a outro, sen causar lesión, ponderándose como factor determinante do elemento doloso, necesario nesta infracción, a circunstancia de que a acción teña lugar estando o xogo detido ou a distancia tal de onde este se desenvolva que resulte imposible intervir nun lance daquel.

Artigo 119º

Sancionarase con suspensión de seis a quince partidos a quen cometa a falta que prevé o apartado f) do artigo anterior, orixinando lesión que determine a baixa do ofendido, sempre que non constitúa falta máis grave.

Artigo 120º

1. Incorrerá en suspensión de tres a seis meses o que agredise ó árbitro, árbitros asistentes, directivos ou autoridades deportivas, sempre que a acción fose única e non orixinase ningunha consecuencia diso.

2. A sanción será por tempo de seis meses a un ano se o ofendido, aínda non sufrindo lesión, precisara asistencia ou, aínda sen iso, se estimara que houbo risco grave, dada a natureza da acción, sempre que esta non constitúa falta máis grave.

Artigo 121º

1. Incorrerán en suspensión de catro a dez partidos ou multa de 10.000 a 25.000 pesetas, aqueles que a súa conducta sexa contraria á boa orde deportiva cando se cualifique como grave.

2. A sanción será por tempo de seis meses a un ano se o ofendido, aínda non sufrindo lesión, precisara asistencia médica ou, aínda sen iso, se estimara que houbo risco grave, dada a natureza da acción sempre que esta non constitúa falta máis grave.

Artigo 122º

Faltas cometidas polos compoñentes do equipo arbitral e as súas sancións:

1. Son faltas leves, que serán sancionadas desde amoestación a suspensión por tres xornadas:

a) A actuación nun encontro indebidamente uniformado.

b) Falta de puntualidade no cumprimento das súas obrigacións, especialmente en canto á súa presencia nas cidades ou nos terreos de xogo antes do comezo dos encontros.

c) A redacción defectuosa ou incompleta da acta dos encontros e da súa remisión á organización, fóra dos prazos e forma establecidos regulamentariamente por ela.

d) Non comunicar coa anticipación fixada pola organización a imposibilidade por calquera motivo de actuar na xornada ou no encontro correspondente.

2. Son faltas graves, que serán castigadas con suspensión desde catro ata seis xornadas:

a) A incomparecencia inxustificada a un encontro.

b) Incorrer en errores técnicos ou de feito na redacción de actas dos encontros que puideran ocasionar alteración no transcurso ou no resultado do encontro.

c) Suspender un encontro sen a concorrencia das circunstancias previstas para iso.

d) A falta de informe cando lle corresponda realizalo ou sexa requirido para iso polo comité de competición sobre feitos ocorridos antes, durante ou despois do encontro.

e) Dirixir encontros amigables sen a correspondente autorización e designación da organización.

f) Non recolle-las designacións ou rexeitadas sen causa que o xustifique, negándose a cumpri-las súas funcións, así como aducir causas falsas para evita-la súa designación.

g) Intercambiar designacións sen autorización da entidade organizadora ou do órgano directivo arbitral.

h) Descoñece-las regras de xogo, e non asistir ós cursos de perfeccionamento técnico ou probas de aptitude que puideran convocarse.

i) Adoptar unha actitude pasiva ou neglixente ante comportamentos antideportivos dos compoñentes dos equipos participantes.

j) Dirixirse ós compoñentes dos equipos, directivos, espectadores e outras autoridades deportivas con expresións de menosprezo ou cometer actos de desconsideración cara a aqueles.

3. Son tamén faltas moi graves, que serán sancionadas con suspensión desde catro a dez encontros:

a) Ameazar, coaccionar, retar ou realizar actos vexatorios de palabra ou de obra, insultar, menosprezar ou ofender de forma grave ou reiterada a calquera xogador, adestrador ou membro dos equipos contendentes, así como a outros árbitros, auxiliares, directivos, dirixentes, espectadores e autoridades deportivas.

b) O intento de agresión ou a agresión non consumada a calquera das persoas indicadas anteriormente.

c) O árbitro que con notoria falta de dilixencia redacte as actas describindo as incidencias de maneira equívoca ou omitindo nelas feitos, datos ou aclaracións esenciais para o posterior xulgamento e cualificación dos órganos disciplinarios.

4. Son faltas moi graves, que serán sancionadas con suspensión desde sete xornadas á perpetuidade:

a) A agresión a calquera xogador, adestrador, membro dos equipos contendentes, así como a outros árbitros ou auxiliares, directivos, dirixentes, espectadores ou autoridades deportivas.

b) A redacción falsa ou manipulación dolosa da acta do encontro, alterando intencionadamente, en todo ou en parte o seu contido, de forma que as anotacións non se correspondan cos feitos reais, así como a emisión de informes maliciosos e falsos.

Artigo 123º

Cando un delegado de campo ou de partido incumpra as obrigacións que lle incumben e iso determine ou provoque accións que fixeran periga-la integridade física dos árbitros, directivos, xogadores ou técnicos, incorrerá na sanción de suspensión de dous a seis meses.

Artigo 124º

1. Son faltas específicas dos adestradores:

a) Prestar ou cede-lo título, ou permitir que unha persoa distinta exerza funcións de adestrador, e desenvolvelas, dentro do club ó que se prestan servicios, con maior responsabilidade ou superior categoría das pactadas.

b) Recibir, prestado ou cedido, un título para adestrar.

c) Adestrar con título que non corresponda ó esixido ou facelo sen licencia.

d) Falsea-la licencia, o contrato ou calquera outro documento que sirvan de base para a obtención daquela.

