Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 07 de febreiro de 1997 Páx. 1.242

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (69/1996).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa, fai saber que nos autos que a seguir se dirán, consta dictada a sentencia co encabezamento e resolución do teor seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Arzúa o trinta e un de decembro de mil novecentos noventa e seis. Eu, Eva María Doval Lorente, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade, viu os presentes autos de xuízo executivo, promovidos por Caixa de Aforros de Galicia, representada polo procurador García-Piccoli, contra José Freire Barral, declarado en rebeldía.

Seguen antecedentes de feitos e fundamentos xurídicos.

Resolvo que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a José Freire Barral, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante, das responsabilidades polas que se despachou a execución, a cantidade de 1.141.163 pesetas, importe do principal e 600.000 orzadas para gastos de protesto; e ademais o pagamento dos xuros legais e ás custas, ó pagamento dos cales debo condenar e condeno expresamente o demandado.

Contra esta sentencia poderá interpoñer neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E expido o presente edicto para que lle sirva de notificación en legal forma á parte demandada declarada en rebeldía e en paradoiro descoñecido.

Dado en Arzúa o vintedous de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

O oficial en funcións de secretario

Rubricado

694