Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 07 de febreiro de 1997 Páx. 1.241

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ACORDO do 29 de xaneiro de 1997, do tribunal encargado de xulga-lo proceso selectivo da categoría do grupo técnico da función administrativa de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, convocado por resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 19 de xuño de 1995, sobre os resultados do segundo exercicio da fase de oposición.

De conformidade co previsto no apartado 12 da base sexta A) da Resolución do 19 de xuño de 1995 (DOG nº 122, do 27 de xuño), este tribunal anuncia a publicación dos resultados do segundo exercicio da fase de oposición para o acceso á categoría do grupo técnico da función administrtiva de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde.

As listas correspondentes atópanse expostas nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, nos das delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, nos das direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde e nos dos centros ou complexos hospitalarios da rede pública do organismo ou nos das administracións dos centros de xestión de atención primaria deste.

Así mesmo, este tribunal anuncia que, en uso das facultades que ten atribuídas no apartado 5 da base sexta A) da dita resolución, acordou, en sesión celebrada o día 27 de xaneiro de 1997, declarar aptos a todos aqueles aspirantes que obtivesen nese segundo exercicio unha puntuación igual ou superior a 25,50 puntos, declarando expresamente excluídos do concurso-oposición a todos aqueles aspirantes que non acadaran a dita puntuación.

Contra este acordo poderá presentarse reclamación perante o tribunal no prazo de dez días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 1997.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

765