Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 1997 Páx. 1.439

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 1997 pola que se lles dá publicidade ós avais concedidos polo Instituto Galego de Promoción Económica.

O artigo 21 da Lei 6/1994, de decembro, de presupostos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 1995 autoriza a concederlles avais ó Igape por un importe máximo de 13.000 millóns de pesetas.

O artigo 13.2º do Decreto 284/1994, do 15 de setembro, de regulación de avais do Instituto Galego de Promoción Económica establece que ós avais concedidos polo Igape se lles dará publicidade no Diario Oficial de Galicia.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Único.-Darlles publicidade ós avais concedidos polo Consello de Dirección do Igape nas súas reunións con datas 18 de outubro, 21 de novembro e 26 de decembro de 1996:

-Aval por importe máximo de 90 millóns de pesetas á empresa Componentes de Vehículos de Galicia, S.A.

-Aval por importe máximo de 65 millóns de pesetas á empresa Macofrey, S.A.

-Aval por importe máximo de 192.288.000 millóns de pesetas á empresa Forestal del Atlántico, S.A.

-Aval por importe máximo de 180.535.000 millóns de pesetas á empresa Industrias del Tablero, S.A.

-Aval por importe máximo de 126 millóns de pesetas á empresa Unión de Empresas Madereras, S.A.

-Aval por importe máximo de 97.500.000 millóns de pesetas á empresa S.A. Eduardo Vieira.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 1997.

Diego Diz Fernández

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

978