Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 32 Luns, 17 de febreiro de 1997 Páx. 1.441

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

VALEDOR DO POBO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 20 de xaneiro de 1997 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Valedor do Pobo.

Advertidos erros na Resolución publicada no DOG nº 22, do 3 de febreiro de 1997, cómpre efectua-las seguintes rectificacións:

Na páxina 1.102, no punto noveno, onde di: «... Lei 30/1992, do 6 de novembro, de réxime xurídico...», debe dicir: «... Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico...».

Na páxina 1.102, no anexo I, despois da cita de «Complemento específico» e antes da cita do «Corpo/escala», debe dicir: «Grupo: A».

838