2. O autor responsable desta clase de feitos será sancionado con suspensión dun a seis meses.

Artigo 125º

1. O futbolista que incorra en duplicidade de solicitude de demanda de inscrición, segundo os termos que establece o regulamento xeral, será suspendido por tempo dun a tres meses.

2. Tal sanción cumprirase a partir de que o xogador se inscriba por outro club ou subscriba nova licencia por el. De non haber nova inscrición, o seu cumprimento iniciarase o 1º de setembro da tempada inmediatamente seguinte a aquela en que quedou cancelada a súa licencia.

Sección terceira

Das infraccións leves

Artigo 126º

Cando nos recintos deportivos se produzan incidentes de público cualificados como leves, imporase ó club titular das instalacións multa de ata 10.000 pesetas, podendo o órgano de competición e disciplina impor con ocasión dun mesmo partido, máis dunha destas sancións, cando se trate de feitos diversos acaecidos en momentos distintos con solución de continuidade entre uns e outros.

Artigo 127º

Sancionarase con amoestación:

a) Xogo perigoso.

b) Penetrar, saír ou reintegrarse ó terreo de xogo sen autorización arbitral.

c) Formular observacións ou reparos ó colexiado ou ós seus auxiliares.

d) Cometer actos de desconsideración co árbitro, árbitros asistentes, autoridades deportivas, directivos, técnicos, espectadores ou outros xogadores.

e) Adoptar actitudes pasivas ou neglixentes no cumprimento das ordes, decisións ou instruccións do árbitro, ou desoír ou desatendelas.

f) Perder deliberadamente o tempo.

g) Cometer calquera falta de orde técnico, se iso determinase a amoestación arbitral do infractor.

h) Calquera outra acción ou omisión que por ser constitutivas de infracción en virtude do que establecen as regras de xogo ou as disposicións dictadas pola FIFA, determinen que o árbitro adopte a medida disciplinaria de amoestar ó culpable, mediante a exhibición de tarxeta amarela, salvo que o órgano disciplinario cualifique o feito como de maior gravidade; se conforme a aquelas regras ou disposicións, o árbitro acordase a expulsión, haberá que aterse ó que prevén os artigos 129, 130 e 131.

Artigo 128º

1. A acumulación de cinco daqueles correctivos no transcurso da mesma competición determinará a suspensión por un partido nesta, coa accesoria pecuniaria

que prevé, segundo os casos, o artigo 96º do presente ordenamento.

2. A dita suspensión deberá cumprila o infractor, aínda que este nin o club ó que pertenza reciba a notificación persoal e directa da sanción, desde o momento en que o órgano disciplinario faga comunicación pública dela na súa propia sede, sen que a ignorancia desta norma escuse do seu cumprimento, nin poida invocarse como excepción.

3. Esta clase de suspensións deberá cumprirse na propia competición específica de que se trate.

4. Cumprida a sanción iniciarase un novo ciclo da mesma clase e con idénticos efectos.

Artigo 129º

Cando, como consecuencia dunha segunda amoestación arbitral, no transcurso dun mesmo partido, se produza a expulsión do infractor, éste será sancionado con suspensión durante un encontro na mesma competición, salvo que proceda outro correctivo maior, coa correspondente accesoria pecuniaria.

Nestes supostos seguirán o seu curso independentemente dos ciclos que prevé o artigo anterior.

Artigo 130º

Cando un xogador cometa unha falta e iso determine a súa expulsión directa do terreo de xogo, será sancionado con suspensión durante un partido, salvo que no feito fose constitutivo de infracción de maior gravidade, coa accesoria pecuniaria correspondente.

Artigo 131º

Os xogadores expulsados con tarxeta vermella non poderán ser aliñados no encontro seguinte, aínda que o club afectado non recibise a notificación oficial do castigo; estará en todo caso obrigado o seu club a informarse da situación do dito xogador, respecto a súa ulterior aliñación nos sucesivos encontros.

Artigo 132º

Se o club non actuase de forma regulamentaria, tal como dispoñen os supostos dos artigos precedentes, a aliñación do xogador será considerada como indebida, con aplicación da correspondente sanción.

Artigo 133º

Sancionarase con suspensión dun a tres partidos ou por tempo de ata un mes:

a) Empregar xogo perigoso causando dano que merme as facultades do ofendido.

b) insultar, ofender, ameazar ou provocar a outro, sempre que non constitúa falta máis grave.

c) Dirixirse ós árbitros, directivos ou autoridades deportivas en termos ou con actitudes inxuriosas ou de menosprezo, sempre que a acción non constitúa falta máis grave.

Se naqueles termos ou actitudes fosen dirixidos ó árbitro e con ocasión ou como consecuencia de adoptar algunha decisión no lexítimo exercicio da súa auto

ridade, a suspensión será, como mínimo, durante dous encontros.

d) Provocar a alguén contra outro, sen que se consume o propósito.

Se se conseguira, castigarase como inducción, impóndolle ó culpable a mesma sanción có autor material do feito.

e) Pronunciar termos ou expresións que atenten ó decoro ou a dignidade ou empregar xestos ou ademáns que, pola súa procacidade, se teñan no concepto público como ofensivos.

f) Protestar de forma ostensible ou insistente ó árbitro ou ós árbitros asistentes, sempre que non constitúa falta máis grave.

g) Provoca-la animosidade do público sen consegui-lo pretendido.

h) Producirse de maneira violenta con ocasión do xogo ou como consecuencia directa dalgún lance del sempre que a acción orixine risco, pero non se produzan consecuencias danosas ou lesivas.

