Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 35 Xoves, 20 de febreiro de 1997 Páx. 1.516

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 447/1996, do 26 de decembro, polo que se establecen as bases para a homologación e integración funcional do persoal transferido á Xunta de Galicia dos centros sanitarios das corporacións locais, de persoal pertencente ó Servicio Galego de Saúde con vínculo xurídico funcionarial dos corpos e escalas da Administración especial sanitaria e corpos xerais e doutro persoal con vínculo laboral fixo.

Advertida a omisión dun parágrafo no devandito decreto publicado no DOG nº 3, do martes, 7 de xaneiro de 1997, cómpre efectua-la seguinte corrección:

-Na páxina 149, no artigo 1º, deberá inserirse entre os dous parágrafos xa existentes, un novo co seguinte teor:

«En todo caso, queda excluído das previsións do presente decreto o persoal dos corpos facultativo superior e de grao medio da Xunta de Galicia pertencentes á subescala de atención primaria, clases de médicos, practicantes e matronas titulares, que se rexen pola súa normativa propia».

139