Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 07 de febreiro de 1997 Páx. 1.241

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 1997, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso nas categorías incluídas na oferta pública de emprego para o ano 1995 do persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense, relativos á publicación de puntuacións do primeiro exercicio da fase de oposición.

Por resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 8 de abril

de 1996 (DOG nº 74, do 16 de abril), convocouse concurso-oposición para o ingreso nas categorías incluídas na oferta pública de emprego para o ano 1995 do persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa Mª Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense. De conformidade co apartado 5 da base sexta A), unha vez realizados os distintos exercicios da fase de oposición, correspóndelles ós tribunais establece-los criterios de corrección deles e decidir, baseándose nisto, os aspirantes que os superan ou que resultan eliminados.

Así mesmo, de conformidade co apartado 13 da base sexta A) de dita convocatoria, de oficio ou con base nas reclamacións presentadas, os tribunais poderán anular algunha ou algunhas preguntas dun exercicio, substituíndoas polas correspondentes preguntas de reserva.

Adoptado acordo polos respectivos tribunais sobre a anulación, se é o caso, de preguntas do primeiro exercicio da fase de oposición e sobre a publicación das puntuacións outorgadas ós aspirantes neste primeiro exercicio, de conformidade co disposto nos apartados 12 e 13 da base sexta A) da citada convocatoria, procede agora darlle publicidade no Diario Oficial de Galicia, ademais de expoñe-los listados correspondentes nos taboleiros de anuncios do dito complexo hospitalario, nos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, nos das delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e nos das direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde, facultándose para isto expresamente a esta Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, polo que,

RESOLVO:

Primeiro.-Anular determinadas preguntas do primeiro exercicio da fase de oposición das seguintes categorías:

-Grupo xestión da función administrativa: preguntas nº 14, 99, 123, 124 e 132, que serán substituídas polas preguntas reserva nº 151, 152, 153, 154 e 155, respectivamente.

-Grupo auxiliar da función administrativa: preguntas nº 42 e 107, que serán substituídas polas preguntas reserva nº 121 e 122, respectivamente.

-Telefonista: pregunta nº 96, que é substituída pola pregunta reserva nº 101.

-Celador: preguntas nº 13 e 19, que serán substituídas polas preguntas reserva nº 101 e 102, respectivamente.

Segundo.-Declarar aptos a todos aqueles aspirantes que obtivesen no primeiro exercicio da fase de oposición, na respectiva categoría, unha puntuación igual ou superior á seguinte:

-ATS: 39,50

-Xestión da función administrativa: 57

-Traballador social: 45

-TEL:35

-TER:37

-Auxiliar de enfermería: 49,40

-Auxiliar administrativo: 52

-Telefonista: 30

-Celador: 36

-Operario: 30,50

Terceiro.-Declarar expresamente excluídos do concurso-oposición a todos aqueles aspirantes que non acadasen a dita puntuación na respectiva categoría.

Cuarto.-Contra a presente resolución poderán presenta-los interesados reclamación perante o tribunal no prazo de dez días naturais, contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 1997.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

636