Artigo 134º

O delegado do campo ou de partido que incumpra as súas obrigacións será sancionado con suspensión de ata un mes, sempre que non constitúa falta de maior gravidade.

O árbitro que cometa irregularidade na redacción ou remisión das actas será sancionado con suspensión de ata un mes, sempre que o feito non constitúa unha infracción de maior gravidade.

Sección cuarta

Das infraccións cometidas como consecuencia

de partidos amigables

Artigo 135º

1. Cando nun encontro amigable se cometan feitos tipificados como falta no presente ordenamento, sancionarase ó infractor con multa de ata 25.000 pesetas, ou con suspensión referida esta a partidos do torneo de que se trate, se a sanción fose pecuniaria deberá aboala o club.

A competencia para resolver corresponderá ós órganos disciplinarios da FGF.

2. Exceptúanse do disposto no apartado anterior as faltas consistentes en agresións, ameazas, insultos, ofensas, e en xeral actos de desconsideración ou menosprezo a árbitros, árbitros asistentes, directivos ou autoridades deportivas, que serán xulgadas polo órgano de competencia que corresponda, quen imporá a sanción que proceda a teor do disposto para o caso no presente ordenamento.

Capítulo V

Do procedemento disciplinario

Disposicións xerais

Artigo 136º

1. O procedemento disciplinario iniciarase:

a) Por providencia do órgano competente de oficio a solicitude do interesado ou a requirimento da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

A incoacción de oficio poderá producirse por iniciativa do propio órgano ou en virtude de denuncia motivada.

b) Para tal efecto, ó ter coñecemento sobre unha suposta infracción das normas deportivas, o órgano disciplinario competente para incoa-lo expediente poderá acorda-la instrucción dunha información reservada antes de dicta-la providencia na que se decida a incoacción do expediente ou, se é o caso, o arquivo das actuacións.

c) Tratándose de faltas cometidas durante o curso do xogo ou competición, e sen prexuízo das normas que anteceden, de acordo coas correspondentes actas arbitrais e os seus eventuais anexos.

2. Os procedementos tramitaranse consonte os prazos que o presente capítulo establece, se ben, concorrendo circunstancias excepcionais no curso da súa instrucción, o órgano competente para resolver poderá acorda-la ampliación daqueles ata un máximo de tempo que non supere a metade, corrixida por exceso.

Artigo 137º

Calquera persoa ou entidade das que os seus dereitos ou intereses lexítimos poidan verse afectados pola substanciación dun procedemento disciplinario deportivo poderán constituírse en parte nel, tendo desde entón e para os efectos de notificacións e de proposición e práctica da proba, a consideración de interesado.

Artigo 138º

1. Será imprescindible en todo procedemento, antes de dictar resolución, o trámite de audiencia ós interesados, para evacualo serán emprazados, outorgándolles un termo máximo de dez días hábiles, con traslado do expediente.

2. Tratándose de infraccións cometidas durante o curso do xogo que teñan constancia nas actas ou eventuais anexos a elas, o trámite de audiencia non precisará requirimento previo por parte do órgano disciplinario e os interesados poderán expoñer ante el, en forma verbal ou escrita, as alegacións ou manifestacións que, en relación co contido dos meritados documentos ou co propio encontro, consideren convenientes ó seu dereito, achegando, se é o caso, as probas pertinentes.

3. Tal dereito poderá exercerse nun prazo que rematará ás dezaoito horas do segundo día hábil seguinte ó do partido de que se trate, momento no que deberán obrar na secretaría do órgano disciplinario as alegacións ou reclamacións que se formulen.

4. En idéntico termo precluirán tamén as eventuais reclamacións por supostas aliñacións indebidas e, aínda producidas estas, quedará automaticamente convalidado o resultado do partido se aquelas non se presentasen dentro do referido prazo.

Artigo 139º

1. As actas subscritas polos árbitros constitúen medio documental necesario no conxunto da proba das infraccións ás regras e normas deportivas. Igual natureza terán as ampliacións ou aclaracións a elas subscritas polos propios árbitros, ben de oficio, ben a solicitude dos órganos disciplinarios.

2. Iso, non obstante, os feitos relevantes para o procedemento e a súa resolución poderán acreditarse por calquera medio de proba, podendo os interesados propor que se practique calquera daquelas ou achegar directamente cantas sexan de interese para a correcta resolución do expediente.

3. Na apreciación das faltas referentes á disciplina deportiva, as declaracións do árbitro presúmense certas, salvo erro material manifesto, que poderá acreditarse por calquera medio admitido en dereito.

Artigo 140º

1. Iniciado o procedemento e con suxeición ó principio de proporcionalidade, o órgano competente para a súa incoacción poderá adopta-las medidas provisionais que estime oportunas para asegura-la eficacia da resolución que puidese recaer. A adopción de medias provisionais poderá producirse en calquera momento do procedemento, ben de oficio, ben por moción razoada do instructor. O acordo de adopción deberá ser debidamente motivado.

2. Non se poderán dictar medidas provisionais que poidan causar prexuízos irreparables.

Artigo 141º

Os órganos disciplinarios poderán, de oficio ou a solicitude do interesado, acorda-la acumulación de expediente cando se produzan as circunstancias de identidade ou analoxía razoable e suficiente, de carácter subxectivo ou obxectivo que fixeran aconsellable a tramitación e resolución únicas.

