Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 1997 Páx. 1.544

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 17 de febreiro de 1997 pola que se determinan os servicios mínimos dirixidos a garanti-los servicios prestados polo persoal da área sanitaria zona sur de Pontevedra que se levará a cabo o vindeiro día 20 de febreiro de 1997 desde as 0.00 horas ata as 24 horas.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece, como dereito fundamental da persoa, o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou pri

vadas, que presten servicios públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ó mantemento dos servicios esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG nº 116, do 20 de xuño de 1988), entre os que se atopa a sanidade.

O exercicio público da prestación da asistencia sanitaria non se pode ver afectado gravemente polo lexítimo dereito do exercicio de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación a este.

O artigo 3 do citado decreto faculta os conselleiros competentes, por razón dos servicios esenciais afectados, para que, mediante orde e diante de cada situación de folga, decidan o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tales servicios, así como para determina-lo persoal necesario para a súa prestación.

Convocada folga que afecta o persoal da área sanitaria zona sur de Pontevedra que se levará a cabo desde as 0 ás 24 horas do vindeiro día 20 de febreiro de 1997, oído o comité de folga, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º.-A folga convocada desde as 0.00 ás 24 horas do día 20 de febreiro de 1997, que afecta o persoal da área sanitaria zona sur de Pontevedra, enténdese condicionada ó mantemento dos servicios mínimos que se establecen no anexo desta orde.

Os servicios mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para mante-la adecuada cobertura dos servicios da institución sanitaria, en evitación de que se produzan graves prexuízos ós usuarios.

Tales mínimos responden á necesidade de compatibiliza-lo respecto ineludible ó exercicio do dereito á folga, coa atención ós usuarios que, baixo ningún concepto, poden quedar desasistidos polas características do servicio dispensado.

E por iso, mantéñense os servicios mínimos necesarios para garanti-la asistencia imprescindible ós cidadáns hospitalizados, que non poden aprazarse sen consecuencias negativas para a saúde.

Entrando na análise pormenorizada dos servicios mínimos, establécense os criterios rectores da súa determinación que se corresponden cos consensuados e asinados coas centrais sindicais con motivo de folgas anteriores como a última de decembro de 1996. Os efectivos que se fixan ponderan a duración do paro convocado, así como as necesidades sanitarias de ineludible atención, e supoñen a trasposición, respecto e aplicación dos devanditos criterios ás distintas áreas asistenciais e de servicios dos centros afectados polo conflicto.

Os ditos criterios rectores recóllense do seguinte xeito:

Institucións sanitarias

-Atención especializada:

* Persoal facultativo:

I.-Cobertura do 100% da actividade urxente nun triple ámbito:

-Servicios de urxencias e gardas médicas.

-Quirófanos urxentes (xerais e de tocoloxía) para a atención dos usuarios que, ó ingresaren, requiran intervención cirúrxica inaprazable.

-Atención ós paritorios.

II.-Cobertura da actividade cirúrxica dos pacientes hospitalizados, respecto ás patoloxías que poñan en perigo a vida destes ou agraven o seu estado de saúde.

III.-Na área de hospitalización establecerase o número necesario para garanti-las visitas médicas, a atención indefectible dos pacientes hospitalizados e as altas clínicas.

IV.-No ámbito de consulta atenderanse as consideradas como urxentes ou preferentes, así como as interconsultas dos pacientes hospitalizados que o requiran, a criterio do facultativo. Así mesmo atenderanse as consultas dos pacientes desprazados.

V.-Garantirase, así mesmo, a realización das probas complementarias urxentes e as que se refiran ós pacientes hospitalizados que, ó criterio do facultativo, sexan necesarias.

VI.-Unidades especiais:

Coidados críticos: o mesmo que para un domingo ou festivo.

Diálese: o número necesario para garanti-lo coidado dos pacientes afectados.

* Persoal sanitario non facultativo:

I.-Cobertura do 100% da actividade urxente nun triple ámbito:

-Servicios de urxencias.

-Quirófanos urxentes ( xerais e de tocoloxía ) para a atención dos usuarios que, ó ingresaren, requiran intervención cirúrxica inaprazable.

-Atención ós paritorios.

II.-Na área de hospitalización establecerase o número necesario para garanti-los coidados dos pacientes hospitalizados, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

III.-No ámbito de consultas estableceranse nun dobre ámbito:

-Apoio á atención das consultas especializadas consideradas como urxentes ou preferentes.

-Apoio á atención das consultas ambulatorias nunha porcentaxe máxima do 25% do cadro de persoal habitual.

Neste dobre ámbito, o número de servicios mínimos non superará o 30% do cadro de persoal.

IV.-No ámbito dos servicios centrais garantirase a realización das probas complementarias urxentes e as que se refiran ós pacientes hospitalizados que, ó criterio do facultativo, sexan necesarias.

V.-Unidades especiais:

Coidados críticos: o mesmo que para un domingo ou festivo.

Diálese: o número necesario para garanti-lo coidado dos pacientes afectados.

* Persoal non sanitario:

I.-áreas de hospitalización: un número de efectivos equivalente ó dos domingos ou festivos.

II.-Servicio de admisión: un número equivalente ó dos domingos ou festivos.

