Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 1997 Páx. 1.439

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 1997 pola que se convoca unha praza de técnico superior, xefe da Unidade de Innovación e Formación Tecnolóxica.

O Instituto Galego de Promoción Económica, Igape, convoca probas de selección para cubri-la praza de persoal laboral fixo:

-1 técnico superior (xefe da Unidade de Innovación e Formación Tecnolóxica).

As retribucións desta praza poderán ser de ata 6.500.000 ptas. brutas anuais, dependendo da formación e experiencia aportadas.

Requisitos xerais.

-Ter nacionalidade dun país membro da Unión Europea.

-Ter cumpridos os 18 anos de idade.

-Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida desempeña-las funcións correspondentes.

-Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario, nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

-Posuír e acredita-la titulación académica esixida (homologada polo Ministerio de Educación, no caso de títulos expedidos por un país que non sexa membro da Unión Europea).

Condicións específicas da praza.

Requisitos mínimos esixidos que deberán acreditarse:

-Titulación superior en enxeñería ou licenciatura científica.

-Experiencia probada empresarial de polo menos 5 anos.

Coñecementos necesarios para cubrir este posto:

Coñecementos sobre a xestión de estructuras de servicios afíns ó Igape; coñecementos dos mecanismos de financiamento da innovación a nivel rexional, nacional e comunitario; bos coñecementos de inglés; capacidade de xestión e liderado; capacidade de «xestión externa» e especialmente en relación con empresarios e institucións.

Valorarase:

Experiencia en proxectos de I+D; experiencia en aplicación tecnolóxica a procesos industriais; coñecementos de francés e/ou alemán; nivel de relación tanto con empresarios coma con institucións no ámbito da innovación e especialmente coa Unión Europea.

Documentación que hai que presentar.

-Fotocopia do DNI.

-Fotografía tamaño carné.

-Documentación orixinal ou fotocopia compulsada que acredite a titulación e experiencia esixidas, así como a formación e/ou experiencia que desexe achegar para ser valorada. Acreditarase a experiencia con historial completo da Seguridade Social ou certificado de empresa.

-Currículum vitae demostrable.

Lugar e prazo de presentación.

-As solicitudes presentaranse en calquera das oficinas do Igape.

-O prazo de presentación será de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

Proceso de selección.

1. Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o comité de selección publicará as listas previas de admitidos e excluídos ó proceso de selección, coa motivación da exclusión, se é o caso, establecéndose un prazo de 5 días hábiles para, a petición do interesado, reparar calquera erro que sexa emendable. Esgotado este prazo, publicaranse as listas definitivas de admitidos e excluídos ó proceso de selección, incluíndo lugar e data en que comezarán as probas, ás que deberán asisti-los candidatos provisto do DNI. Estas listas serán publicadas no taboleiros de anuncios do Igape.

2. As probas de selección consistirán nunha proba teórico-práctica e entrevista persoal.

a) Proba teórico-práctica. Versará sobre os coñecementos e demais requisitos esixidos na convoca

toria para cubrir este posto, a que haberá que superar para pasar á entrevista persoal.

A proba teórico-práctica, poderá realizarse nunha ou dúas fases, a criterio do comité de selección, neste último caso, soamente pasarán á entrevista persoal, aqueles candidatos que superasen as dúas fases da proba.

Unha vez corrixida a proba teórico-práctica, o comité de selección publicará no taboleiro de anuncios do Igape, a lista de aprobados e suspensos, e incluirá o lugar e data en que se realizarán as entrevistas persoais.

b) Entrevista persoal. Avaliaranse os coñecementos do candidato, ademais da súa adecuación ó posto de traballo.

3. Unha vez rematado todo o proceso anterior, o comité de selección publicará o nome da persoa seleccionada no taboleiro de anuncios do Igape, facendo consta-la data de ingreso, así coma a documentación complementaria que deberá aportar para formaliza-lo contrato.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 1997.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

97-1012