A providencia de acumulación seralles comunicada ós interesados no procedemento.

Sección primeira

Do procedemento ordinario

Artigo 142º

Aplicarase o procedemento ordinario para o xulgamento e, se é o caso, das infraccións ás regras de xogo ou competición, como consecuencia das accións ou omisións que, durante o curso do xogo ou competición vulneren, impidan ou perturben o seu normal desenvolvemento.

Artigo 143º

Incoado o procedemento ordinario na forma que prevé o artigo 136º.2 do presente ordenamento, tramitarase con audiencia dos interesados, sendo aplicables ó respecto as disposicións contidas no artigo 138º,

apartados 2 e 3 e, practicándose as probas que aqueles acheguen ou propoñan e sexan aceptadas, ou as que o órgano competente acorde, dictándose finalmente resolución fundada, que se notificará na forma en que prevé o presente ordenamento.

Sección segunda

Do procedemento extraordinario

Artigo 144º

O procedemento extraordinario tramitarase cando se trate da imposición das sancións, correspondentes ás infraccións das normas deportivas xerais, axustarase ós principios e regras da lexislación xeral e ó establecido no real decreto sobre disciplina deportiva e ás disposición contidas no presente capítulo.

Artigo 145º

1. A providencia que inicia o expediente disciplinario conterá o nomeamento do instructor, que será licenciado en dereito, e a quen lle corresponderá a súa tramitación.

2. Nos casos en que se estime oportuno, a providencia conterá tamén o nomeamento dun secretario que asista ó instructor na tramitación do expediente.

Artigo 146º

1. Ó instructor e, se é o caso, ó secretario, sonlles de aplicación as causas de abstención e recusación previstas na lexislación do Estado para o procedemento administrativo común.

2. O dereito de recusación poderá exercerse polos interesados no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte a aquel en que teñan coñecemento da corresponte providencia de nomeamento, ante o mesmo órgano que a dictou, quen deberá resolver no termo doutros tres.

3. Contra as resolucións non se dará recurso, sen perxuízo da posibilidade de alega-la recusación ou interpoñe-lo recurso administrativo ou xurisdiccional, segundo proceda, contra o acto que poña fin ó procedemento.

Artigo 147º

O instructor ordenará a práctica de cantas dilixencias sexan adecuadas para a determinación e comprobación dos feitos, así como para a fixación das infraccións susceptibles de sanción.

Artigo 148º

1. Os feitos relevantes para o procedemento poderán acreditarse por calquera medio de proba, unha vez que o instructor decida a apertura da fase probatoria, que terá unha duración non superior a quince días hábiles nin inferior a cinco, comunicándolles ós interesados con suficiente antelación o lugar e momento da súa práctica.

2. Os interesados poderán propoñer en calquera momento anterior ó inicio da fase probatoria a práctica de calquera proba ou achegar directamente as que

resulten de interese para a adecuada e correcta resolución do expediente.

Contra a denegación expresa ou tácita da proba proposta polos interesados, estes poderán formular reclamación no prazo de tres días hábiles, ante o órgano competente para resolve-lo expediente, quen deberá pronunciarse no termo doutros tres días. En ningún caso, a interposición da reclamación paralizará a tramitación do expediente.

Artigo 149º

1. Á vista das actuacións practicadas, e nun prazo non superior a un mes contado a partir da iniciación do procedemento, o instructor proporá o sobresemento ou formulará o correspondente prego de cargos comprendendo nel os feitos imputados, as circunstancias concorrentes e as supostas infraccións, así como as sancións que puideran ser de aplicación. O instructor poderá, por causas xustificadas, solicita-la ampliación do prazo referido ó órgano competente para resolver.

2. No prego de cargos, o instructor presentará unha proposta de resolución que será notificada ós interesados para que no prazo de dez días hábiles, manifesten cantas alegacións consideren convenientes en defensa dos seus dereitos ou intereses.

Así mesmo, no prego de cargos, o instructor deberá propoñe-lo mantemento ou levantamento das medidas provisionais que, se é o caso, se adoptasen.

3. Transcorrido o prazo sinalado no apartado anterior, o instructor, sen máis trámite, elevará o expediente ó órgano competente para resolver, ó que se unirán, se é o caso, as alegacións presentadas.

Artigo 150º

A resolución do órgano competente pon fin ó expediente disciplinario deportivo e haberá de dictarse no prazo máximo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ó da elevación do expediente polo instructor.

Capítulo VI

Dos recursos

Artigo 151º

1. Contra as resolucións dictadas na primeira instancia e por calquera procedemento polos órganos disciplinarios competentes poderase recorrer no prazo máximo de dez días hábiles ante o comité de apelación correspondente.

2. Contra as resolucións destes dous últimos, que esgotan a vía federativa, caberá interpoñer recurso, en termo máximo de quince días hábiles, ante o comité galego de disciplina deportiva.

Artigo 152º

O prazo para formular recursos contarase a partir do día seguinte hábil ó da notificción da resolución ou providencia se estas fosen expresas.

Se non o foran, o prazo será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que deban

entenderse desestimadas as peticións, reclamacións ou recursos.

Artigo 153º

1. A resolución dun recurso confirmará, revogará ou modificará a decisión contra a que se recorre; non poderá, en caso de modificación, derivarse maior prexuízo para o interesado, cando este sexa o único recorrente.