III.-Cita previa: un número de efectivos que garantan a atención ó paciente que o requira, cun mínimo dun por centro e ata un máximo do 50% do cadro de persoal.

IV.-Atención ó doente: un número de efectivos que garantan a atención ó paciente que o requira, cun mínimo dun por centro e ata un máximo do 50% do cadro de persoal.

V.-Servicios de mantemento: un número equivalente cos de domingos ou festivos.

VI.-Servicios de lavandería e lencería: ata o 50% do cadro de persoal.

VII.-Limpeza: ata o 50% do cadro de persoal.

VIII.-Hostelería: un número mínimo en equivalencia cos domingos ou festivos, ou ben un 60% do cadro de persoal, segundo as necesidades de cada centro.

Coa finalidade de garanti-lo adecuado mantemento do servicio, servirase, con carácter xeral, un único menú ós doentes que non requiran dieta médica especial.

IX.-Conductores: o mesmo número do cadro de persoal de domingos ou festivos, cun mínimo, en todo caso, dun efectivo.

X.-Servicios administrativos:

* Direccións-información e control de xestión: unha persoa por cada servicio.

* De persoal: un efectivo.

* De nóminas: un efectivo.

* De subministracións: un efectivo.

* Almacéns: dous efectivos.

XI.-Outras áreas de traballo ou servicios: establecerase, con carácter xeral, un número equivalente ós domingos ou festivos.

-Atención primaria:

* Persoal facultativo:

I.-Cobertura do 100% da actividade urxente.

II.-Un facultativo xeneralista, un pediatra e un odontólogo por centro de traballo.

* Persoal sanitario non facultativo.

I.-Cobertura do 100% da actividade urxente.

II.-Un efectivo de cada categoría por centro de traballo.

* Persoal non sanitario:

I.-Cita previa: un número de efectivos que garantan a atención ó paciente que o requira, cun mínimo dun por centro de traballo.

II.-Atención ó doente: un número de efectivos que garantan a atención ó pacente que o requira, cun mínimo dun por centro de traballo.

III.-Servicios administrativos:

* Direccións-información e control de xestión: un efectivo.

* De persoal: en efectivo.

IV.-Outras áreas de traballo ou servicios: establecerase, con carácter xeral, un número equivalente ós domingos ou festivos.

*Persoal sanitario non facultativo:

I.-Cobertura do 100% da actividade urxente nun dobre ámbito:

-Servicios de urxencias.

-Quirófanos urxentes para a atención dos usuarios que, ó ingresaren, requiran intervención cirúrxica inaprazable.

II.-Na área de hospitalización establecerase o número necesario para garanti-los coidados dos pacientes hospitalizados, en correspondencia cos efectivos dun domingo ou festivo.

III.-No ámbito dos servicios centrais garantirase a realización das probas complementarias urxentes e as que se refiran ós pacientes hospitalizados que, ó criterio do facultativo, sexan necesarias.

IV.-Unidades especiais:

Coidados críticos: o mesmo que para un domingo ou festivo.

Diálese: o número necesario para garanti-lo coidado dos pacientes afectados.

* Persoal non sanitario:

I.Quirófanos: un número de efectivos equivalente ó dos domingos ou festivos.

II.-Áreas de hospitalización, urxencias e servicios centrais: un número de efectivos equivalente ó dos domingos ou festivos.

III.-Servicio de admisión: un número equivalente ó dos domingos ou festivos.

IV.-Servicios de mantemento: un número equivalente ó de domingos ou festivos.

V.-Servicios de lavandería e lencería: un número equivalente ós festivos.

VI.-Hostelería: un número mínimo en equivalencia cos domingos ou festivos.

VII.-Servicios administrativos:

* Direccións-información e control de xestión: un efectivo por cada servicio.

* De persoal: un efectivo.

* De subministracións: un efectivo.

* Almacéns: tres efectivos.

Con tales premisas determínase no anexo desta resolución, por grupos profesionais, o número de servicios mínimos do persoal afectado.

Artigo 2º.-A designación nominal, con carácter rotatorio, do persoal que deberá cubri-los distintos servicios será determinada polo director-xerente do centro e publicarase nos taboleiros de anuncios do centro de traballo.

Artigo 3º.-Os prazos e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servicios mínimos determinados no anexo serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16.1 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo (BOE nº 58, do 9 de marzo de 1977).

Artigo 4º.-O disposto nos artigos anteriores non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñécelle ó persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5º.-Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observa-las normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios dos establecementos sanitarios.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 1997.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

Servicios mínimos en atención primaria:

* Persoal facultativo:

I.-Cobertura do 100% da actividade urxente.

II.-Un facultativo xeneralista e un pediatra por centro de traballo e quenda.

* Persoal sanitario non facultativo:

I.-Cobertura do 100% da actividade urxente.

II.-Un efectivo de cada categoría por centro de traballo e quenda.

* Persoal non sanitario:

I.-Cita previa: un número de efectivos que garantan a atención ó paciente que o requira, cun mínimo dun por centro de traballo.

II.-Atención ó paciente: un número de efectivos que garantan a atención ó paciente que o requira, cun mínimo dun por centro de traballo.

III.-Servicios administrativos:

Direccións-información e control de xestión: un efectivo.

De persoal: un efectivo.

1159