2. Se o órgano competente para resolver estimase a existencia de vicio formal poderá ordena-la retroacción do procedemento ata o momento no que se produciu a irregularidade, coa indicación expresa da fórmula para resolvela.

Artigo 154º

A resolución expresa dos recursos deberá producirse nun prazo non superior a trinta días.

En todo caso, e sen que iso supoña a exención do deber de dictar resolución expresa, transcorridos trinta días hábiles sen que se dicte e notifique a resolución do recurso interposto, enténdese que este foi desestimado, quedando expedita a vía procedente.

Artigo 155º

Non poderán achegarse en apelación, como documentos ou instrumentos de proba, aqueles que, estando dispoñibles para presentar en instancia, non se utilizaron ante esta dentro do termo precursor que establece o artigo 138º.3 do presente título.

Capítulo VII

Do comité de competición e disciplina

Artigo 156º

O Comité Territorial de Competición e Disciplina é o órgano a quen corresponde o exercicio da función disciplinaria en primeira instancia sobre as persoas físicas ou xurídicas dependentes da FGF

Os seus acordos serán recorribles ante o comité de apelación territorial.

Artigo 157º

Integran este comité un presidente, un secretario e dous vocais, todos eles profesionais do dereito con experiencia na vida deportiva, nomeados e relevados polo presidente da FGF.

Artigo 158º

O comité poderá acordar que calquera dos seus membros ou outra persoa que el designe presencie determinados partidos con carácter de delegado especial daquel, co fin de que o informe das incidencias do encontro, cando por circunstancias deste así o estime conveniente ou cando fose solicitada por algún dos clubs contendentes.

Artigo 159º

A xunta directiva da FGF poderá acorda-la creación dun ou varios subcomités de competición, cando polo número de participantes nas competicións territoriais sexa aconsellable. A creación e composición destes

subcomités será da exclusiva competencia da xunta directiva da FGF, e actuará por delegación do Comité Territorial de Competición e Disciplina.

Capítulo VIII

Do comité de apelación

Artigo 160º

O Comité Territorial de Apelación é o órgano competente para coñecer dos recursos que se interpoñan contra a resolución do Comité Territorial de Competición e Disciplina e Subcomités de Competición.

Artigo 161º

O Comité Territorial de Apelación estará formado por un presidente, un secretario e dous vocais, todos eles profesionais do dereito e con experiencia no campo deportivo.

Artigo 162º

Os membros do comité de apelación serán designados e relevados polo presidente da FGF

Artigo 163º

O Comité Territorial de Apelación reunirase cantas veces sexa necesaria a súa intervención, para resolve-los recursos da súa competencia, e en calquera caso por iniciativa do seu presidente.

Artigo 164º

Os acordos do Comité Territorial de Apelación serán recorribles ante o Comité Galego de Disciplina Deportiva da Xunta de Galicia.

TÍTULO VI

Capítulo único

Do comité xurisdiccional

Artigo 165º

O comité xurisdiccional é o órgano a quen corresponde coñecer en primeira instancia das cuestións que non teñan carácter disciplinario competicional e se orixinen entre persoas físicas ou xurídicas, dependentes da organización da FGF.

Artigo 166º

Virán comprendidos dentro da súa competencia, as cuestións relacionadas coa cualificación deportiva dos xogadores, revisións, inscricións e licencias en xeral; efectos das inscricións, duplicidades, caducidade e cancelación das inscricións e licencias, contratos entre xogadores e clubs, extinción, rescisión e suspensión de contratos e prórrogas e renovacións de contratos.

Artigo 167º

O comité territorial xurisdiccional estará integrado por un presidente e dous vocais, todos eles profesionais do dereito, con experiencia no campo deportivo, nomeados e relevados polo presidente da FGF.

Artigo 168º

O comité xurisdiccional reunirase cando sexa necesario para resolver asuntos da súa competencia, e en todo caso, cando o convoque o presidente do comité.

Artigo 169º

As resolucións dictadas polo comité xurisdiccional territorial, esgotan a vía deportiva; contra as ditas resolucións firmes do comité xurisdiccional poderá interpoñerse ante el recurso extraordinario de revisión cando con posterioridade ó acordo sexan coñecidos novos feitos ou elementos de proba que non puideron selo no momento de seren adoptados; a dita instancia caducará, en todo caso, ós seis meses de dictarse a resolución que se pretenda revisar.

TÍTULO VII

Capítulo único

Réxime económico

Artigo 170º

A FGF está sometida ó réxime de administración, orzamento e patrimonio propio e caixa única.

O tesoureiro someterá á asemblea xeral ordinaria un balance de situación e as contas de ingresos e gastos, memoria económica, así como o orzamento para a tempada seguinte, balance e orzamento que deberá ser notificado á Secretaría Xeral para o Deporte.

Non poderá aprobarse un orzamento deficitario salvo autorización da Secretaría Xeral para o Deporte. Tampouco poderán repartirse beneficios entre os seus membros.

Artigo 171º

A FGF elaborará unha memoria que analizará fielmente a actividade económica da federación, a súa adecuada actuación orzamentaria o cumprimento dos obxectivos e os proxectos que se van desenvolver, e informará separadamente como mínimo dos seguintes aspectos:

1. Diferenciación dos ingresos e achegas segundo:

a) Subvencións públicas.

b) Subvencións, donativos ou achegas privadas.

c) Vendas de activos.

d) Ingresos procedentes de competicións organizadas.

e) Ingresos para servicios prestados pola federación, permisos, licencias e outros.

f) Ingresos financeiros.

2. Tamén constará o destino da totalidade dos recursos, distinguindo como mínimo os grupos de custo ou investimento seguintes:

a) Administración da federación.

b) Dirección e servicios da directiva, incluído viaxes.

c) Competicións.

d) Axudas a clubs e outras entidades.

e) Axudas para actos deportivos.

f) Construccións e outros servicios inmobilizados.

g) Formación de deportistas e técnicos.

h) Deportes de elite e profesional.

i) Árbitros.

j) Órganos xurisdiccionais.

3. O importe das obrigas de pagamento que é necesario satisfacer noutros exercicios que non estean previstos no balance.

4. O importe das garantías e avais comprometidos.

5. A liquidación do orzamento, que explique as variacións en relación co orzamento aprobado na asemblea anterior.

As contas anuais e os orzamentos estarán no domicilio social da federación cunha antelación mínima de 10 días á data da celebración da asemblea xeral, a disposición das persoas ou entidades con dereito a voto nela, as que poderán pedir copia que se lles entregará antes da celebración da asemblea.

Artigo 172º

Constitúen os ingresos da federación:

a) As subvencións ordinarias e extraordinarias da Xunta de Galicia ou as que outras entidades públicas poidan concederlle, así como as provenientes, se é o caso, da FEF

b) Os bens e dereitos que reciba por herdanza, legado ou doazón de persoas físicas ou entidades particulares así como dos premios que lles sexan outorgados.

c) As cotas dos seus afiliados.

d) As sancións pecuniarias que se lles impoñan ós seus afiliados no exercicio da súa potestade disciplinaria.

e) Os froitos, rendas ou xuros dos seus bens patrimoniais.

f) Os préstamos ou créditos que se lle concedan.

g) Os beneficios que produzan as actividades e competicións deportivas que organice, así como dos derivados dos contratos que realice.

h) Os depósitos constituídos por trámite de recursos e reclamación, cando non proceda regulamentariamente a súa devolución.

i) O producto dos espectáculos que organice.

j) Calquera outro que poida serlle atribuído por disposición legal ou en virtude de convenio.

Artigo 173º

A FGF destinará a totalidade dos seus ingresos e patrimonio á consecución dos fins propios do seu obxecto social.

Artigo 174º

A xestión económica ordinaria correrá por conta do tesoureiro, baixo a dirección do presidente, coidando das operacións de cobramentos e pagamento. Autorizará coa súa sinatura, mancomunada coa do presidente, ou coa do secretario xeral, tódolos documentos de movementos de fondos. Será responsable da levanza e custodia dos libros de contabilidade. Formulará os balances que anualmente deberán presentarse ante a asemblea xeral para a súa aprobación.

Artigo 175º

A FGF ten o seu propio réxime de Administración e xestión do orzamento e patrimonio, séndolle de aplicación as seguintes regras:

a) Poderá promover e organizar actividades e competicións deportivas dirixidas ó público, debendo aplica-los beneficios económicos, se os houbese, ó desenvolvemento do seu obxecto social.

b) Poden gravar e allea-los seus bens inmobles, tomar diñeiro a préstamo e emitir títulos representativos da débeda ou de parte alícuota patrimonial, sempre que os ditos negocios xurídicos non comprometan de modo irreversible o patrimonio da FGF ou o seu obxecto social. En todo caso cando a súa contía supere o 25% do orzamento anual, ademais do acordo da asemblea xeral será imprescindible o informe favorable da Secretaría Xeral para o Deporte.

Cando se trate de bens inmobles que fosen financiados en todo ou en parte, con fondos públicos da Comunicade Autónoma galega, será preceptiva a autorización da Secretaría Xeral para o Deporte para o seu gravame ou alleamento.

c) Poderá exercer complementariamente actividades de carácter industrial, comercial, profesional ou de servicios, e destina-los seus bens e recursos ós mesmos obxectivos deportivos, pero en ningún caso poderán repartir beneficios entre os seus membros.

d) Non poderán comprometer gastos de carácter plurianual, no seu período de mandato, sen a autorización previa da Secretaría Xeral para o Deporte, cando o gasto anual comprometido supere o 10% do orzamento ou supere o período de mandato do presidente.

TÍTULO VIII

Réxime electoral

Capítulo I

Os censos

Artigo 176º

Comporán os censos correspondentes a cada estamento electoral tódolos membros da FGF que reúnan os requisitos establecidos para cada estamento nos presentes estatutos e no Regulamento electoral.

Capítulo II

Regulamento electoral

Artigo 177º

Os procesos electorais desenvolveranse conforme o Regulamento electoral que deberá ser aprobado pola asemblea xeral, por proposta do presidente, e regulará as seguintes cuestións:

1) Número de membros da asemblea xeral; circunscrición electoral e número de representantes que por cada circunscrición electoral corresponda a cada un dos estamentos.

2) Calendario electoral.

3) Censo electoral.

4) Composición, competencias e funcionamento da xunta electoral.

5) Requisitos para presentación e proclamación de candidatos. O termo para a presentación de candidatos a presidente e membros da asemblea xeral non poderá ser inferior a 10 días.

6) Procedemento de resolución de conflictos, impugnacións e reclamacións, así como os recursos electorais.

7) Non se admitirá o voto por correo na elección dos membros da asemblea xeral, do presidente e da comisión delegada.

8) Composición, competencia funcionamento e localización das mesas electorais.

9) Elección do presidente.

10) Elección da comisión delegada.

O Regulamento electoral deberá ser ratificado pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Capítulo III

A comisión xestora

Artigo 178º

Acordada a convocatoria de eleccións pola asemblea xeral e aprobado o Regulamento electoral, o presidente procederá no prazo sinalado á convocatoria de eleccións á asemblea xeral. A partir dese momento, a xunta directiva e o presidente constituiranse en comisión xestora, e someterán o Regulamento electoral á ratificación pola Secretaría Xeral para o Deporte.

A comisión xestora garantirá a máxima difusión e publicidade da convocatoria de eleccións á asemblea xeral e o presidente, así como, do Regulamento electoral coas medidas previstas nas disposicións federativas a través dun medio que permita asegura-la recepción da dita notificación. Deberá expoñerse o Regulamento electoral en cada circunscrición electoral o mesmo día da convocatoria.

A comisión xestora administrará a FGF e convocará e realizará novas elección no prazo máximo de tres meses no caso de que non se presentara ningunha candidatura ou non fose válida ningunha das presentadas.

Capítulo IV

Circunscrición electoral

Artigo 179º

A circunscrición electoral para as eleccións a formar parte dos estamentos que conforman a asemblea xeral (clubs, xogadores, árbitros e adestradores), radicará na sede da FGF, na Coruña, e nas sedes das delegacións da FGF nas cidades de Ferrol, Santiago de Compostela, Ourense, Lugo, Vigo e Pontevedra.

Capítulo V

Xunta electoral

Artigo 180º

1º. A xunta electoral estará composta por tres membros titulares e tres suplentes que se elixirán entre persoas que non sexan candidatos, en elección libre, directa, igual e secreta.

2º. De entre os membros designados o presidente será o de maior idade, e actuará como secretario o que sexa da federación, con voz pero sen voto.

3º. Os membros da xunta electoral non poderán figurar como candidatos á presidencia da FGF

4º. A xunta electoral controlará todo o proceso electoral e terá competencia para resolver tódalas incidencias que se produzan sobre o censo electoral, presentación e proclamación de candidatos, proclamación de membros da asemblea e comisión delegada e do presidente da FGF, así como a resolución de tódalas cuestións que afecten directamente á celebración das eleccións e os seus resultados. Unha vez finalizada a votación levantarase acta da votación e o reconto, e remitirá a acta á Secretaría Xeral para o Deporte no prazo máximo de 3 días.

5º. As decisións da xunta electoral son executivas e formaranse por maioría de votos. No caso de empate o voto do presidente terá carácter dirimente.

6º. Unha vez concluído o proceso electoral da asemblea xeral, do presidente e da comisión delegada, a xunta electoral disolverase.

Capítulo VI

Mesas electorais

Artigo 181º

Para a elección dos distintos estamentos da asemblea xeral, do presidente e da comisión delegada, constituirase unha ou varias mesas electorais na forma establecida no Regulamento electoral. Os membros destas mesas non poderán ser candidatos, axustándose no seu funcionamento ás normas que se establezan no Regulamento electoral.

Capítulo VII

Recursos

Artigo 182º

As reclamacións e impugnacións que se presenten contra calquera acto electoral dirixiranse á xunta elec

toral e contra o que esta resolva caberá recurso ante o Comité Galego de Disciplina Deportiva, contra tódolos actos, acordos ou resolucións da xunta electoral ou calquera outro órgano ou membro da federación en materia electoral.

Capítulo VIII

Elección da asemblea xeral

Artigo 183º

1º. Os membros da asemblea xeral serán elixidos cada catro anos coincidindo cos Xogos Olímpicos de inverno mediante sufraxio libre, igual, secreto e directo.

2º. As eleccións á asemblea xeral serán acordadas por ela, que aprobará a convocatoria con tódolos requisitos que estableza o regulamento electoral, que así mesmo se aprobe.

3º. Acordada pola asemblea xeral a convocatoria de elección, o acordo será formalmente executado polo presidente da federación, quen a asinará.

4º. Desde a convocatoria para a celebración desta asemblea xeral, a xunta directiva e o presidente constituiranse en comisión xestora.

Artigo 184º

Para ser candidato a membro da asemblea requírese o cumprimento dos requisitos establecidos con carácter xeral no artigo 13º.5 destes estatutos.

Os requisitos esixidos para ser electores ou elixibles deberanse ter cumpridos o día en que se publique a convocatoria de eleccións.

Artigo 185º

As elección á asemblea xeral realizaranse para cada un dos postos correspondentes ós estamentos integrantes dela de acordo co previsto nos presentes estatutos.

Artigo 186º

Os representantes das entidades deportivas na asemblea xeral serán elixidos por e entre os representantes correspondentes a cada circunscrición electoral dos que integran o censo das entidades deportivas inscritas no rexistro da FGF e no Rexistro de Clubes e Asuntos Xurídicos da Xunta de Galicia, no momento da convocatoria e estivesen así mesmo inscritos durante a tempada anterior, sempre que participasen en competicións ou actividades de carácter oficial organizadas pola FGF ou pola FEF coa aprobación e intervención daquela.

Artigo 187º

Os representantes dos deportistas na asemblea xeral serán elixidos por e entre os maiores de 18 anos correspondentes a cada circunscrición electoral dos que teñan licencia en vigor expedida pola FGF no momento da convocatoria das eleccións e tamén a tiveran, polo menos, durante a tempada anterior sempre que participaran en competicións ou actividades de carácter

oficial organizadas pola FGF ou pola FEF coa aprobación e intervención daquela.

Artigo 188º

Os representantes dos adestradores e dos árbitros na asemblea xeral serán elixidos por e entre os pertencentes a cada estamento, calquera que sexa a súa categoría, dos que teñan a licencia en vigor no momento da convocatoria das eleccións e tamén a tivesen, polo menos, durante a tempada anterior sempre que participaran en competicións ou actividades de carácter oficial organizadas pola FGF ou pola FEF coa aprobación e intervención daquela.

Capítulo IX

Elección de presidente

Artigo 189º

Unha vez concluídas as eleccións á asemblea xeral, o presidente da comisión xestora, logo de acordo dela, procederá inmediatamente á convocatoria desta para a elección do presidente e da comisión delegada da FGF

O presidente será elixido para un período de catro anos coincidindo cos Xogos Olímpicos de inverno, mediante sufraxio libre, igual secreto e directo por tódolos membros da dita asemblea xeral logo da presentación e aceptación das candidaturas que deberán estar avaladas polo menos polo 15% dos membros da asemblea xeral. Os candidatos a presidente poderán non ser membros da asemblea xeral.

Artigo 190º

A elección do presidente realizarase na forma establecida no artigo 34º destos estatutos. Así mesmo os requisitos para ser presidente serán os establecidos no artigo 33º.

Artigo 191º

Non se admitirá o voto por correo nin por delegación de persoas físicas.

Capítulo X

Elección da comisión delegada

Artigo 192º

Na mesma asemblea xeral convocada para a elección de presidente, e unha vez realizada esta, procederase á elección dos membros da comisión delegada da asemblea xeral.

A comisión delegada estará composta por quince membros, e ademais o presidente da FGF

Os membros da comisión delegada serán elixidos por e entre os integrantes da asemblea xeral.

Serán elixidos membros da comisión delegada os que teñan maior número de votos ata cubri-lo número de membros correspondentes á comisión delegada que realice os traballos necesarios para presentar á asemblea o novo texto que se someterá a aprobación.

TÍTULO IX

Capítulo único

Réxime documental

Artigo 193º

O réxime documental da FGF comprenderá como mínimo os libros seguintes, debidamente dilixenciados:

a) Libro de rexistro de entrada e saída de documentos e documentacións oficiais.

b) Libro de rexistro de clubs e entidades que estean afiliados á FGF, no que constarán as denominacións destes, o domicilio social e os nomes e apelidos dos presidentes e demais membros das xuntas directivas, coas datas de toma de posesión e cesamento deles, así como o número de inscrición no Rexistro de Clubs, Federacións e Entidades Deportivas da Xunta de Galicia.

c) Libro de actas e reunións das asembleas xerais, comisión delegada, xunta directiva e demais órganos colexiados, coa expresión da data, asistentes, asuntos tratados e acordos adoptados. As actas serán subscritas polo presidente e o secretario do órgano colexiado, e tratándose de asembleas xerais deberán ser verificadas por tres dos seus membros.

d) Libros de contabilidade, nos que figurarán os ingresos e gastos da federación, debendo precisarse a procedencia daqueles e o investimento e destino destes.

e) Libro inventariado de bens mobles e inmobles.

f) Rexistro dos membros da asemblea xeral e da comisión delegada, en que deberán consta-los nombres dos titulares ou representantes legais e os domicilios para as citacións e comunicacións.

Artigo 194º

O réxime documental da FGF estará a cargo do secretario, a quen lle corresponde a custodia dos libros da federación, levantar actas das reunións dos órganos colexiados e, unha vez aprobadas, co visto e prace do presidente, expedir certificacións, remiti-las certificacións e acordos que procedan á Secretaría Xeral para o Deporte e, en xeral, prepara-la resolución e despacho de tódolos asuntos.

TÍTULO X

Capítulo único

Da modificación dos estatutos e da disolución da Federación Galega de Fútbol

Artigo 195º

Os estatutos da FGF só poden ser modificados pola asemblea xeral e de acordo co establecido nos presentes estatutos.

Artigo 196º

A proposta de modificación dos estatutos deberá ser acordada polo presidente ou pola comisión delegada; a seguir, esta nomeará unha comisión técnica

que realice os traballos necesarios para presentarlle á asemblea xeral o novo texto que se someterá a aprobación.

Aprobada a reforma dos estatutos pola asemblea xeral deberá ser ratificada pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Artigo 197º

A FGF, disolverase polas seguintes causas:

a) Por acordo de 2/3 da asemblea xeral referendado por maioría absoluta, por tódolos membros da federación a través de votación libre, igual, directa e secreta.

b) Polas demais causas que as leis establezan.

Producida a disolución o seu patrimonio neto revertirá á colectividade, determinando a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia o destino a fíns de carácter deportivo.

Disposición común

Os termos e prazos establecidos nos presentes estatutos entenderanse referidos a días hábiles, cando non estean determinados por datas fixas.

Disposición adicional

A xunta directiva da FGF, con carácter delegado, poderá modificar estes estatos naqueles asuntos nos que haxa resolucións da Secretaría Xeral para o Deporte que sexan firmes en dereito, e que sexan para axustarse á normativa legal vixente e demais disposición de aplicación.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogados os estatutos da FGF, ata agora vixentes, así como calquera disposición que se opoña ós presentes estatutos.

Disposición derradeira

Os presentes estatutos entrarán en vigor o día seguinte ó da súa aprobación pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

1279